A min paréceme que a esta Galicia que vai para atrás educativamente falando, e socialmente como consecuencia delo, ninguén lle está a poñer atrancos para dificultar o seu progreso. Máis ben é a sociedade galega mesma, coa súa clase política levando o temón, quen non dá mostras de querer progresar. E non se me ocorre ningunha outra razón para que esta comunidade non aposte pola incorporación das TIC ao ensino como están a facer practicamente todas as demais dentro do estado español.

Seguirei a ser coordinador TIC cos mesmos 90 minutos semanais do curso pasado. Con isto xa o digo todo: máis do mesmo e nada que facer… Continuarei coa miña autoformación e terei como obxectivo manter a web dinámica, que de dinámica non ten nada porque o único que a manexa son eu mesmo.

Nas miñas clases, ao non ter os ordenadores que necesito, tampouco poderei incorporar as TIC dun xeito serio e efectivo, aínda que seguirei a investigar e aprender para unha posible oportunidade no futuro.

Este curso vén de comezar e xa está perdido…

Tags: do, mesmo, máis

Compartir 

Adiciona un comentario

Você precisa ser um membro de 'agora rede para adicionar comentários!

Entrar nesta rede social

Alberto Comentário de Alberto em 21 setembro 2008 às 1:10
Pois seguen a ser os mesmos 90 minutos, pero agora teremos dúas sesións semanais para dedicalas á dinamización TIC, na que se anotaron 17 profesoras e profesores.
Isto xa dá para algo, malia que non sexa dabondo para o longo camiño a percorrer...
Abrín unha Ning para o profesorado do meu centro. Se conseguimos reunirnos unha hora á semana ou cada dúas semanas, procurarei explicar o funcionamento da rede, animar a facer blogues, impulsar o coñecemento e a utilización das aulas de informática, do encerado dixital, dos portátiles e proxectores, da web dinámica....
Dispoñendo de tempo, vontade non falta. A ver ata onde chegamos...
Alberto Comentário de Alberto em 3 setembro 2008 às 14:34
Pois si, ensino-ficción, e de cara á galería funciona a propaganda. O último que lin de parte da Consellería é que non se precisan máis ordenadores nos centros galegos. ¡Madia leva!
E cando falo coa xente, fóra do noso ámbito profesional, pois teñen esa idea: nos colexios galegos hai ordenadores a moreas... Bueno, dentro do noso ámbito tamén se comparte esa "visión" por parte de quen non os queren ver nin de lonxe, que son a maioría...
En fin, quen temos ideas para traballar debemos admitir que non vai ser doado conseguir os medios que necesitamos. Supoño que bastantes xa se queimaron e non poucas/os estamos medio chamuscadas/os.
Finalmente, veño de entregar unha proposta ao director do meu centro:

PAC 2008-2009

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

Incorporar as TIC á docencia en todas as áreas e niveis.

MEDIDAS A DESENVOLVER

Establecer unha reducción de horario lectivo para o coordinador TIC de entre seis e dez horas semanais (de acordo co que se fai na maioría das comunidades autónomas) para que poida asesorar ao profesorado durante o horario escolar na incorporación das TIC ás súas actividades docentes. Este asesoramento icluiría, dentro do tempo que se dispoña, a instrucción e apoio na confección de blogues educativos, o manexo básico de ordenadores e proxectores, do encerado dixital interactivo, e a utilización da web dinámica.
Establecer un grupo de dinamización TIC con profesorado de todas as etapas.
Conseguir que en todas as aulas se dispoña dun ordenador e un proxector de forma permanente. Solicitar á Consellería un ordenador para cada 2 alumnas/os e cobertura wifi en todas as aulas do centro.


Por intentalo que non quede. Xa vos contarei...
Revolta da freixa Comentário de Revolta da freixa em 2 setembro 2008 às 23:41
¿Noventa minutos? Coma no chiste de Castelao: ¿Tiñas unha vaquiña e dicías que eras pobre?
Se cadra, como xa estou queimado, digo barbaridades. Pero creo que o mundo do ensino parece cada vez máis ciencia ficción.
dplingua Comentário de dplingua em 2 setembro 2008 às 23:14
Máis do mesmo, si.
Non o perdamos, logo, cando menos no intento de facer comunidade de práctica na rede desde esa nosa realidade.
Podemos aprofundar nas iniciativas abertas... e explorar outras.

Membros

  • GENIVAL FERREIRA DE MIRANDA
  • Ines
  • paula
  • Mª Carmen Peteiro
  • Mariana
  • Andrea
  • manufiles
  • Adriana
  • Sandra

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo