Propostas de uso educativo destas comunidades.

Trátase de que fagades propostas concretas de utilización das redes sociais na práctica docente. Pensade nalgunha actividade relacionada coa vosa especialidade e nivel educativo, para levar a cabo na escola ou intituto.

Exemplos:

Grupo de lectura nunha rede social do centro

Para axudar ao alumnado na elección de libros de lectura decidimos abrir un grupo de lectura nunha rede social creada para o centro. Na rede informarase periodicamente das novidades que se adquiren na biblioteca, así como información sobre as actividades que se realizan.
Ao rematar a lectura dun libro o alumnado pode participar no foro e facer un pequeno resumo do argumento e expoñer a súa opinión persoal, e o resto de alumnos e alumnas que despois leran o libro tamén farían a súa valoración. Dese xeito temos un foro no que o alumnado dun mesmo nivel pode consultar opinións dos seus compañeiros e compañeiras sobre o libros dispoñibles na biblioteca, e facilitar a elección da seguinte lectura.

Intercambio

O departamento de inglés está organizando un intercambio cunha cidade irlandesa. Antes do intercambio desexan que o alumnado dos distintos centros se coñeza entre si, e elixiron crear unha rede social e implicar a outros departamentos. Esta rede social utilízase para a comunicación entre o alumnado, mellorando a súa competencia lingüística. Aproveítase, ademáis, para intercambiar información sobre a historia, xeografía e costumes dos entornos dos dous centros.

Engade ti a túa proposta de utilización.

Tags: foros, redes

Compartir

As respostas para este tópico estão encerradas.

Respostas a este tópico

Estou de acordo en que as redes sociais posibilitan o intercambio e o coñecemento de múltiples coñecementos. No ensino creo que debemos vivir no presente e atualizarnos constantemente e unha boa maneira de facelo é co emprego destas ferramentas porque son cómodas, rápidas e amosan unha infininidade de posibilidades.
Como profesora de educación infantil, o uso educativo destas ferramentas permítenme compartir experiencias e traballos con outros compañeiros e centros.
As características dos alumnos nesta etapa esixen grande variedade de actividades que estas ferramentas nos proporcionan. Por outra banda resultan moi motivadoras para eles. Ademáis axúdanos a levar a cabo proxectos en común con outros centros, por exemplo, o proxecto lector.
Eu son mestra de lingua inglesa e estas ferramentas parecenme esenciais no ensino da Liguas Estranxeiras, xa que nos achegan a unha realidade á que non temos acceso: gravación de falantes nativos-podcasts, publicacións, contos, contactos con outros centros de diferentes países do mundo.
Tanto os blogues coma as páxinas webs `permiten este constante contacto e intercambio de información. A colanoración entre centros de distintos países de Europa a, a través do proxecto e-Twinning sería impensable sen utilizar este tipo de ferramentas.`
Por outra banda, o uso dun blogue de linguas permítenos un contacto máis extenso cos alumnos e con outros profesionais.
Youtube é unha inagotable fonte de recursos e os Delicious son realmente útiles, unha forma de compartir as cousas interesantes que atopas na inmensidade da Rede. Polo tanto, un gran potencial pero cun uso axeitado . Non é usar as TICs porque sí, senón para facer cousas que doutro xeito non poderiamos. O importante é unha proposta clara detrás do seu uso.
Ola!Eu son profe de inglés e considero que estas ferramentas son moi interesantes para aprender calquer idioma. A través de redes sociais os alumnos poden percatarse de porqué é necesario o estudio dun idioma e tamén levar a cabo a súa práctica. Normalmente, só empregan o inglés en clase e pouco máis e deste xeito comprenderían a súa utilidade. Tamén unha forma de aprender é xogando e a través da internet ofrécense moitas actividades motivantes como, por exemplo, as webquests.Considero que hai moito máis de positivo que de negativo.
Na miña opinión, as Redes Sociais son moi útiles, xa que permiten o contacto con outros Centros, or exemplo e o intercambio de experiencias, tanto entre o alumnado como entre o profesorado!!!!
Como mestra de Educación Infantil esta posibilidade podería permitir a participación das familias na escola, xa que é un tema reinvindicado por moitas delas.
Dende a educación primaria amplía as posibilidades para que os alumnos descobran o gusto pola lectura, participando dunha nova forma e entretida de compartir opinións, e a posibilidade de coñecer a outros compañeiros de distintos colexios, cidades, países, etc.
En mi departamento las usamos para la organización del profesorado, pedidos, compras etc
Na miña opinión as redes sociais son unha ferramenta fundamental para o ensino . Fan que o acceso ós contidos sexa máis atractivo para os nosos alumnos e alumnas e facilitan o achegamento de docentes e alumnado ás Tics. A través delas podemos intercambiar informacións , non só dentro do noso centro senón entre varios centros distintos de calquera cidade do mundo.
seria moi axeitada a utilizacion destas ferramentas on line para traballos de investigacion en pequenos grupos, de tal xeito que poidesen realizar o traballo en determinadas webs escollidas. tamen se pode utilizar para intercambiar outras actividades entre os diferentes profesionais, en fin a sua utilidade e moi grande
Teño duas propostas: a primeira está relacionada coas actividades do alumnado no centro ó longo do curso. É dicir poñer á disposición dos alumnos un espazo para que eles mesmos poidan organizar as actividades para os días de festa. A miña segunda proposta concerne directamente ó meu departamento, que é o de francés, pero que é extensible ós outros departamentos, consiste en que os alumnos poidan propoñer os contidos que lles interesan, por exemplo cancións ou temas concretos como a gastronomía para ser traballados no aula.
Aínda que o aproveitamento do uso das novas tecnoloxías da información e a comunicación no ensino non é plenamente coñecido por todos os membros da comunidade escolar (profesores na súa maioría), nin todos os centros están ben equipados para elo, non cabe dúbida que facilitan moito o acceso á información para alumnos e profes, podendo compartir experiencias enriquecedoras doutros compañeiros, contidos educativos que foron útiles e atractivos para os alumnos, e o mellor, penso eu, permite actualizar todos estes elementos con asiduidade, o que nos axuda a estar continuamente ó día das novedades na nosa profesión para o mellor aproveitamento do tempo.
Ola de novo:
Espero que pouco a pouco lle vaia collendo o xeito para así poder acceder deste xeito á información da que se dispón.
Esto axudarame moito á chegar a páxinas de actividades, contidos e información moi rápido porque ó estar
todas en paquetes faise máis doado chegar ós medios, incluso as podemos aproveitar para a PDI.
Tamén é importante saber elaborar as nosas propias actividades e podelas compartir co resto da comunidade.

RSS

Membros

  • Ana   Mª  Rodriguez Lomba
  • Francisco  Castro
  • ISABEL GARCÍA BARREIRO
  • Nacho
  • Natalia
  • Lourdes
  • Ventura
  • Eva
  • Cristina

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo