1.Agora que temos conexión a Internet... antes de nada
activamos os repositorios en Synaptic. Activar os repositorios equivale a abrir as portas dos supermercados do software libre. Podemos ir alí, vía internet, e coller a aplicación que queiramos e instalala no noso ordenador, sen pasar por caixa, e dun modo totalmente automático, só con desexalo. Para iso vamos a SISTEMA- ADMINISTRACIÓN - XESTOR DE PAQUETES SYNAPTIC (o último da lista) e seguimos no
menú de Synaptic con CONFIGURACIÓN - REPOSITORIOS - e marcamos alí as 4 primeiras casiñas na pestana SOFTWARE DE UBUNTU (salvo a de Código Fonte). Logo marcamos tamén as opcións das pestanas de Software de Terceiros e de Actualizacións. Pechamos a ventá e agora pinchamos en RECARGAR, no menú de Synaptic. Con isto deben cargarse no Synaptic a relación enteira do software ao que podemos ter acceso.
2. No mesmo Synaptic pinchamos
en PROCURAR e escribimos "gl" ou "galician". Na lista ofrecida marcamos a primeira opción e dámoslle ao botón dereito do rato. No menú contextual picamos en "Marcar para instalación". Facemos o mesmo cos demais elementos da lista. Agora no menú principal de Synaptic picamos en APLICAR. Aceptamos na seguinte ventá e Synaptic buscará nos repositorios todo o software que traduce Ubuntu ao Galego... unha vez localizado instalarao directamente no equipo.
3. Configuramos FIREFOX.
a) Poñemos Firefox en galego. Para iso imos á web de
Mancomun.org e baixamos o ficheiro de idioma galego. Descargámolo no escritorio. Reducimos un chisco a ventá de Firefox para ver o ficheiro no escritorio. Arrastrámolo co rato para dentro da ventá de Firefox e... aceptar... e reiniciar.
b) Configuramos Firefox. Pero antes abrimos tres ou catro pestanas coas páxinas web que máis utilizamos (edu.xunta... páxina do colexio... javaclic...) . Agora imos a EDITAR - PREFERENCIAS. Na pestana XERAL marcamos EMPREGAR AS PÁXINAS ACTUAIS. En CONTIDO podemos aumentar o tamaño de letra. En PRIVACIDADE - Cookies marcar "ata que peche Firefox", Datos privados marcar "Eliminar sempre..." e desactivar a outra. En SEGURIDADE - CONTRASINAIS Desactivar casiñas.
c) Activar Java 6 para ver actividades JAVA CLIC ONLINE. Vamos á paxina web de Java Clic.
Picar en "Ver Applet". O mesmo firefox abre unha ventá e hai que elixir Java 6 entre as propostas. Xa o instala automaticamente.
4. Reiniciamos o sistema. Debería estar todo en galego e funcionando.
5. Aínda nos queda unha cousa. Debemos ter unha icona de cor laranxa na barra de tarefas solicitando permisos para
instalar novas actualizacións. Haberá máis dun cento delas... dicímoslle que si e esperamos ao menos media hora para que as descargue e as instale, depende da velocidade da rede.
6. Apagamos e se queremos comezar a traballar reiniciamos.