rib

lingua e literatura: intercambio de experiencias e debate de temas

Informação

lingua e literatura: intercambio de experiencias e debate de temas

Para ensinantes, opositores, ensinantes -opositores, e calquera persoa por interese

Membros: 2
Última atividade: 18 Set

Foro de discusión

Criar um tópico

Ninguén adicionou un tópico até o momento! Adiciona un tópico para comezar.

Criar um tópico

Caixa de Recados

Adiciona un comentario

Você precisa ser um membro de lingua e literatura: intercambio de experiencias e debate de temas para adicionar comentários!

rib Comentário de rib em 11 maio 2009 às 21:35
Grazas por comezar :-) Estou de acordo. Nese sentido a rede, e a xenerosidade dos compañeiros, abre moitas portas; pero, aínda así, si é certo que se cadra, en galego sempre cómpre abrir máis...
A propósito da práctica docente e do libro de texto, copio aquí un fragmento dun texto da rede que contén a reflexión dun profesor de secundaria durante anos:
Un dos obxectivos fundamentais do meu traballo estivo en lograr que aboiase a conciencia de sermos galegos e galegas a través da exemplaridade da conduta, e cunha perspectiva analítica sobre o mundo desde nós. Consecuentemente non pratiquei nunca unha información de pretensións enciclopédicas. Recorrín a acoutar a realidade obxecto de estudo e aplicar un método coerente e accesíbel para a súa análise e interpretación. Tiven que ser autodidacta. Nas librarías podíanse achar as informacións que na universidade non me deron. Deste xeito, con contradicións e baleiros, a análise de textos literarios ou a aplicación de teorías gramaticais á lingua oral ou escrita foi novidosa pedagoxicamente, con resultados nos que gosto e razón podían estar aliados. Comprendín que era imposíbel ensinar aquilo que un mesmo non entendía perfectamente. Que era necesario acreditar na validez dos métodos coerentes, asumíndoos con relativismo crítico e só como unha ferramenta para aproximarnos á comprensión, no noso caso, de textos da literatura española, ou de manifestación orais ou escritas na nosa lingua ou en castelán. O prioritario foi traballar na aula, conectar o estudante coa materia. Era esencial o entusiasmo e a convicción sobre o que se ensinaba. A asistencia, o interese e o traballo tiñan que dar como resultado o maior número de aprobados. O nivel de esixencia mínima pode que non fose o do rigor excesivo. Porén, teño a certeza de que case ninguén consideraba aborrecíbel ou simplemente incomprensíbel a materia. Co método seguido, axudei a mozos e mozas descubriren a dignidade e a normalidade de sermos galegos e galegas, a restauraren usos lingüísticos na lingua do país. Agardo que as boas lembranzas, unidas tamén ao descubrimento de algo útil, dominen a consciencia do alumnado co que traballei.

Hoxe resúltame paradoxal a insistencia do sistema en aplicar o criterio de selección e de competitividade no ensino obrigatorio, mentres se laia, algo cinicamente, do grande fracaso escolar que existe. A moralina educativa fundaméntase na integración, na cooperación e na diferenza. En contraste aplícase, máis que nunca, o aprendizado a través de libros de texto eruditos, de abstraccións inintelixíbeis para a idade respectiva, co recurso memorístico irracional, adubiado todo co tótem informático. Só un apuntamento: de seren examinados os profesores, por sorpresa, do libro de texto que empregan, o resultado sería estarrecedor seguramente. Tampouco contribúe nada positivamente o que denominan avaliacións externas dos centros, concretamente as destinadas á OCDE. Non acabo de entender como se poden avaliar sistemas educativos diferentes, centros diferentes, aplicando os mesmos criterios e sacralizando resultados, sen termos en conta moitos factores que alonxan da mínima obxectividade ou utilidade as conclusións...
xosé carlos Comentário de xosé carlos em 10 maio 2009 às 3:57
Boas! buf, comezo eu o tema? na pratica docente un bota de menos romper co sacrosanto libro e ter a sua disposicion e de forma acesibel outras ferramentas: internet, cancions de hip-hop, traballos dos alunos sobre os seus mundos etc
 

Membros (2)

rib xosé carlos
 
 

Membros

  • Mª Carmen Peteiro
  • Mariana
  • Andrea
  • manufiles
  • Adriana
  • Sandra
  • GENIVAL FERREIRA DE MIRANDA
  • Román
  • aranne

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...
 

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo