Respostas a este tópico

Non sei a que material te refires. En principio, coa carpetiña o día da inauguración, deron un CD coa revista do CFR e algunhas experiencias de grupos de traballo de varios centros. Se te refires a material de ponencias ou cousa semellante, penso que non van publicar nin repartir nada.

Si que hubo algúns conferenciantes, os de Genmagic por exemplo, que deixaron algún material, un CD coas actividades do seu web, pero o CFR só o repartirá-copiará a aqueles que, individualmente, se interesen e pasen polo local. Eu, este si que o penso buscar, porque tamén os cataláns estaban interesados en buscar contactos ou persoas que queiran traducir as actividades ao galego (xa hai algunha no web).

Finalmente, houbo varios conferenciantes que indicaron enderezos onde deixaban as súas presentacións ou os enderezos dos seus web ou dos seus e-mail.

Se che interesa algo de todo isto ou precisas máis información, non tes máis que teclear e buscamos o sistema de seguirmos en contacto. Sobre todo, a historia de Genmagic, a mín paréceme moi interesante polas facilidades que dan. Todas as actividades están en formato flash, son de libre uso, e piden traductores e, aínda por riba, tamén piden ideas para realizar máis actividades. É dicir, calquera profesor dálles a idea e eles programan o flash.

Coido que é un sistema impresionante para dunha vez, ter recursos en varios niveis en galego.

Responder esta

RSS

Membros

  • alba
  • Fátima
  • GENIVAL FERREIRA DE MIRANDA
  • Ines
  • paula
  • Mª Carmen Peteiro
  • Mariana
  • Andrea
  • manufiles

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo