Hai moitos manuais en internet... este é un breve resumo persoal. Será necesario complementalo con algún deses manuais.

1. Farémonos cun CD de instalación de Ubuntu, a última versión é a 7.10 (outubro do 2007). Podemos descargalo de internet. (Hai versións diferentes para procesadores Intel e AMD).

2. Comprobamos que o ordenador escollido cumpre cos requisitos mínimos de instalación, sobre todo que teña ao menos 256 Megas de RAM.

3. Opcional, pero para evitar disgustos gardamos toda a información relevante do disco duro nunha copia de seguridade externa (pincho usb, disco...)

4. Encendemos o ordenador e introducimos o CD antes de que arranque o windows (ou sistema instalado)

5. Veremos o menú de instalación do CD. Arrancar coa opción por defecto (a primeira)

6. Aparecen unhas ventás solicitando datos e escollemos: idioma, zona horaria, teclado, partición do disco e datos usuario. A zona crítica é a de partición de disco, que ven ser un campo minado para novatos, pero ante todo moita calma. O máis normal é atravesalo e saír vivos e enteiros.

Aquí hai varias posibilidades e vou só resumir un par delas:

a) Só hai unha partición windows no disco. Entón na ventá aberta propónsenos que redimensionemos a partición (darlle outro tamaño). Temos que darlle un tamaño así como a metade... ou outro diferente. Podemos usar os botóns de Editar particións que andan por alí. A idea é deixar ao menos 10 ou 20 Gigas para instalar Ubuntu. Co novo espazo baleiro (o que queda despois de achicar a partición de Windows) temos que definir outra partición, con formato ext3, e no directorio raíz "/". (É o paso máis complicado pero consiste en buscar opcións na ventá correspondente). Despois de practicar media hora seremos uns expertos facendo e desfacendo particións.

b)Hai ao menos dúas particións no disco. A CEOU envía os ordenadores instalados con 2 particións (windows e opensuse). Iso visualizarémolo ao chegar á ventá de particións do disco durante a instalación. Veremos como a partición windows ten un sistema de ficheiros .ntfs , mentres que a partición linux ten unha extensión .ext3, e podemos ver o espazo en GB asignados a cada partición. Aquí o máis fácil é formatear directamente a partición de linux, a opensuse, e instalar aí a Ubuntu. Basta con marcar a casiña proposta de formato e darlle para adiante. Pero hai cen posibilidades máis.

7. Despois de dar un nome de usuario e contraseña (importante) chegamos ao escritorio de Ubuntu instalado. Ufff... despois da tensión inicial xa podemos respirar con certo alivio e deixar saír un sorriso. e Pode sorprendernos o seu tono ocre ou que non hai iconas no escritorio... ou un par delas como moito, ou que a barra de tarefas esté ubicada por defecto na parte superior. Ou que a letra sexa moi grande ou pequena... ou incluso que os menús estén en Inglés!!! Ben, mantemos a calma, todo pode axeitarse.

Tags: ubuntu

Compartir

Responder esta

Membros

  • vanessa
  • Adela otero Fdez-Aperribay
  • María Prieto Pérez
  • J. Luis López de Guereñu Polán
  • Verónica Pampillón Seijo
  • MARIA
  • Estefania Rodríguez Calvo
  • Chus
  • Xano

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo S. Libre

Carregando feed

Foro do grupo Webs dinámicas

Carregando feed

Foro do grupo Introdución...

Carregando feed

Foro do grupo Recursos...

Carregando feed

Foro do grupo Aplicacións...

Carregando feed

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo