Xosé Vidal

Configuración de Ubuntu: escritorio, usuarios e conexión a internet

1. Comezamos por configurar o escritorio. Na barra de tarefas temos 3 menús: Aplicacións, Lugares e Sistema. Miramos o que hai por aí. Aplicacións equivale a programas en windows, Lugares equivale a Panel de control, e Sistemas a Administración. Así que se queremos configurar algo teremos que ir a Sistema. En Sistema hai opcións que só pode modificar o Administrador, que somos nós coa contraseña elixida na instalación. Primeiro podemos ir a SISTEMA - PREFERENCIAS - RESOLUCIÓN DE PANTALLA, e comprobamos que ao menos temos 1024 x 768 ou que se pode escoller outra calquera, incluso maior. Recomendo poñer unha alta... o que dea o monitor (1280x1024 é o máis normal).

2. Ir a SISTEMA- PREFERENCIAS- APARENCIA e modificar FONTES para poñelas a un tamaño agradecido (non hai por que queimar a vista) entre 12 e 14 puntos. Basta con modificar as opcións propostas. De paso podemos activar Visual Effects.

3. Imos a SISTEMA - ADMINISTRACIÓN- USUARIOS E GRUPOS. Engadimos un usuario novo, de nome "usuario" e contrasinal "usuario". Os alumnos terán ese usuario e esa contraseña para acceder ao sistema, e non terán privilexios de administración.

4. Antes de máis nada hai que ver se temos conexión a Internet... por exemplo abrindo o navegador Firefox. Escribimos unha "a" ou a primeira tecla que nos veña aos dedos na casiña destinada a Google e pulsamos enter... Se funciona temos razóns para estar contentos, a partir de aquí temos o camiño despexado. En caso contrario haberá que buscar a forma de amañalo. Para configurar a conexión a internet temos unha icona na barra de tarefas, ao lado do Volume e da data do calendario. Se non dá sinais de vida haberá que picar aí co rato e elixir a opción "Configuración manual". Temos que completar os datos da nosa configuración de rede igual que en windows: dirección IP, Máscara de subrede, Pasarela e DNS (non esquecerse do DNS). Logo cerramos a ventá e esperamos.
Probamos se funciona o firefox. Se non dá sinais de vida apagamos e reiniciamos o sistema. Cunha probabilidade altísima funcionará desta.

5. Ao reiniciar o sistema por primeira vez, veremos que aos 5 segundos máis ou menos teremos un menú para elixir o sistema operativo que queremos arrancar. Por defecto será Ubuntu, pero desplazándonos coas flechiñas do teclado podemos escoller Windows.

Tags: ubuntu

Compartir

Responder esta

Membros

  • vanessa
  • Adela otero Fdez-Aperribay
  • María Prieto Pérez
  • J. Luis López de Guereñu Polán
  • Verónica Pampillón Seijo
  • MARIA
  • Estefania Rodríguez Calvo
  • Chus
  • Xano

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo S. Libre

Carregando feed

Foro do grupo Webs dinámicas

Carregando feed

Foro do grupo Introdución...

Carregando feed

Foro do grupo Recursos...

Carregando feed

Foro do grupo Aplicacións...

Carregando feed

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo