Esta comunidade (dispersa) na rede cumpre un ano xusto agora. Naceu grazas ao impulso dun grupo de profes blogueiros que, ante as demandas pedagóxicas e as carencias institucionais, procuramos abrir espazos de formación, intercambio e difusión das TIC.
Nese período debulláronse ideas, deseñáronse propostas de traballo colectivo e despexáronse fiestras suxestivas que, se ben non callaron internamente, si se proxectaron dalgún xeito noutros ámbitos. Ultimamente acolleu diversos grupos de formación na web 2.0 e fican aí múltiples bosquexos de traballo con redes, blogues, marcadores sociais e diferentes aplicacións, nalgúns casos ben aproveitábeis e seguramente xermes de novos pasos na procura de integración das TIC no labor docente.
Con esa bagaxe e un número de visitas nada desprezábel, cómpre volver coller impulso e reorientar as dinámicas de partilla. A administración, xa compartida desde hai un tempo, está aberta á participación.
Para-béns docentes.

Você precisa ser um membro de 'agora rede para adicionar comentários!
Entrar nesta rede social