Nacín en Windows... exactamente en windows 3.11 alá polo ano 1994. E o primeiro que aprendín a manexar foi o procesador de textos, por ser a ferramenta básica que utilizaba mentres cursaba os estudos de Pedagoxía. Creo que comezei con WordPerfect 5.1. O primeiro ordenador que merquei era un Pentium a 100 Mhz que viña co sistema operativo windows 95; pronto instalei Microsoft Office pirateado por un amigo (e ducias de programas máis). E así transcurriu a miña vida durante uns cantos anos, ata o 2005 aproximadamente, inmerso en windows.
Durante eses anos fun coñecendo xente que me falaba das virtudes de GNU/Linux, pero eu facíalle oídos xordos, pois windows cubría as miñas necesidades vitais e algunha demostración que vira non me convencera en absoluto, pois no meu parecer Word superaba sen discusión a calquera procesador de textos en Linux. Pero alá polo ano 2005 cambiei de traballo e con el fixen borrón e conta nova no mundo do software. Na miña vida sempre estivo presente unha forte compoñente idealista, e valores como a liberdade ou a solidariedade chocaban cos valores do software propietario. Había un mundo de persoas que colaboraban altruistamente co software libre, programando ou utilizando ese software e eu apunteime a ese bando. Por unha cuestión de coherencia vital.
Así que tiven que deixar de lado os vellos costumes, tan enraizados, e tan difíciles de abandonar... as rutinas instauradas que simplifican e fan cómodas as tarefas cotiás. E o cambio impúxose nun proceso progresivo, que me levou durante uns cantos meses a utilizar software libre dentro de windows (firefox, openoffice,...), máis tarde a instalar Linux pero convivindo os dous sistemas operativos no mesmo ordenador e, finalmente, cando a confianza se asentou en Linux, a prescindir radicalmente do vello sistema operativo.
Porque ás veces para algúns de nós poden incluso existir cousas máis importantes que o deporte en si, e podemos cuestionarnos se realmente temos que xogar baixo calquera condición, ou se ó mellor hai condicións nas que nos convén máis protestar e ir xogar a outros campos, menos comerciais, pero moito máis románticos. Para iso existe a vontade.
Tags:
Compartir
-
▶ Responder esta