Respostas a este tópico

Unha experiencia en lingua: Contes del món

Responder esta

Máis experiencias desde o blogue (en construción) Obradoiro podcast

Responder esta

Ola. Grazas polas ligazóns. Teño curiosidade polo recurso do podcast, paréceme interesante.
Para a miña materia no lle vexo moita utilidade fóra do que son os aspectos técnicos, sen embargo si que me parece un recurso moi útil para as linguas, e anímovos a explotalo.
Hoxe en día a inmensa maioría dos mozos e mozas de secundaria teñen reprodutores de mp3 e teléfonos móbiles con esa función, que se poderían aproveitar para escoitar gravacións. Como repasas a fonética na túa casa diante dun libro de texto? Como preparas unha proba de audición? bueno, vós sodes os expertos, e creo que aí tedes un filón.

Responder esta

Que tal, María?
É un recurso magnífico para as linguas, abofé. Pero facer o alumnado unha planificación dunha exposición oral sobre, por exemplo, proxectos de tecnoloxía traballando tamén cuestións lingüísticas, ten enorme valor (e moitísimo máis, no noso contexto, ao desenvolver hábitos e competencias en galego). Iso faise nas vosas aulas, ou non? Pois se se pode mellorar o proceso ao incrementar a motivación, traballar a revisión, etc., por que non facelo?

Responder esta

Home, claro que se podería utilizar, o que pasa que o tempo non me chega para aplicar tódalas ferramentas que me gustaría. Para a documentación e exposición dos proxectos xa utilizo un montón de recursos (simuladores, open office, internet, fotografía, vídeo, etc), e se sigo metendo cousas o proxecto vaise basear só na exposición, e teñen que construílo e poñelo a funcionar!

Bueno, a miña curiosidade innata por todo tipo de trebellos lévame a apuntarme ao curso de podcast que se vai impartir no II encontro de edublogs en Compostela, así que a ver que saco de aí e a ver se se me ocorre algo. Animádesvos?

Pero insisto, é un delicto que os de lingua e música non o aproveitedes ;-)

Veña, desfrutade das vacacións.

Responder esta

Pois é.
Intentarei achegarme como oínte, se se pode, ao Encontro.
Boas e proveitosas vacacións!

Responder esta

Boas,
co gallo do podcast eu fixen os pinitos cos meus alumnos no curso 06-07 dentro dun proxecto que aunaba as TIC na Educación Física.

Proxecto:http://www.edu.xunta.es/contidos/premios/innovacion07/valores_democ...

Podcast:
http://www.edu.xunta.es/contidos/premios/innovacion07/valores_democ...

Os rapaces gravaban os seus contidos cos reproductores mp3 do centro en base a unha liñas temáticas sobre a saúde, os editaban co Audacity e os compartian cos demais ciclos.

Integramente feito por eles!

Responder esta

Proxecto ambicioso, parabéns. Mais a ligazón ao podcast non parece funcionar.

Responder esta

Botádelle unha ollada a isto: http://www.slidestory.com/
Trátase de facer audio-slides con fotos.

Responder esta

RSS

Membros

  • Ines
  • paula
  • Mª Carmen Peteiro
  • Mariana
  • Andrea
  • manufiles
  • Adriana
  • Sandra
  • GENIVAL FERREIRA DE MIRANDA

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo