Despois dunha fin de semana de descanso que todos e todas necesitabamos, os docentes deste curso queremos felicitarvos polo traballo realizado.

Esperamos que continuedes actualizando o blogue creado no curso e profundizando nas ferramentas aprendidas. Anque agora o curso na plataforma interface estea pechado, o foro de dúbidas deste grupo continúa aberto para que platexedes as dúbidas que teñades.

Tede en conta que non chega con saber como usar todas estas feramentas, senón que cómpre unha reflexión sobre o seu uso pedagóxico, tal e como se fixo nos debates deste curso, nos que se amosaron interesantes propostas e aplicacións das redes sociais e publicacións en internet. Agora só falta que as levedes á práctica no voso traballo, e sigades aprendendo a manexar outras moitas ferramentas para a docencia que non se traballaron neste curso.

Tamén animarvos a seguir participando desta rede social para o profesorado galego, Ágora rede, participando en debates ou creando grupos de traballo por especialidades ou áreas de interese.

Un saúdo

Compartir

Responder esta

Respostas a este tópico

Ola, despois de participar no curso de "Recursos educativos on-line", no que aprendín moitas cousas útiles para traballar nas aulas, esquencín baixarme os apuntes en pdf, como creo recordar que estaban dispoñibles. ¿Podería facerme con eses apuntes dalgunha maneira agora, aínda que o curso teña rematado? Grazas.
O meu nome é Iria Cortegoso Otero e o meu e-mail é iriacortegoso@edu.xunta.es.

Un saúdo

Responder esta

RSS

Membros

  • Mª Celeste Alonso Sobral
  • César Viñas Piñeiro
  • GENIVAL FERREIRA DE MIRANDA
  • Xabier Camba Sanmartín
  • sergio
  • Carme Pernas Bermúdez
  • germán
  • Ana Belén Saá Novo
  • alba

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo