Considerando que só unha porcentaxe mínima do profesorado utiliza este tipo de recursos para apoiar a súa docencia, cómpre salientar aqueles espazos na rede onde poder atopalos con certa facilidade. Así mesmo, resulta conveniente ensinar ó profesorado algún xeito de organizalos para telos a disposición.

Compartir

Responder esta

Respostas a este tópico

O que eu fago, a día de hoxe, é combinar os recursos que vou publicando no "ticblog" coa miña páxina persoal no wiki "donaurelio".
Mesmo veño de publicar un post explicando un pouco o xeito de realizalo.
Por suposto, nos blogues e nos wikis sempre hai enlaces que permiten a calquera ir construíndo unha base de datos máis ou menos organizada con recursos TIC. Pero tendo en conta a formación do profesorado e a disposición para utilizar os recursos, considero imprescindible facilitar ó máximo a disposición organizada dos mesmos.
¿Algunha suxestión?

Responder esta

Penso que por unha banda, mostrar estes recursos e ensinar uns principios básicos, nunca está de máis. Pero con estas ferramentas, e a rapidez coa que aparecen, é preciso ter unha actitude proclive a investigar e atopar.
Pero o fito máis importante é atopar as ferramentas que teñen sentido e utilidade na experiencia de cada un, nas súas formas de facer. Este é o reto.

Responder esta

Estou de acordo. Levo só uns meses nisto e xa vexo que o profesorado en xeral non amosa interese polo tema das TIC. Canto máis utilizo a rede para coordinar, menos coordino porque case ninguén do meu centro le o que publico. Daquela, envíolles de cando en vez un correo con algún enlace de maior interese, pero case ninguén mira o seu correo. O último que enviei foi unha enquisa interna e o resultado non mellorou as miñas suposicións. E unha suposición que fago dende hai tempo é que nos demais centros, en xeral, ocorre algo similar. Pero polo menos teño compañeir@s que utilizan o último blog que xestiono para as miñas clases con TIC. Vai por eles/elas.

Responder esta

Tranqui Alberto. Os grandes cambios comezan con pequenos pasos. A túa experiencia no teu centro é esa e no meu é algo semellante mais, fíxate, dende que ando por estes lares, teño entrado varias veces na túa folla e atopei cousas que me interesaron e empreguei. Tras comentarllo a unha compañeira ela tamén está a experimentar e empregar recursos TIC e, sendo só os dous, xa comeza a haber unha certa curiosidade. Varios compañeiros pensan que empregar o "Slide" ou un blog non deixa de ser algo curioso pero ao ver a resposta do alumnado, lentamente, pero están a mudar de opinión.
En resumo, se che serve de algo, dende a outra punta do país, a través da rede, eu si te sigo. Un saúdo.

Responder esta

Grazas, Anxo, polos folgos. A verdade é que tés moita razón. Aínda que non choveu moito dende que abrín este grupo, moi preocupado pola introdución das TIC no noso país, xa van mudando certas cousas... e tamén os meus ánimos. De feito, xa non utilizo o wiki para os meus recursos, senón que o fago a través doutro blog para "As miñas clases". E vaime ben. E o profesorado do meu centro empeza a interesarse e a solicitar ordenadores e recursos. Tamén a utilizalos. Fixemos unha web dinámica e xa hai máis expectativas. Penso que ó igual que chega a primavera, chegarán tempos de colleita. Sigamos a sementar...

Responder esta

Ola
acabo de empezar fai dous dias o ciurso de elaboracion de contidos educativos online.
acAbo de entrar a ver o enlace ese que tes de "as miñas clases con TIC".
pareceume interesante que se poda facer wiki, nunha paxina propia, cousa q2ue non sabia, e me parece unha feramenta excelente para que no ambito de unha rede educativa, poidan tanto os alumnos coma os profesores achegar propostas definicion etc e que uns podad aumentar con novas aportacion o que introduciron otros.
Eu inda non dou clase, pero si espero chegar a saber utiliar estas ferramentas pois a interdiciplinariedde que posibilitan e o traballo coperativo, a reflexion, etc, me parecen grandes.
espero qeu este curso me sea un primer paso, e chegar a poder propostas como as que tes feito.
e que teñas sorte e o profesorado do centro se implique pouco a pouco

Responder esta

Pois claro que si, Eva. Todo é cuestión de poñerse a andar... logo chegan os resultados.
No meu centro, aínda sen apoio da administración educativa, o profesorado estase a interesar máis nas TIC e a cada pouco hai máis progresos e máis implicacións. O último que fixen foi crear unha Ning privada para dinamizar as TIC e tamén está a servir de punto de encontro entre todo o profesorado que estivo algunha vez no centro.

Responder esta

Como membro do colectivo Chiron, que agrupa a profesores de clásicas de todo o estado, quero dar a coñecer o noso espazo web, tamén dispoñible en galego (http://www.chironweb.org/gl), o que pode ser un exemplo de como buscar, clasificar e compartir recursos entre todo o profesorado. Anímovos a entrar e botar unha ollada ás diferentes ferramentas que empregamos: marcador social, wiki de recursos, planeta de blogs, galería de imaxes, vídeos, presentacións, e moito máis....!

Responder esta

En primeiro lugar, teño que recoñecer que descoñezo moitos dos aspectos dos que aquí se falan xa que, ata o de agora, polo que vexo, non fun máis aló que de servirme de internet para buscar recursos, páxinas con actividades para os nenos, e pouco máis. A día de hoxe, estou coñecendo un mundo totalmente novo para min grazas a realización dun curso (Elaboración de contidos educativos online, da plataforma "http://www.cigrede.interface.es") e a pesares de que me está levando máis tempo do que dispoño, aínda que non logre rematalo, estame resultando interesantísimo para a miña futura labor docente (ando cerca de que me chamen a sustituir). Baixo a miña opinión é unha verdadeira mágoa que os que dispoñen dos coñecementos necesarios os desaproveiten ou non se interesen demasiado por eles. No meu caso, como mestra de infantil (nenos entre 3 e 6 anos) penso que, ademais de axudar ó intercambio de experiencias cos demais profes e a polas en práctica cos nenos, tamén serviría para facer que as familias achegasen as súas vivencias, ideas... que contribuisen a enriquecer a calidade do sistema educativo. Non obstante, ¿poderíanme acercar/ensinar a algún destes recursos e ós principios básicos que me fosen de utilidade na Educación Infantil?.-

Responder esta

Coincido contigo que potencialmente está por desenvolver. Eu traballei o tema pero ainda sen utilizar redes sociais. Estas axudarían a manter contacto con outros alumnos e co grupo musical en My Space. Eu traballei o rap en clase de lingua: pasei información sobre a emigración e escoitaron ao grupo Dios Ke te crew co tema estranxeiros e logo fixeron frases rimadas.

Responder esta

RSS

Membros

  • germán
  • Ana Belén Saá Novo
  • alba
  • Fátima
  • GENIVAL FERREIRA DE MIRANDA
  • Ines
  • paula
  • Mª Carmen Peteiro
  • Mariana

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo