A AS-PG convoca un "concurso-caza do tesouro" que, cun premio de até 400 euros ten como obxectivo descubrir o texto correcto e os autores de dous poemas.
Este concurso, que non segue exactamente os moldes dos cazatesouros, pretende, dunha parte, incentivar a aproximación á literatura galega dunha serie de persoas que, mesmo sendo lectores e lectoras noutras linguas, non son consumidores habituais de literatura galega e, doutra, os lectores e lectoras habituais que terán ocasión de enfrontarse ao reto de recompor dous poemas que, posiblemente, teñan lido. Permitirá tamén que, nesa recomposición, aparezan novos textos surxidos en contextos ben diferentes dos dos seus creadores orixinais, mais que están elaborados coa mesma materia prima.
Para ver as bases de participación e a mecánica do concurso podes ir a esta ligazón: http://www.as-pg.com/webquests/procurandopoetas/index.html
Tags:
Compartir
Você precisa ser um membro de 'agora rede para adicionar comentários!
Entrar nesta rede social