Sabido é que os cursos de formación ofertados pola Consellería no que respecta ás TIC son absolutamente insuficientes. Incluso podería dicirse que, no caso de ter a fortuna de acceder a algún, ineficaces. ¿Formación nos centros de ensino?

Compartir

Responder esta

Respostas a este tópico

No meu caso particular, tardaron máis dun ano en concederme un curso de Platega a distancia. Mellor que non mo tivesen concedido nunca, porque a calidade do curso, o esquema de impartición do mesmo e os resultados para a miña práctica docente despois de facelo foron suficientes como para non volver solicitar ningún. A outro, tamén a distancia, obrigáranme a renunciar (non se poden facer dous a un tempo). Solicitei un presencial para formación de coordinadores TIC e, dous meses despois de ter rematado o curso aínda estou en reserva. ¿En conserva? Etc.
Non recibín nunca un comentario por parte de ningún/ningunha profesor/a do meu centro a respecto dun curso sobre TIC impartido pola Consellería de Educación que lles resultase de proveito.
En resume, e a expensas do que opinedes, a formación do profesorado en TIC por parte da administración, para min é practicamente inexistente.
¿Algún dato por aí?

Responder esta

Ao meu parecer, a formación a través de cursos non é propiamente tal e está encamiñada á consecución de horas para cubrir intereses (tal como está a situación, lícitos) meramente persoais. A verdadeira formación é a que se realiza de xeito colaborativo, nos centros e, por que non?, na rede. En calquera dos casos, deberiamos esixir un investimento decente, asesorías que non tivesen que dedicarse (nalgún caso que coñezo, ao 100%!!) a labores burocráticos, plans ambiciosos, recoñecemento máis alá das horas investidas (?), etc.
Para a formación a distancia e através de xornadas, é preferíbel acudir ás organizacións sindicais e MRPs, que teñen que cubrir as grandes deficiencias da Administración (ou vivir delas, segundo se mire).
Desde aquí, poderiamos concretar demandas a partir das necesidades compartidas.

Responder esta

Efectivamente, a situación da formación "recoñecida" pola administración é moi deficiente. E a formación de verdade non se recoñece. Estes grandes impedimentos distraen e incluso anulan as potenciais vontades formativas de moit@s profesores/as. E abocan á autoformación (de moi pouc@s). Estou de acordo na compartición e na análise das necesidades para concretarmos posibles demandas. Veremos que opinan tod@s.

Responder esta

Ola aos dous.
Ao igual que vos pasou a vós, a miña experiencia de formación nos cursos da administración foi máis ben negativa. En primeiro lugar, porque non consigo que me admitan nos que solicito e, en segundo lugar, porque creo que fallan varias cuestións naqueles aos que asistín:
1º A selección dos asistentes: non se miden os coñecementos reais que a xente ten das TIC e así, pasan cousas como que vaias a un curso e vexas como se desespera o ponente porque nos levou 1 hora!!! enviarlle un correo electrónico porque boa parte da xente non sabía. Sobra dicir que para inscribirse pedían coñecementos básicos. Claro que parte da xente só ía polos puntos e os demais perdemos de aprender moito.
2º Para evitar que a xente se apunte a estes cursos só polos puntos, habería que esixir que se recoñecesen outro tipo de méritos e resultados derivados da aplicación das TIC á docencia: elaboración de materiais, experiencias de aula... non contribúen (ou poden) á mellora da educación este tipo de actividades tanto (máis, penso eu) que calquera curso oficial; non é un traballo e unha dedicación que se deberían contemplar, por exemplo, para o concurso de traslados (ou para cátedras, con todas as reservas que teño con este tema)?
3º Que a administración estea levando inadecuadamente o tema da formación non debe significar que nós nos debamos contentar con irnos formando en entidades alternativas. É a súa obriga formarnos e a ela debe interesarlle máis que a ninguén. Daquela, non debemos renunciar a esixir unha formación de calidade, accesible e valorada. En relación con isto, e dado que acabo de rematar unha licenza na que aprendín moito, penso que tamén se debería esixir que se puidesen solicitar licenzas con máis frecuencia; agora é cada 8 anos; porque é unha boa oportunidade para aprender con calma e non se esqueza que un dos puntos que se valoran dos proxectos é a súa relación coas TIC.
4º As mellores experiencias de formación eu tívenas no meu centro, en grupos de traballo dos que nos ocupamos desde dentro e seleccionamos nós mesmos o persoal que impartía docencia. Con todo, o ano pasado asistín a un curso do CEFORE de Santiago no que houbo ponentes que me pareceron excepcionais; cito dous Xosé Manuel Bouzán e Xoán Carlos Albarellos; penso que as súas cualidades eran as seguintes: coñecían a realidade educativa dos centros, sabían de TIC pero tiñan claro que non se trata de formar expertos en TIC se non usuarios, tiña experiencia nas aulas con estas ferramentas e eran bos comunicadores. Daquela, a selección de persoal para a docencia da formación deberíase facer con SENTIDO COMÚN e non con outros criterios (que xa sei que eses cursos están moi ben pagos).
5º E darlle difusión a experiencias concretas e ao que se está facendo noutros lugares sería importante para que o profesorado deixase de pensar -por ignorancia- que a aula de informática é un lugar de recreo ao que se leva ao alumnado cando non se sabe que facer con el e cando non queremos que nos molesten para que estean entretidos.
6º Eu optaría en primeiro lugar pola formación nos centros pero paralelamente aumentaría a formación a través da rede, con asesorías que funcionen.

Responder esta

Moi certeira a túa intervención, Rosa. Contén dabondo elementos para a reflexión e incluso xa certo número de posibles conclusións, ás que agardo que cheguemos co tempo. Cómpre, de momento, seguir a recibir máis opinións, inda que teñan coincidencias coas xa expostas. Mais queda claro, dende o meu punto de vista, que a formación en TIC por parte da administración tardará moito, se é que chega, en estar á altura das necesidades. Daquela, vou propoñer no grupo de traballo das aplicacións didácticas das ferramentas web 2.0 unha subdivisión en (ou apertura de) novos grupos de traballo concretos sobre algunhas delas para procurarmos unha base de formación conxunta neste espazo. A ver que opinan @s demais.

Responder esta

RSS

Membros

  • César Viñas Piñeiro
  • GENIVAL FERREIRA DE MIRANDA
  • Xabier Camba Sanmartín
  • sergio
  • Carme Pernas Bermúdez
  • germán
  • Ana Belén Saá Novo
  • alba
  • Fátima

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo