Ao longo deste curso contei con dúas sesións semanais para coordinar a incorporación das TIC no CPI Don Aurelio. Con esa asignación horaria non podía desenvolver o proxecto TIC, nin axudar a desenvolvelo, así que dediquei incontables horas no centro e fóra do centro, incluídas as vacacións, a intentar suplir esta carencia horaria. Con todo isto o proxecto TIC quedouse practicamente nunha intención e non se conseguiron obxectivos primordiais.
De cara ao curso seguinte só asumirei a coordinación TIC no tempo que se me asigne.
Corresponde á administración educativa facilitar os medios humanos e materiais para a incorporación das TIC ao ensino. Atéñome ás decisións ao respecto por parte da Consellería de Educación.

Compartir 

Adiciona un comentario

Você precisa ser um membro de 'agora rede para adicionar comentários!

Entrar nesta rede social

2 Comentarios

Alberto Comentário de Alberto em 9 xuño 2008 às 0:32
Bueno, Xano, finalmente desistín da idea de recoller as sinaturas na rede porque penso que non teñen a mesma validez que se lles dá ás que quedan riscadas nun papel. Coido que as reivindicacións tamén están por concretar un pouco mellor. Se cadra o debate aínda non foi longo e fondo como é desexable.
O meu esforzo polas TIC vai continuar pero non do mesmo xeito. Refírome a que o cargo de coordinador non é máis que un invento para facer que se fai e non facer nada. Aí non me vou esforzar máis. Nas TIC, si.
Xano Comentário de Xano em 8 xuño 2008 às 23:35
Alberto, con permiso de Novoneyra e con abuso da redundancia e do dobre sentido, a forza do noso sobreesforzo non pode ser inútil. Por certo, onde hai que asinar as reivindicacións de Queremos tic? (non me funcionou a ligazón cando intentei entrar).
Parabéns tamén polo labor de creación de recursos.

Membros

  • Ana   Mª  Rodriguez Lomba
  • Francisco  Castro
  • ISABEL GARCÍA BARREIRO
  • Nacho
  • Natalia
  • Lourdes
  • Ventura
  • Eva
  • Cristina

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo