Propostas de uso educativo destas comunidades.

Trátase de que fagades propostas concretas de utilización das redes sociais na práctica docente. Pensade nalgunha actividade relacionada coa vosa especialidade e nivel educativo, para levar a cabo na escola ou intituto.

Exemplos:

Grupo de lectura nunha rede social do centro

Para axudar ao alumnado na elección de libros de lectura decidimos abrir un grupo de lectura nunha rede social creada para o centro. Na rede informarase periodicamente das novidades que se adquiren na biblioteca, así como información sobre as actividades que se realizan.
Ao rematar a lectura dun libro o alumnado pode participar no foro e facer un pequeno resumo do argumento e expoñer a súa opinión persoal, e o resto de alumnos e alumnas que despois leran o libro tamén farían a súa valoración. Dese xeito temos un foro no que o alumnado dun mesmo nivel pode consultar opinións dos seus compañeiros e compañeiras sobre o libros dispoñibles na biblioteca, e facilitar a elección da seguinte lectura.

Intercambio

O departamento de inglés está organizando un intercambio cunha cidade irlandesa. Antes do intercambio desexan que o alumnado dos distintos centros se coñeza entre si, e elixiron crear unha rede social e implicar a outros departamentos. Esta rede social utilízase para a comunicación entre o alumnado, mellorando a súa competencia lingüística. Aproveítase, ademáis, para intercambiar información sobre a historia, xeografía e costumes dos entornos dos dous centros.

Engade ti a túa proposta de utilización.

Tags: foros, redes

Compartir

As respostas para este tópico estão encerradas.

Respostas a este tópico

Coma profesor de lingua castelá e literatura vexo nunha rede social unha ferramentea idónea para poñer en contacto a rapaces de mundos diferentes (por exemplo rapaces de zonas mariñeiras de Pontevedra ou da Coruña con rapaces da montaña luguesa) que terían que desenvolver as súas competencias comunicativas no seguinte proxecto. Recollida de contos, cancións ou tradicións da súa zona e discusión sobre o significado, función, orixe, parecidos e diferenzas,... das mesmas.
Creo que as redes sociais son unha ferramenta moi potente. Con ela podemos interaccionar cos alumnos e algo moi importante cos profesores da mesma ou outras materias.
Unha maneira de interaccionar co alumnado é a través dun blog, nel podemos propor os nosos alumnos exercicios, páxinas web de interese,... Ademais de ser unha forma de comunicación con eles. Estes blogs tamen serven de vía de comunicación con outros docentes xa que nos podemos ver o que outros profes coma nos fan, e así, obter ideas e tamén o noso traballo servirá para aportar ideas.
Na miña opinión, as redes sociais abren un inmenso abano de posibilidades educativas que os docentes debemos aproveitar. Algún de vós apuntaba como handicap para o seu emprego o dominio da ferramenta, pero pensade que a día de hoxe case o 100% do noso alumnado as emprega e as coñece. iso sí, a nosa laboura consistirá en demostrar aos rapaces que estes instumentos serven para moito máis que para "chatear cos colegas". Permitenlles, desde calquera lugar, facer traballos en común, compartir todo tipo de información e arquivos multimedia, comentalos en tempo real, etc.
Hai dous anos traballei cos meus alumnos de bacharelato nun proxecto chamado "O latín segue vivo" que consistía en recoller durante dous meses na prensa escrita aforismos latinos para logo elaborar un mural onde reflexábamos os usos destas expresións latinas explicando o seu significado. Hoxe ocúrreseme que este traballo podería prantexarse a través dunha rede social, utilizando a prensa dixital para facer as búsquedas e presentando o resultado final nun blogue, por exemplo
A continuación describo un posible exemplo de utilización de rede social no ensino das matemáticas, a miña especialidade, ainda que se podería extrapolar a calquera outra materia.
A posible utilización das redes sociais no ensino das matemáticas podería ser unha na que os alumnos dun mesmo nivel dun centro poidan compartir as dúbidas que poidan atopar cando están estudiando solos na casa. Nesta rede incluso podería participar o profesor aínda que o realmente importante sería que fosen os propios alumnos os que se axudasen fomentando o compañerismo, o papel do profesor limitaríase a casos moi complicados que os propios rapaces non fosen capaces de resolver. Ademais, tamén se lle podería dar un carácter lúdico introducindo o profesor algún acertixo matemático que os alumnos teñen que resolver na rede.
Traballo de investigación histórica mediante un caso ficticio:

