Falar de software libre en sistemas operativos é o mesmo que falar de Linux. Agora ben, Linux ofrece diferentes distribucións (a modo de versións).

A CEOU instala nos novos equipos que envía aos centros (febreiro de 2008) dous sistemas operativos: Windows e OpenSuse (distribución de Linux). A primeira ven por defecto e será a que utilicen o 90 e tantos por cento do profesorado. Non por nada malo, só porque é o que ven no plato, e normalmente non cuestionamos se o que comemos alimenta ou non.

(Por certo, o windows ven en castelán... e o colmo é que trae unha carpeta con ficheiro de instalación en galego, pero advirte que será responsabilidade do usuario instalalo, porque entón poderían deixar de funcionar algunhas cousas) Grrrrrrrrrrrrrr

Eu utilizo a distro Ubuntu Linux... non por nada especial... cadrou que empecei nisto hai pouco máis de un ano e teño un amigo que ma recomendou. Hoxe é a distro máis popular, a máis utilizada no mundo Linux e éo pola súa facilidade de uso e amigabilidade. Tamén a última versión do MAGASIX de Manuel González Regal (IES Xulián Magariños de Negreira) a utiliza.

Eu voume defendendo e arranxando tódalas dificultades que se me presentan... aínda non atopei ordenador que se resistise á súa instalación e aceptable funcionamento. Aínda que nalgunha ocasión tiven que recurrir á axuda da comunidade (do mellor que ten). Búscase en google "ubuntu... tal problema" e aparecen propostas de solucións a patadas. E vas coñecendo xente.

Seguiremos.

Tags: linux

Compartir

Responder esta

Respostas a este tópico

Teño publicado no meu blog un manual de Ubuntu que se pode descargar alí mesmo. Instalei Ubuntu nun pc e estou a dar os primeiros pasos. Polo momento non controlo case nada, pero agardo que aquí poidamos resolver dúbidas.

Responder esta

Ola Alberto, sempre tan animado e disposto a apuntarte a todo! Nin que tiveras 20 anos! Ben, polo demais eu intentarei axudarche a que resolvas tódalas dúbidas que se che presenten... penso publicar proximamente os pasos que sigo eu para instalar a Ubuntu e deixala fina (o que xa non sei é se poderei dar tantos detalles como neses manuais que andan por internet).

No dos manuais... ese en concreto, boteille un vistazo e ten boa pinta, sobre todo no tema filosófico e motivador... no técnico tampouco está mal, aínda que é para unha versión de Ubuntu de hai xa case ano e medio (a 6.06), e aquí as cousas cambian moi depresa (cada 6 meses publícase unha nova actualización). E cada vez as cousas son máis sinxelas.

Mañán sigo.

Responder esta

E eu sígote a ti. Graciñas.

Responder esta

Atopei un artículo sinxelo e claro sobre a historia e a filosofía da distribución Ubuntu, en Genbeta.com.

Responder esta

Atopei unha web onde fan unha análise detallada das catro distribucións de linux máis populares e extendidas: Ubuntu, OpenSuse, Fedora e Mandriva.

Nesta outra web, de Distrowatch, fanse tamén comparativas entre as diversas distribucións de Linux.

Responder esta

Deixáronme un comentario no blog indicando "Como recuperar o entorno gráfico en Ubuntu/kubuntu/linux Mint"

Responder esta

RSS

Sobre

dplingua dplingua criou esta rede social no Ning.

Membros

  • Tania
  • Mª Belén
  • SARA
  • Yolanda Paderne Vázquez
  • jorge
  • jaime
  • Estela
  • José Manuel
  • Mª Patricia

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo S. Libre

Carregando feed

Foro do grupo Webs dinámicas

Carregando feed

Foro do grupo Introdución...

Carregando feed

Foro do grupo Recursos...

Carregando feed

Foro do grupo Aplicacións...

Carregando feed

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo