Unha primeira escolla entre as múltiples ferramentas online gratuítas, sen considerar as máis potentes, os blogues e wikis.
Son estas 24.
1. Manexo e mostra de documentos:
- Scribd
- Divshare
- Issuu
2. Elaboración de presentacións multimedia:
- Slide
- Slideshare
- Slidestory
- Bubbleshare
- Zoho Show
- Bookr (sobre fotos de Flickr)
- Empressr
- Rockyou
- Toufee
3. Traballo con encerados dixitais colaborativos:
- Vyew
4. Creación de banda deseñada / fotohistorias:
- Stripgenerator
- Comiqs
5. Elaboración de frisos cronolóxicos:
- CircaVie
6. Aloxamento e presentación de podcast:
- Podomatic
- BooMP3
7. Manipulación de fotos e vídeos:
- Jumpcut
8. Composición de mapas conceptuais / mentais:
- MindMeister
- Mindomo
- Glinkr
9. Construción de diagramas:
- Gliffy
10. Traballo en comunidades virtuais:
- Google Grupos

Tags: escolma, ferramentas, web

Responder esta

Respostas a este tópico

Estiven a probar as 8 primeiras (os slides e issuu xa os coñecía). Divshare no primeiro grupo, Slideshow e Slideshare no segundo, parécenme os mellores. De momento, porque empecei con Zoho e estou impresionado. Continuarei cando poida. Agradezo moito a escolma. Ó principio asusta un pouco (bueno, moito) pero déixanse querer.

Responder esta

Boas!

Para o manexo de documentos, de momento traballo co Scribd, ao que cheguei buscando aloxamento para os meus traballos sen restarlle espazo ao meu blogue, e funciona bastante ben ao permitir a descarga en varios formatos e ao permitir pegalo na propia bitacora como un vídeo do Youtube.

Para as presentacións multimedia, Slideshare e Slide, e cheguei ao Rock You (non me parece unha cousa do outro mundo) a través do Badongo, onde subía fotos. Polo de agora, a traba que lles atopo é que ao subir as presentacións pérdense os efectos (e ligazóns) que un inclúe na presentación powerpoint.

Polo que vexo, quedan moitísimos recursos por peneirar.

Saúdos e noraboa polo empuxe que lle estades a dar á Ágora.

Responder esta

Finalmente puiden insertar un scribd no blog (de wordpress), grazas a unha ferramenta de vodpod "Post video to your blog" que tamén se integra en Flock e permite envialo directamente. Probei a mesma funcionalidade con divshare pero neste caso ó pasalo ó blog non permite facer zoom. Non sei, de momento quedo con Scribd. E sigo a ensaiar...

Responder esta

Vexo que o intercambio de experiencias e ideas xa é ben rico e propoño que abramos tópicos con grupos de ferramentas, para organizar un pouco a cousa. Gustaríame que Xoán fose un pouco máis alá (aínda que a súa/túa exposición é esclarecedora para os que non estamos a empregar os marcadores sociais) e nos abrise as portas do Del.icio.us ao grupo; eu fuchiquei nel e non cheguei a bo porto. Alberto e Román parece que teñen máis controladas as aplicacións para as presentacións multimedia, etc. Estou suxerindo, eh, que non se me entenda mal.
Eu voume atrever a abrir un tópico sobre as ferramentas para a elaboración de mapas mentais e conceptuais e a ver que sae.

Responder esta

Acepto encantado a tarefa, Xano.

Responder esta

Pola miña parte non hai problema. Falta que Román opine igual e repartamos os tópicos convenientemente.
Engadimos ao listado de sitios de referencia do grupo, sen o permiso de Xoán, o utilísimo Blogue de proba (para falar de blogues...).

Responder esta

Non precisades o permiso. Grazas, procurarei estar maís activo neste espazo. Un saúdo.

Responder esta

O uso que lle están a dar algúns docentes case obriga a referenciar aquí Calaméo, unha ferramenta ao estilo de Issuu, aquela con máis axilidade. No seu sitio pódense atopar desde artigos xa históricos no ámbito das TIC en educación, coma este de Tíscar Lara, ata presentacións de actividades ou publicacións periódicas como as que se recollen abaixo.



Responder esta

Un exemplo de publicación escolar:

Responder esta

  • 1
  • 2

RSS

Sobre 'agora rede

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Badge 'agora rede

Conte para todos. Obtenha seu próprio badge 'agora rede para seu website ou página do MySpace. (Obter código)

© 2008   Criado por dplingua no Ning.   Crie sua própria rede social

Relatar um incidente  |  Comentários  |  Privacidade  |  Termos de serviço