Para a clase de Ciencias Sociasis de 4º da E.S.O: dividimos a clase en catro grupos que actuarán como investigadores mediante a defensa dunha postura concreta en relación a un caso ficticio. A partires dunha nova non real pero que potencialmente podería ser real (por exemplo, "Estoupa a III Guerra Mundial"), introducida na rede social polo mestre, cada grupo, identificado cunha postura, defenderá os seus intereses aportando distintos datos, reflexións, argumentos apoiados en datos e feitos históricos...A web permitirá que cada grupo elabore o seu dosier intoducindo videos, presentacións, anuncios, textos...ao tempo que posibilitará unha comunicación fluida mediante o foro e un seguimento efectivo (elaboración das actividades nos tempos establecidos).
Grupo de 6º de Educacion Primaria nunha rede social co instituto adscrito

Para axudar ó alumnado de 6º de primaria que este curso pasaría ó instituto adscrito, decidimos crear unha rede social co instituto en cuestión. Na rede informarase ó alumnado de 6º das actividades programadas hacia eles de cara á mellor integración no instituto. Ademáis poderan estar en contacto co alumnado do IES, para compartir experiencias e aclarar as súas dúbidas.
Grupo de prácticas de laboratorio
Por exemplo, en 2º de bacharelato, neste curso as prácticas para a materia de Bioloxía son obrigatorias. Se podería crear unha rede social na que os compoñentes de cada grupo intercambiasen entre sí as dúbidas e resultados de cada unha das prácticas e mesmo cos membros dos outros grupos. Se colgarían ligazóns e lecturas relacionadas adicionais de consulta e información para facerlles ver que as prácticas non rematan no instituto senón que teñen algunha utilidade e plasmación na vida real. Por exemplo: desnaturalización da clara de ovo.
Acabo de ler o que escribistes como resposta a este tópico e a inmensa maioría coincidimos, por unha banda, na potencialidade das redes sociais para a xestión da información e a transmisión de coñecemento e, pola outra, na carencia de recursos en moitos dos Centros Educativos para servirse das TIC´s.
Para min ademáis destas vantaxes gustaríame destacar o caracter aberto que teñen as actividades que conlevan a utilización de TIC´s. O fluxo de información entre alumnos e docentes xa non se rexistre ao horario lectivo e cada un pode decidir onde e cando é mellor dedicarse a resolver a tarefa asignada. Algo impensable anteriormente.

En canto á proposta didáctica.
Penso que na rama de linguas estranxeiras, especialmente inglés, existe tanta información que ás veces non é sinxelo distinguir bos enlaces educativos doutros. Neste contexto é especialmente útil unha rede social configurada tanto por docentes como por discentes que enumere e valore diferentes recursos gratuitos dispoñibles na rede - "software libre"- que sexan especialmente eficaces á hora de exercitar unha capacidade.
Por exemplo un docente podería dar unha listaxe de webs motivantes para traballar a comprensión lectora e os alumnos aos que van dirixidas poderían encargarse de valoralas a través da súa propia experiencia.
A especialidade que se corresponde cos meus estudios sería Mantemento de vehículos. A miña proposta é:

Grupo para o montaxe dunha caixa de averías sobre a maqueta do motor TDI con inxector bomba.

