Unha das utilidades deste espazo é o acceso ás últimas anotacións dos blogues aquí sindicados por medio de feevy. Mais este servizo recolle -e organiza cronoloxicamente- só a última de cada un. Outras aplicacións ofrecen as últimas entradas independentemente de cal sexa a fonte dentro da nosa escolla. É o caso de Planetaki. Así, aproveitamos o Planeta Rede Tic , que bebe canda nós (obrigado a quen o creou), para complementar o noso cadro "máis" do fondo da portada.

Compartir 

Adiciona un comentario

Você precisa ser um membro de 'agora rede para adicionar comentários!

Entrar nesta rede social

Xoán Díaz Comentário de Xoán Díaz em 1 novembro 2008 às 22:59
A min tamén me gusta moito o que vexo Abrahan. Estamos atentos aos vosos progresos.
María L Comentário de María L em 29 setembro 2008 às 1:25
O sistema de lingüetas de netvives tampouco me convence se son moitas sindicacións.

Gregarius tenme boa pinta. A ver se o instalo no meu hosting e póñome a fuchicar co código a ver como vai, e logo a ver se che podo botar unha man, Abraham.
Xano Comentário de Xano em 28 setembro 2008 às 23:48
Vale, vale. Cámbiolle o nome, aínda que sexa unha pobre proba. O que nos mostras pinta moi ben, a verdade.
Abraham Domínguez Comentário de Abraham Domínguez em 28 setembro 2008 às 23:39
Ok "Planeta Educativo Galego", o que vos comentaba era isto http://ediga.net/redetic/ aínda que me da moreas de erros, os tags no me van, o multiuser anda as tolas, seguirei fozando no seu foro a ver si atopo plugins estables pero coido que se atopamos algo en plan planetaki ou bloglines con máis soportes será mellor, pois nos desentendemos de facer retales cos códigos.
Xano Comentário de Xano em 28 setembro 2008 às 22:49
Montar un gran planeta educativo é un obxectivo magnífico e se pode ser potente con programas de peso (manexábeis?), mellor. Pero eu non teño nin idea de como funciona gregarius, Abraham. Se nolo mostras, agradecidos.
María, unha opción máis de servizo na web (xa paro), das máis coñecidas: as lingüetas de Netvibes (!?). Unha proba.
Abraham Domínguez Comentário de Abraham Domínguez em 28 setembro 2008 às 21:57
Mmmmmm o de Grazr ten ese gran inconvinte, sigolle a dar voltas etre o gregarius e un drupal+aggregator como os de planeta educativo que tiran de servidor ainda que quedarían vinculados a algun dominio dos xa comentados ¿como o vedes?...se me da o arrouto o monto nesta noitiña e maña pasamos por privados pass aos que queiran utilizalo para facer probas.
María L Comentário de María L em 28 setembro 2008 às 21:11
Bloglines permite acceso público, pero témome que non é multiusuario. Tería que traballar a xente coa mesma clave.
En canto a Grazr, a versión libre ten un límite de 50 feeds, e se a intención é facer un macroplaneta non serviría.
Ten que haber máis ferramentas por ahí. Será cuestión de remexer pola rede.
Xano Comentário de Xano em 28 setembro 2008 às 18:08
Súmome á iniciativa, sexa no servizo que sexa. En todo caso, considerastes a opción de Grazr? Permite crear seccións en carpetas (exemplo de proba; sen carpetas, así) e incrustar cun widget adaptábel (que, ademais, desde View dá bastante xogo).
Abraham Domínguez Comentário de Abraham Domínguez em 28 setembro 2008 às 13:32
Ok vexo que ten aceptación a proposta, eu estiven escudriñando e o que pode dar máis opcións de xestión e perfis de usuarios e o gregarius (traballei con el hai tempo) montalo dende ediga ou tadega ; aínda que a túa proposta pareceme ok para non abafar servidores propios, pero...
pode bloglines ter diferentes usuarios? pode crear un acceso publico? (hai tempo que non o utilizo).

Máis propostas?

Un saudo
María L Comentário de María L em 28 setembro 2008 às 11:01
A min persoalmente gústame máis planetaki que feevy, e paréceme moi boa idea a creación dun planeta de edublogues en galego. Grazas pola iniciativa.

Como lector de feeds gústame bloglines, que ten agora unha versión beta máis moderna (http://beta.bloglines.com). A ventaxa é que permite a organización dos feeds por categorías ou temáticas, cousa que non fai un planeta onde se amosa todo mesturado, que se ten moitos sitios sindicados pode resultar menos útil para o profesorado. Pensade que quedarían mesturadas as entradas de blogues de infantil con outros de bacharelato. O inconveniente de lectores como bloglines é que non permiten incrustar o resultado nunha web :-(

Non sei, vexo estas ferramentas de mestura de feeds útiles se non son moitos os sitios sindicatos, e non para un megaplaneta educativo, que debería permitir unha elección de categorías. Anque tamén, se a cousa medra moito, poderíase crar un planeta por categoría.

Bueno, aí van estas reflexións ao aire. Non sei que pensades ...

Membros

  • germán
  • Ana Belén Saá Novo
  • alba
  • Fátima
  • GENIVAL FERREIRA DE MIRANDA
  • Ines
  • paula
  • Mª Carmen Peteiro
  • Mariana

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo