Propostas de uso na práctica docente.

Tags: audio, blogue, documentos, imaxe, vídeo

Compartir

As respostas para este tópico estão encerradas.

Respostas a este tópico

O meu blogue é: http://goretti222.blogaliza.org/
Vai dirixido os mestres e alumnos de infantil. Nel pódese atopar fotos de mascotas utilizadas para a UD as nosas mascotas, onde os nenos poden ver diferentes tipos de mascotas. tamén inclue unha paxina con actividades sobre as mesmas. Os videos utilizareinos na unidade de nadal para ensinarlles anuncios do nadal. a música é para a unidade de musica e ten musica variada para que escoiten diferentes tipos de musica. No blogue hai para os profesores información sobre as redes sociais e tamen hai unha paxina de recursos para utilizar na aula.
http://mercevs.blogaliza.org/

O meu futuro blog vai ir dirixido a estudantes de Educación Primaria e nel falaremos de actividades manuais e plásticas coas que os rapaces poidan fomentar a súa imaxinación e artes manuais.

A miña proposta consistirá en que mediante a publicacacións de videos de youtube ensinarlles aos rapaces a facer os distintos traballos e logo publicariamos os resultados no blogue mediante o uso de flickr para publicar as nosas propias fotos froito do traballo feito.
Este é o meu blog: http://anabeli.blogaliza.org/

O principio non o tiña moi claro, pero agora xa teño unha idea mais o menos clara de cómo vou usar o meu blog.
Estará dirixido principalmente os meus alumnos na EOI, aproveitarei para insertar fotocopias de cousas que quero que fagan ou lean, e así aforro fotocopias.
Tamén insertarei diversos listenings : entrevistas, anacos de películas, cancións.... para que practican a sua comprensión oral.
Incluirei artigos de interese para que practiquen a súa comprensión escrita.
E , en xeral, todo o que me veña a mente que lles pode axudar a practicar e mellorar o seu ingles. Intentarei meter tamén xogos ou actividades para que eles podan participar, e por suposto aceptarei calquera proposta que eles me fagan.
Para acceder ao meu blogue ide a http://mariapineiro.blogaliza.org/

No blogue que estou tentando crear teño pensado insertar contidos de interese para toda a comunidade educativa, desde docentes ata pais, pasando por todo tipo de alumnado (estranxeiro, neae…)

Espero que moitas persoas interesadas accedan a velo e a participara aportando ideas sobre cómo podemos mellorar o proceso de aprendizaxe e ensino.

Poderemos publicar fotografías obtidas dalgún obradoiro levado a cabo na clase, un vídeo dalgunha viaxe ou visita, etc.

Tamén considero importante a posibilidade de que pais e nais introduzan as súas impresións no blog, e para iso terán o seu espazo reservado, de xeito que poderán insertar vídeos, imaxes ou calquer documento.

A grandes rasgos, é a idea que teño do meu blog.
meu bloque é http://agorarede.ning.com/profile/Ana51
BLOG EDUCATIVO:

DESTINATARIOS: Comunidad educativa.

Os obxectivos son:

- Potenciar o desenvolvemento profesional do departamento de Educación Física. (Unha rede preocupada polo mesmos temas, potencia o intercambio de información e a construcción de coñecemento).
- Utilizar o blog como recurso de comunicación coa comunidade educativa onde se comenta e describe o que se fai no colexio, e concretamente dende o departamento de Educación Física.
- Emplear o blog, como un buzón de voz onde se poden dar ideas de unidades didácticas, propostas dos alumnos, discusións, comentarios…
- Considerar o blog como un medio de actualización rápiza e áxil permitindo a participación de todos: profesorado, pais, alumnos…
- Establecer un canal de comunicación informal entre o profesor e o alumno, promovendo a interacción social.
- Dotar ao alumno dun medio personal para a experiemntación do seu propio aprendizaxe.
-
Neste blog trataranse temas como:

- Actividades que se desenvolven dende o departamento de Educación Física: Programación dos diferentes cursos, actividades complementarias, actividades extraescolares, campeonatos, activiades puntuais, charlas…
- Propostas dos alumnos: clases, temas a tratar…
- Publicación de notas, traballos.
- Fotos e vídeos de diferentes activiades: coreografías, partidos, etc.
Un exemplo inmediato de aplicación na miña área de coñecemento (animación sociocultural) é construir un blogue de aula, no que @s alumn@s recollan e/ou elaboren contidos sobre, por exemplos, xogos cooperativos, xogos e cancións tradicionais, músicas do mundo, ..., traballando 'a posteriori' no propio blogue a partir dos posts, ou usando éstes na aula.
A estructura podería ser de simplemente de posts (debería ser un por cabeza, para non liar moito a visualización), ou ben crear unha páxina por alumn@, para que tivesen menos limitacións de espazo.

O meu blogue de prácticas (http://aggonzalez.blogaliza.org/) é iso, de prácticas, polo que, de momento, non ten moito que ver co exposto antes.
Sen dúbida deseñar un blogue e traballar con el nas clases pode ser moi rendible para o docente e para os estudantes. Non obstante, se ben fun tentada moitas veces coa idea, todavía non son quen de levalo á aula. Con isto non quero dar a entender que rexeite as TIC, todo o contrario: estou convencida de que poden ser uns bos aliados, diría máis, estanse a converter (se non o son xa) nunha das mellores canles de comunicación (tal vez a única sen ruidos?) cos estudantes actuais. Sen embargo, sinto que, polo momento, non as domino o suficiente como para metelas nas clases. Aínda diría máis: non me defendo ben co “sistema tradicional” de ensinanza (único que coñezo ao ser tamén o único que padecín/disfrutei) como para lanzarme ao ciberespacio!! Afondando máis nestes temores persoais, a esta falta de pericia como docente (como boa novata que son) súmase tamén a eiva (tal vez preguiza mental?) de ser pouco creativa e aventureira. Explícome un poco mellor: éme bastante difícil imaxinar actividades que fagan uso destas ferramentas mantendo a conherencia co que debería ser o traballo na rede (aprendizaxe colaborativa, resolución de problemas, traballo por tarefas...). Penso que traballar nun blogue non debe ser só un cambio de soporte: pasamos do papel á linguaxe multimedia. Ten que cambiar o tipo de actividade e as tarefas que se lle piden aos alumnos (estou a falar de competencias? Non mo podo crer!). En fin... Despois de facer esta pequena confensión terapéutica tentarei concretar un proxecto de traballo cun blogue e se me convenzo, quen sabe?, ao mellor me decido a facelo real/virtual.

En principio, máis alá de que un blogue persoal dirixido ao intercambio de ideas e experiencias con outros docentes sexa moi interesante e rendible (canta cousa util e estimulante teño atopado neles!), atráeme máis a idea de crear un blog de aula, o cal non quere decir que non estea aberto a participación de toda a comunidade educativa mediante comentarios ás anotacións do blogue. Son profe de lingua cástela e literatura e penso que conseguir que os rapaces escriban e intercambien opinións ligando máis de dúas ou catro palabras (son moi “lacónicos” e “sintéticos” os nosos estudantes, fan do principio de economía lingüística unha verdade de lei) xa sería en si mesmo un triunfo. Pensando pois no obxectivo de fomentar a súa expresión escrita e tamén coa finalidade de estimular o su pensamento crítico e creativo estructuraría o blogue, polo menos, en catro grandes categorías:

Animación á lectura mediante a apertura dun espacio no que os estudantes poidan publicar as súas propostas de lectura (voluntarias ou obrigatorias) e tamén facer crítica delas.

Comentario de noticias, fragmentos de películas, documentais... etc que, colgados no blogue por iniciativa da profesora ou do rapaces, poden ser obxecto de comentario libre ou dirixido. Poderíanse analizar así textos escritos (contido e forma) e, no caso das mensaxes audiovisuas, tamén aspectos propios da lingua oral e da comunicación non verbal, etc..

Escaparate público no que exhibir e celebrar os traballos individuais ou grupais feitos polos estudiantes. Tendo en conta o menosprezo xeneralizado que sofre a educación, non está demáis que fagamos visible cara afora, máis alá das catro paredes do centro, o noso esforzo e os logros do noso alumnado. Desta maneira o blogue quedaría aberto a toda a comunidade educativa. Terían cabida aquí os traballos nos que os alumnos empreguen audio, vídeo e imaxes de maneira combinada ou aillada (dramatizacións, lecturas expresivas, presentación de diapositivas nas que interactúen a palabra, a imaxe e o son...).

Espazo no que recomendar recursos dispoñibles na rede que poidan ser empregados polos alumnos para ampliar e reforzar determinados contidos da materia. No blogue poderíamos colgar tamén apuntes, actividades, etc. que o estudante, cando queira, e facéndose así responsable dunha parte do traballo, pode descargar para traballar onde queira. O emprego deste material poderá ser nalgúns casos obrigatorio, pero tamén facultativo e así os rapaces poderán ser xestores responsables dos seus progresos (un tanto utópico, non?, pero ao mellor algún hai e tal vez dándolle a coñecer os recusos...)

En fin, supoño que moitas cousas máis se poderíai facer. Un bo primeiro paso sería consultar aos rapaces (non é unha área de traballo para e con eles?) xa que estou segura que as propostas máis exitosas saerían deles mesmos. Haise que animar e probar xa que o movemento se demostra camiñando, non?

Veña ánimo que xa queda menos!! Certo é que o curso ten o seu traballo (non podemos cortar e pegar) pero estou segura que o tempo e o esforzo invertidos poder servir para algo. Sabemos e sufrimos cursos por aí que....

A dirección do meu blogue é http://monlofa.blogaliza.org/, pero vaia por diante que non é o blogue de aula que eu faría, senon que é unha práctica das operacións que nos propuñan nas actividades.
Montse, tes unhas ideas e unha iniciativa estupendas. Non sei como dis que non te sintes con soltura como para metelas nas clases. Podes perfectamente. Empeza con menos pretensións, con cousiñas pequenas, e pouco a pouco xa irás vendo como todo empeza a rodar.
Ánimo!
INVITOVOS A TODOS/AS A QUE VISITEDES O MEU BLOGUE: http://isa771982.blogaliza.org/
AQUI MOSTROVOS UN PEQUENO RESUMO DO QUE PRETENDO QUE SE CONVIRTA:

ISABARBELA BLOGUE

OBXECTIVOS:
 Proporcionar información actualizada é variada aos profesionais relacionados coa Ed. Infantil.
 Ser un canle de intercambio de información coas familias.
 Ser un centro de recursos dende o que se poderá acceder a outras ligazóns de interese.
PROPOSTAS DE USO DO BLOGUE
• DE XEITO XERAL:
O blogue ofrecerá unha serie de ligazóns relacionadas co mundo da Ed. Infantil que poderá interesar a colegas, familias e outros usuarios. Podería destacar: leislación educativa, páxina de recursos on-line, páxinas que ofrecen cursos de formación,…
Ademáis as categorías poderán acoller información ampla e variada como: música infantil, actividades que se levan a cabo coas crianzas, celebracións e novas en xeral.
• DE XEITO ESPECÍFICO:
Publicaranse documetos relacionadas con novas de actualidade do noso ámbito e outros documentos dirixidos ás familias (notas informativas, iniciativas que se van levar a cabo coas súas crianzas, recomendación,…).
Imaxes: despois de pedir o consentimento das familias, iremos publicando no blogue fotos das actividades que facemos na aula. Tamén podemos mostrar fotos do centro e do equipo educativo.
Videos: publicaremos videos relacionados coas actividades que estamos traballando e tamén videos de campañas publicitarias que poden ser de interese.
Audio: sobre todo, música. Música en galego, en castelán, infantil, clásica, contemporánea, popular,…
Hola, o meu blogue é o seguinte:
http://lauravinas8.blogaliza.org
Vai dirixido á comunidade educativa en conxunto, e en xeral a calquera persoa interesade en aprender pu practicar a lingua inglesa.
Trataremos todo tipo de temas relacionados coa materia de inglés.
Propostas concretas de utilización:
a) En xeral:
Faremos actividades de aula interactivas
Publicaremos algúns traballos de aula
Gardaremos un diario de aula (especialmente nas horas de titoría)
b)Máis concretamente:
Documentos: Por exemplo, utilizarei unha presentación en power point para repasar e introducir novo vocabulario relacionado coas prendas de roupa e as descripcións persoais (3º ESO)

Imaxes: Utilizarémolas en case todos os niveis, sobre todo como actividade de warm-up ou tormenta de ideas. Por exemplo, para os alumnos de 1º de Bac mostrarei fotos relacionadas con distintas costumes norteamericanas para poder facer unha avaliación inicial sobre este tema (vocabulario que xa dominan e contido)

Vídeos: Veremos unha parte dun famoso programa da tele Quiz-show (Do you want to be a millionaire?'), desta forma practicarán a competencia auditiva. Despois comentaremos o vídeo (básicamente vocabulario que aparece e as persoas que interveñen)

Audio: 2º BAC Escoitaremos a previsión do tempo. O presentador fala con acento irlandés, así veremos distintas variedades rexionais (non só a lingua estándar)
Ola!
O meu blogue, o do cursillo é u pouco un "remexido" por ir probando coas diferentes prácticas. Pero as miñas PROPOSTAS son:
-Blogue dirixido basicamente ao alumnado, aínda que tamén para dar a coñecer ao resto da comunidade educativa o que facemos nas clases de lingua inglesa. Eu estou básicamente no 2º ciclo, é un colexio bastante grande e a idea é que a profesora de inglés do 3º ciclo tamén participe- a profesoraque está en infantil e en 1º ciclo non está interesada-unha mágoa.
Queremos que todos os alumnos se sintan parte dun proxecto común e saiban o que fan os seus compañeiros.
-DOCUMENTOS: Publicación de traballados realizados polos distintos grupos, artigos interesantes en prensa, revistas...en lingua inglesa. Exercicios para revisar o que se traballa na aula.
-IMAXE-Publicación de pósters e demais traballos visuais realizados polos alumnos, vocabulario relacionado co que estamos a traballar, fotos de cidades que aparecen frecuentemente nos libros de lingua inglesa.
-AUDIO. Hai moitísimo materal interesante en inglés na rede, múltiples podcasts cos que traballar, escoitar falantes de lingua inglesa de diferentes países, cancións, contos e as propias gravacións dos alumnos cando facemos role-plays na aula, por exemplo.
-VÍDEO. Evidentemente Youtube é unha fonte case inagotable e moi atractiva para a clase de lingua inglesa e como non os propios vídeos gravados polos alumnos- role-plays, pequenas obras de teatro, playbacks.
Pretendemos que os alumnos participen, opinen, intercambien ideas, aporten ligazóns...nun medio que a eles lles encanta.
Por outra banda, o noso blogue terá ligazóns a páxinas ineresantes que aportan xogos, historias, cancións, rimas..... así como a outros centros que traballan con blogues.
O noso blogue ten un enlace na páxina web do cole e en principio é so para o departamento de inglés porque xa temos outro do equipo de ENDL.
É un proxecto ambicioso, pero ímolo intentar. Ademáis estamos a piques de empezar a traballar co Portfolio Europeo de Linguas no centro e o blogue será de gran axuda.
Deixovos a dirección do blogue do cursillo:
http://sunflower.blogaliza.org/
e tamén o que estamos a poñer en marcha no cole:
http://www.lacoctelera.com/englishforyou

Saúdos.
Para min o Blog é unha ferramenta potencial moi boa para usar na Educación dos nosos nen@s. Meu blog, ainda está en construcción, pódese ollar que nel tedes acceso a páxinaas educativas, RSS, imaxes... Está sen rematar debido á disponibilidade de tempo.

RSS

Membros

  • gerardoaller
  • Rosa Salgueiro
  • maria mercedes
  • Arantxa Porteiro
  • Gemma Mera Vázquez
  • ana belén
  • Mercedes
  • Isabel
  • Javi

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Música

Badge

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Você está offline Entrar no bate-papo