Como profesor do módulo de "Sistemas auxiliares do motor", xunto con outros profesores de diferentes centros de Formación Profesional, que tamén recibiron como donación dunha multinacional este ano un motor de última xeneración dotado de inxector bomba, decidimos abrir un grupo de traballo na rede, para compartir información entre os diferentes centros sobre o montaxe dunha caixa de averías sobre a maqueta recibida.
No foro os alumnos publicarán por un lado as interrupcións ou cortocircuitos que se poden xenerar sobre a instalación da maqueta, así como os defectos de funcionamento que se poden observar no sistema.
Logo todos participarán aportando os diferentes camiños que seguiron para resolver os problemas plantexados, así como os datos obtidos nas medicións ou comprobacións realizadas sobre a maqueta.
Deste xeito os profesores e alumnos paraticipan en conxunto, aportando opinións e solucións, para construir unha caixa de averías homoxénea para todas as maquetas o cal é moi importante, xa que dicen que "mais ven catro ollos que dous" e así ademais de ser a mellor posible, será igual en todos os centros sin distinguirse en función do interese, alumnos, profesores, etc... Ademais contarase con moita documentación sobre probas e problemas que logo se poden atopar ao traballar nas mesmas.
A idea do intercambio pareceme moi boa, canto mais se aprende e tendo contacto coa lingua a aprender no seu ambito natural. Por eso as redes sociais son unha boa ferramenta para o uso do inglés de forma comunicativa e natural.S nalgúns casos hai alumn@s que non poden viaxar a rede social da a posibilidade de comunicarse na lingua extranxeira.Eu como profesora de lingua estranxeira, poñeria en practica o grupo de lectura peor os comentarios e anotacions serian en inglés. Tamén seria boa idea facer un grupo de traballo sobre cancions e intercambiar opinions, e informacion na rede social.
COIDO QUE NO MOMENTO NO QUE ESTAMOS A VIVIR NON TEN SENTIDO LIMITARNOS A COMPARTIR EXPERIENCIAS E SABERES COS QUE TEMOS MAIS PRETO DE NOS, SENON QUE DEBEMOS RACHAR CON HORIZONTES FISICOS E RECOLLER AS APORTACIONS DOS NOSOS COMPAÑEIROS MAIS LONXANOS. DENDE QUE COMECEI CON ESTO DAS REDES SOCIAS COMO UNHA FERRAMENTA CLAVE PARA A MIÑA MELLORA PROFESIONAL NON DEIXA DE SORPRENDERME O ALTRUISMO E A CAPACIDADE DE COLABORACION E DE COMPARTIR QUE AMOSA ESTE COLECTIVO.
PARA APROVEITALO, NON CONTAMOS CON RECURSOS MELLORES QUE OS QUE CITAMOS, ESPECIALMENTE EN PROFESIONAIS COMO OS DA ORIENTACION OU APOIO, QUE NA MAIORIA DAS VECES SE ENCONTRA CON NON TER COMPAÑEIROS DE ESPECIALIDADE NO CENTRO
Sen dúbida as redes socias oferecen tanto ao alunado como ao profesorado un grande abano de posibilidades. Como comentades algún de vós que traballades con linguas (como eu tamén son de linguas resúltame máis sinxelo falar desde a minha experiencia) resulta de grande axuda botar man das TICs no proceso de ensino-arendizaxe dunha lingua. Eu tiven unha boa experiencia traballando cun grupo de rapaces ingleses e galegos. É un xeito de motivar ao alunado porque vai descubrir que a aprendizaxe dunha lingua ten unha aplicación real e que ademais pode ser divertido. O feito de que hoxe en día nas redes sociais que se estabelecen se empreguen cada vez máis xeitos virtuais de comunicación fai que resulte imprescindíbel que isto se aplique ao ensino. Iso si, tamén concordo con vós en que a falta de recursos condiciona que se poida levar a cabo de maneira efectiva.

RSS

Membros

  • Cristina
  • natalia lago garcia
  • MARÍA
  • Xabier Camba Sanmartín
  • Javier Ameneiro Montero
  • Mónica Martínez Baleirón
  • Miguel
  • Mª DEL MAR PUMAREGA CEREIJO
  • David Touceda Bugallo

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo