Intercambio de contas en Delicious e reflexión sobre as posibilidades educativas dos marcadores sociais.

Tags: delicious, marcadores

Compartir

As respostas para este tópico estão encerradas.

Respostas a este tópico

hola, a miña conta en delicious é http://delicious.com/pouso, son mestre de Educación física e esta pareceme unha moi boa ferramenta que non coñecía, xa que podeste suscribir a os temas que che interesen e compartir os descubrimentos de direccións interesantes con mestres da mesma materia e nivel polo que así compartimos os nosos coñecementos facendo máis doado atopar información na rede.
A miña conta en delicious é: http://delicious.com/afnear
Ata o de agora non sabía da existencia de ditos marcadores sociais, polo que síntome un tanto "torpe" neste tema, pero creo que estamos ante unha ferramenta máis que nos ofrecen as novas tecnoloxías da información, que pode axudar no proceso de ensino-aprendizaxe.
Paréceme un recurso fantástico para compartir recursos, páxinas de interese, información; polo que vai favorecer o noso traballo, así como á reflexión sobre a nosa propia práctica educativa.
A minha conta en Delicious é
http://delicious.com/mnteiro09
A verdade é que non conhecia este recurso da rede. Se cadra levoume máis tempo do que pensaba
entender todo o manexo dos marcadores sociais pero penso que vai ser moi útil a partires de agora.
Paréceme interesante tanto para profesores como para alunos. Compartir información deste xeito fai posíbel que poidamos achegar información que a nós nos interesa ou que nos valeu ou nos funcionou ben en algún momento cos alunos e que nos parece que pode ser útil a outros e ao mesmo tempo oferecenos a nós tamén a posibilidade de achegarnos á información que outros nos poden oferecer.
Entre o alunado pódense crear grupos de traballo: penso que é interesante para eles xa non só a nivel informativo senon tamén para introducir a idea de compartir e intercambiar traballos, ideas, páxinas que poidan ser do interese de todos...
A miña conta en Delicious é: http://delicious.com/paulabuxan

Eu son mestra Pt, ocórreseme unha actividade para realizar entre os mestres: teño un alumno con moitos problemas de relación cos demais, podería crear unha rede na que os mestres nos intercambiemos recursos e enlaces interesantes para traballar as habilidades sociais, a empatía, a autoestima, a asertividade.
Este tipo de ferramentas paréceme moi interesante para traballar calquer actividade, tanto para os mestres como para os alumnos.. Para a miña materia, que é música, ocúrreseme, que se poderían tratar actividades relacionadas coas diferentes épocas do ano, por exemplo, cancións e bailes do magosto, o nadal, a paz... polo que as actividades serían moito mais amenas e facilitaría moito o traballo. a miña conta é: http://delicious.com/labolgachina
Esta é a dirección a miña conta de Delicious.

Non coñecía esta ferramenta e me dou de conta da infinidade de posibilidades existentes na rede, ao alcance de todos e o noso descoñecemento das mesmas.
Eu son mestre de inglés nun CEIP e por suposto me parece do máis útil eso de compartir marcadores con outra xente por canto moitas páxinas interesantes as veces pasan desapercibidas se non atinamos ben con elas.
ola a miña conta de delicius é: http://delicious.com/ana_amougan, non conocía esta ferramenta de marcadores, e un uso que se me ocorre é o de potenciar o intercambio de páxinas webs e de información tanto entre os profesores dun departamento dun instituto como co resto dos institutos. Normalmente pérdese moito tempo na búsqueda de información e esta sería unha forma moi útil de axudarnos uns profesores a outros e así poder adicar máis tempo o perfeccionamiento nas actividades concretas
A miña conta delicious é a seguinte http://delicious.com/marta55

Nunca utilicei este tipo de recursos pero pareceme moi interesante para facer intercambios de información, obter información de persoas que teñen coñecementos dos contidos que sexan necesarios, para repartir traballo é ver o que cada un fai, para ver como funcionan as distintas ideas innovadoras e como podemos nos levalas a cabo, etc...
A miña conta de delicious é:http://delicious.com/natial
Nela incluín ligazóns a lugares de divulgación científica: blogs, revistas, museos virtuais e portais de noticias.
Unha posible aplicación destes marcadores sociais sería a creación dun network no que profesores de ciencias compartan ligazóns para empregar nas súas clases. Outra posibilidade sería a elaboración por parte do alumnado dun traballo de investigación dirixida na rede, marcándolle previamente nunha conta en delicious as ligazóns que nos interesa que empreguen e incluso a orde na que nos interese que o fagan.
son profesor de fisica e quimica, estou aberto a informacions, suxerenxias, etc sobre a fisica de particulas
quero enlazar o momento magnetico anomalo coa diverxencia infrarroxa atraves das enerxias propias como a enerxia dunha particula cargada como o electron, xa que o engadir no seu tamaño a lonxitude de onda compton apareceme a cte de estructura fina.
por certo a miña dirección en delicious e ............/gerardoaller
e unha ferramenta moi util podense compartir webs, proxectos, tics. a miña especialidade e a fisica e son profesor en secundaria. si queredes que forme parte do voso grupo de traballo a miña dirección en delicious e http://delicious.com/gerardoaller
Son profesora de F.O.L. e ei de recoñecer que son relativamente nova nestes temas, polo que me está a resultar custoso aínda que ei de recoñecer, que tamén interesante.
Ocórreseme a seguinta proposta vinculada cos marcadores sociais: No tema relativo as "Formas Xurídicas de empresa" proporeilles aos meus alumnos que consulten páxinas webs de institucións, asociacións, entitades, etc.que oferten axudas e subvencións para a creación de novas empresas. Cada a alumno atopara unhas determinadas, polo que o seguinte paso será que creen un network en delicious ao que pertencerán todos os alumnos, xurdindo deste xeito un importante punto de intercambio de información.
En canto a miña conta de delicious e a seguinte:

RSS

Sobre

dplingua dplingua criou esta rede social no Ning.

Membros

  • Yolanda Paderne Vázquez
  • jorge
  • jaime
  • Estela
  • José Manuel
  • Mª Patricia
  • Leticiab
  • Eva
  • sonia

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo