De igual xeito que cando preparamos unha viaxe a un lugar lonxano e con condicións climáticas diferentes é conveniente pasar por un período previo de aclimatación, é conveniente seguir a mesma estratexia no mundo do software.

O mundo Windows e o mundo Linux constan do propio sistema operativo e das aplicacións que corren neles. As aplicacións máis utilizadas soen ser o navegador de internet e a suite ofimática (procesador de textos, folla de cálculo, presentacións e base de datos). En Windows, o navegador propio chámase Internet Explorer, e a suite ofimática Microsoft Office. Agora ben, tamén poden correr outras aplicacións en Windows, e entre elas algunhas aplicacións de software libre.

Por tanto, o máis prudente é utilizar durante un tempo aplicacións de software libre dentro de Windows, nun proceso de adaptación ou aclimatación para irnos familiarizando co mundo Linux. As aplicacións básicas que podemos utilizar son:

1. FIREFOX, como substituto de Internet Explorer. Haberá que descargalo de internet, na súa versión para Windows e instalalo, despois configuralo. Funciona de xeito moi similar ao Internet Explorer, pero con maiores funcionalidades.

2. Suite ofimática OPENOFFICE, que agora anda na versión 2.3. Proceder como no caso anterior. Ten menor potencial que Microsoft Office, pero máis que suficiente para as tarefas escolares. OpenOffice garda os seus documentos na extensión .odt (estándar aberto). OpenOffice pode abrir documentos de word .doc e tamén gardar os seus propios documentos con extensión .doc. Tamén permite gardar directamente un documento en formato .pdf

Se nunca antes vimos OpenOffice, ou Firefox... o primeiro impulso innato soe ser de rexeite (ufff... esa icona non está exactamente no mesmo lugar, esa cor non me gusta, esa letra é moi grande...) debido en grande medida a que temos moi automatizados todos os movementos das rutinas habituais. Imaxínate que de repente che cambian de posición dúas ou tres letras do teclado... menudo fastidio... así que será normal que o procesador automático se resista ao principio. Por iso é conveniente o apoio da razón.

Tags: libre, software

Compartir

Responder esta

Respostas a este tópico

Atopei un enlace interesante, que convén ler antes de iniciar unha instalación de Linux.... "20 consellos para dar o salto inicial a GNU/Linux", no blog Un lugar en el mundo

Responder esta

Paréceme moi bo este Curso de OpenOffice, en lingua galega, elaborado por José Troncoso, profesor dun IES en Vigo.

Responder esta

Outro enlace interesante para preparar o salto a Linux, no blog de José Troncoso, Aprendo Inglés

Responder esta

En Rentalia.com relátase unha experiencia de migración a software libre, e os pasos a seguir.

Responder esta

RSS

Sobre

dplingua dplingua criou esta rede social no Ning.

Membros

  • Tania
  • Mª Belén
  • SARA
  • Yolanda Paderne Vázquez
  • jorge
  • jaime
  • Estela
  • José Manuel
  • Mª Patricia

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo