A min paréceme que a esta Galicia que vai para atrás educativamente falando, e socialmente como consecuencia delo, ninguén lle está a poñer atrancos para dificultar o seu progreso. Máis ben é a sociedade galega mesma, coa súa clase política levando o temón, quen non dá mostras de querer progresar. E non se me ocorre ningunha outra razón para que esta comunidade non aposte pola incorporación das TIC ao ensino como están a facer practicamente todas as demais dentro do estado español.
Seguirei a s…
Continuar
Adicionado por Alberto em 1 setembro 2008 às 15:30 —
Comentarios
Solicito que se incorporen sen demora as TIC ao ensino público en todas as aulas do estado español en condicións de igualdade e cos máximos recursos.
…
Continuar
Adicionado por Alberto em 21 xuño 2008 às 0:08 —
Sem comentários
Seguramente unha das iniciativas máis solidarias para a
incorporación das TIC ao ensino podemos atopala na rede "
Internet en el Aula". Seguindo
este enlace podedes participar e aportar a vosa solidariedade e o pulo necesario para que entre todas e todos academos un obxectivo xa irrenunciable de achegar unha mellor educación ás aulas de todo o estado.…
Continuar
Adicionado por Alberto em 12 xuño 2008 às 0:23 —
Sem comentários
Ao longo deste curso contei con dúas sesións semanais para coordinar a incorporación das TIC no CPI Don Aurelio. Con esa asignación horaria non podía desenvolver o proxecto TIC, nin axudar a desenvolvelo, así que dediquei incontables horas no centro e fóra do centro, incluídas as vacacións, a intentar suplir esta carencia horaria. Con todo isto o proxecto TIC quedouse practicamente nunha intención e non se conseguiron obxectivos primordiais.
De cara ao curso seguinte
só asumirei a coordinació…
Continuar
Adicionado por Alberto em 8 xuño 2008 às 14:00 —
Comentarios
Nesta
noticia evidénciase unha vez máis que a Consellería de Educación non quere ou non sabe situar ao ensino galego no nivel doutras comunidades como Estremadura ou Andalucía. Ademais, queda claro que non cumpren a promesa electoral de dotar ás aulas cun ordenador por cada 2 alumnas/os. Será, pois, un novo retraso para a educación galega. E xa é moito retraso.
Continuar
Adicionado por Alberto em 9 maio 2008 às 14:44 —
Sem comentários
Con
CmapTools podemos obter un mapa dos recursos TIC que utilizaremos nas clases. Neste caso, os recursos corresponden ao
5º Curso de Primaria e ao
6º Curso de Primaria.
Aínda veño de facer outros dous, cos que coido que completo o ciclo, xa que…
Continuar
Adicionado por Alberto em 5 maio 2008 às 16:00 —
Comentario
Seguen por diante, e non son os únicos. Ademais dannos máis pistas sobre o futuro, se é que aquí en Galicia o futuro nos depara unha educación de calidade… Por se acaso, mellor será estar preparadas e preparados.

…
Continuar
Adicionado por Alberto em 23 abril 2008 às 21:00 —
Sem comentários
Adicionado por Alberto em 23 abril 2008 às 20:58 —
Sem comentários
Adicionado por Alberto em 23 marzo 2008 às 13:08 —
Sem comentários
Vén de estrearse unha
rede social en Ning co lema “
Comunidades de educadores que comparten experiencia y recursos para el uso de Internet en el aula“. Eu xa son membro desa rede. Coido moi conveniente que compartamos as nosas experiencias tamén nesa ampla rede do estado onde se está a preparar o Primeiro Congreso Nacional de Internet na Aula. Invítovos a tod@s a participar.
Continuar
Adicionado por Alberto em 8 marzo 2008 às 18:13 —
Comentario
Quería crear un novo grupo sobre as Webs Dinámicas, pero o ning devólveme unha mensaxe de erro. Intenteino varias veces. O tema interésame porque no meu centro estamos a iniciar unha web dinámica. Seica xa a temos 350 centros galegos agora mesmo. Nós nin tan sequera sabiamos que existían. Persoalmente parécenme máis complicadas de manexar ca os wikis. Gustaríame compartir experiencias e aprender de vós. Así que se dplingua ou outro membro da ágora pode crealo... Senón volverei intentalo máis adi…
Continuar
Adicionado por Alberto em 29 febreiro 2008 às 23:36 —
Sem comentários
Quizais sexa a mellor solución. Os medios de comunicación xa deron boa conta dos 10.000 tablets pc que enchen a docencia nas aulas de 3º Ciclo de Primaria en Aragón. E nas casas d@s alumn@s. Tamén seus familiares están a aproveitar a web 2.0. Son pioneiros a nivel mundial. Claro, van da man de Bill Gates...
Bueno, pois déixovos un arquivo do portal educativo de Aragón, un exemplo entre moitos, que demostra cómo o goberno aragonés non se limita a negociar e acadar recursos senón que dá boa c…
Continuar
Adicionado por Alberto em 5 febreiro 2008 às 20:26 —
Sem comentários
Estou a coñecer un conxunto de espazos na rede educativa galega que, de non estarmos a compartir esta nova experiencia de achegamento, seguirían sendo descoñecidos para min. Supoño que a algúns/algunhas de vós tamén vos está a ocorrer. Isto en si xa é moi positivo e dálle carta de natureza a esta ágora.
Agora cómpre que os esforzos particulares sumen o suficiente como para artellar unha eficaz rede educativa. Quizais debamos sacrificar parte dos nosos obxectivos individuais a prol dun benef…
Continuar
Adicionado por Alberto em 2 febreiro 2008 às 0:31 —
Sem comentários
Adicionado por Alberto em 1 febreiro 2008 às 15:49 —
Comentarios