Propostas de uso educativo destas comunidades.

Trátase de que fagades propostas concretas de utilización das redes sociais na práctica docente. Pensade nalgunha actividade relacionada coa vosa especialidade e nivel educativo, para levar a cabo na escola ou intituto.

Exemplos:

Grupo de lectura nunha rede social do centro

Para axudar ao alumnado na elección de libros de lectura decidimos abrir un grupo de lectura nunha rede social creada para o centro. Na rede informarase periodicamente das novidades que se adquiren na biblioteca, así como información sobre as actividades que se realizan.
Ao rematar a lectura dun libro o alumnado pode participar no foro e facer un pequeno resumo do argumento e expoñer a súa opinión persoal, e o resto de alumnos e alumnas que despois leran o libro tamén farían a súa valoración. Dese xeito temos un foro no que o alumnado dun mesmo nivel pode consultar opinións dos seus compañeiros e compañeiras sobre o libros dispoñibles na biblioteca, e facilitar a elección da seguinte lectura.

Intercambio

O departamento de inglés está organizando un intercambio cunha cidade irlandesa. Antes do intercambio desexan que o alumnado dos distintos centros se coñeza entre si, e elixiron crear unha rede social e implicar a outros departamentos. Esta rede social utilízase para a comunicación entre o alumnado, mellorando a súa competencia lingüística. Aproveítase, ademáis, para intercambiar información sobre a historia, xeografía e costumes dos entornos dos dous centros.

Engade ti a túa proposta de utilización.

Tags: foros, redes

Compartir

As respostas para este tópico estão encerradas.

Respostas a este tópico

Unha aplicación práctica das redes sociais para a miña materia, informática, sería, por exemplo, a creación de blogues persoais ou participación en foros por parte do alumnado sobre temas propostos na clase. Un tema que podería propoñerse sería, por exemplo, "Trucos Windows e teclas de acceso rápido". Cada alumno participaría incluíndo algunha funcionalidade ou atallo de teclado que use a diario e que sexa de gran utilidade.
As redes sociais teñen moitas posibilidades, probablemente, moitas máis das que se me podan ocorrer, pero a nivel profesorado, son moi importantes para que a información sexa fluída dentro dun mesmo departamento, aportando ideas os uns aos outros, e tamén o vexo moi útil, para casos de docentes, con centros compartidos, onde non acaban sendo de ningún, e precisan dunha axuda extra para poder manterse correctamente informados.
Iniciei hoxe as prácticas deste curso. Estou moi verde nas TICs, e estame costando moito avanzar. Por momentos penso que non serei quen de rematar o próximo venres. Partindo das miñas carencias, valoro moito as aportacións que as TICs, no seu conxunto, poden supoñer no ámbito educativo. Pero é certo que esta mellora no ensiño vese limitada pola carencia de medios nos centros educativos.
Os usos e aplicacións permiten a comunicación entre o profesorado e facilita o tránsito de información desesada ao alumnado.
As novas tecnoloxías son o presente e o fúturo. Unha das facilidades máis importantes que ofrecen as redes sociais, según a miña opinión, é a motivación e interese que lle produce a maioria dos xovenes de hoxe en día. Isto sería unha potencialidade da utilización redes sociais no ensino. Además ofrecenos a posibilidade da comunicación e intercambio de información entre institutos de diferentes lugares e tamen entre profesor e alumno para aquelas dúbidas e ideas que non foran resoltas en clase.

Unha proposta de utilización na miña especialidade, fisica-quimica, sería a creación dunha rede social para que distintos alumnos de institutos de todos os lugares do mundo, colgaran as suas experiencias nesta materia, os diferentes traballos que realizan o longo do curso, opinións, libros e películas recomendados e relacionados ca materia, dúbidas que se realizan o profesor e mesmo a outros alumnos, para que se respondan entre elas,....
Con isto conseguiriamos que os alumnos se sentisen motivados o ver as diferentes formas de tratamento da fisica-quimica noutros institutos ou noutras partes do mundo, diferentes prácticas que poderiamos levalas a cabo,....
Obtes información mais interese do alumno porlo tema.
As redes sociais son unha ferramenta moi útil no ensino e serven para que o alumnado se relacione tanto entre sí coma co resto do profesorado.
Eu son profesora de matemáticas e a miña proposta é que se forme un grupo de exercicios de distintos niveis en función da súia dificultade e que os alumnos poidan acceder a eles e resolvelo de forma colaborativa así todos aprenden e o profesor pode ir corrixindo os erros cometidos nos plantexamentos que se vaian realizando.
É un bo modo de estudar e de aprender.
Un saúdo.
A potencialidade destas redes é moi grande, xa que a grande maioría dos nosos alumnos as coñecen e as usan na súa vida cotiá. Deste xeito o seu aproveitamento na docencia é un xeito de provocar o interese cara a materia ou contidos correspondentes.

Na miña especialidade, matemáticas, unha proposta didáctica para o uso destas redes sería a posta en marcha dun foro de discusión aberto aos alumnos. O foro estaría dedicado á materia e nel os alumnos poderían poñer as súas dudas, recibindo así o docente un interesante "feedback" sobre o nivel académico da clase e sobre donde están máis floxos os alumnos. As respostas daríanse tanto no foro coma as veces na propia clase.
Intercambio de opinións e comunicación directa entre mestre e alumno. Penso que é un bo medio para que os alumnos se desenvolvan e aprendas novas formas de comunicarse co mestre, ademaís de poder colgarlles partituras, cancions ou documentos e que o mesmo tempo eles poidan velos dunha maneira sinxela, participar, ver as opinions do resto de compañeiros, comentar dubidas...
Intercambio de opinións e comunicación directa entre mestre e alumno. Penso que é un bo medio para que os alumnos se desenvolvan e aprendas novas formas de comunicarse co mestre, ademaís de poder colgarlles partituras, cancions ou documentos e que o mesmo tempo eles poidan velos dunha maneira sinxela, participar, ver as opinions do resto de compañeiros, comentar dubidas...
As potencialidades das redes sociais aplicadas o ensino son moi variadas:
- Permiten a interacción entre os integrantes da comunidade educativa fóra dos horarios lectivos.
- O emprego das novas tecnoloxías fai a prendizaxe máis atractiva para o alumnado.
- Facilita a coordinación de grupos de traballo e o intarcambio de información entre grupos ou entre os integrantes dun dos grupos.
- Estimulan o intercambio de información e opinións ente os integrantes da rede.
Estas son só algunhas das posibilidades que se me ocorren agora que estou comezando a tomar contacto con este tipo de redes, seguro que hai moitas máis. Un dos inconvintes que teñen de momento no noso entorno é que non sempre os rapaces teñen equipos informáticos axeitados ou unha boa conexión a internet.
Desde a miña área de inglés vai posibilitar que os meus alumnos se comuniquen en inglés real con falantes de inglés real de outros países. Tamén facilitará a posibilidade de intercambio ou actividades entre ambos. Para min como docente, podo intercambiar experiencias e material con profesores nativos ou de outras areas, o que sen dúbida mellorará a metodoloxía
As redes sociais no ensino proporcionan tanto ao alumnado coma os docentes unha infinidade de posibilidades e recursos. Permitindo unha maior interacción e interconexión entre os membros das redes, favorecendo os intercambios de información, recursos...

RSS

Membros

  • Rexina Vega
  • iván
  • Pilar Ponte
  • Angel Antonio
  • Revolta da freixa
  • Diego
  • Marta
  • xulia
  • María

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo