Neste espazo tedes que dar a coñecer as vosas contas en delicious, coa intención de que o resto de participantes do curso as coñezan e vos poidan incluír no seu network se lles interesa. Para introcucir unha ligazón tes que seleccionar o texto, clicar na quinta icona (cadea) e introducir a URL da conta.

Ademáis, imos facer propostas concretas de utilización dos marcadores sociais no ensino. Pode ser tanto para o uso do profesorado como para o alumnado.

Por exemplo:

En tecnoloxía de 4º de ESO estamos a estudiar o tema de tecnoloxías da comunicación. Aparte das montaxes prácticas, o alumnado ten que elaborar en equipo un traballo (wiki) sobre o funcionamento dos distintos dispositivos utilizados ao longo da historia. O primeiro paso é marcar nunha conta en delicious as ligazóns de interese que atopa e, a partir dela, repartir a tarefa e elaborar o traballo. As etiquetas que deberán utilizar son, como mínimo: comunicación, radio, televisión, TDT, internet, telegrafía e GPS.

En clase de matemáticas imos facer uns exercicios de estatística mediante a folla de cálculo. Cada grupo de alumnos e alumnas debe recompilar os datos necesarios para o traballo elixido. Por exemplo, os datos meteorolóxicos da comarca durante dúas semanas, coma temperatura, presión, humidade, etc. En primeiro lugar márcanse as ligazóns necesarias para a recollida de datos e, a partir delas, vanse recollendo diariamente os datos para a elaboración das estatísticas.

O profesorado de educación primaria desexamos dispoñer de recursos de xogos e actividades interactivas para traballar co alumnado. Mediante a ferramenta de marcadores sociais delicious un grupo de mestras e mestres creamos un network no que imos engadindo ligazóns clasificadas (matemáticas, lingua, ciencias naturais, etc), para poder botar man deles e utilizalos nas nosas clases.

Compartir

Responder esta

Respostas a este tópico

Realizar un traballo co grupo clase de lingua inglesa. Para guiar aos alumnos daremos uns marcadores (britishcouncil, macmillan, oxford) para que os alumnos accedan por eles ás diferentes páxinas e así realizar as actividades, xogos e incluso imprimir diferentes fichas de exercicios para practicar o vocabulario.

Responder esta

Eu creo que cos marcadores sociais podemos elaborar un montón de material sin ter a necesidade de levalo cada vez que o necesitemos xa que o podemos consultar dende calquer ordenador. É tamén un bo método de estudio para os alumnos. Creo que sería interesante poder crear un grupo de traballo en delicious por exemplo onde cada un aporta o seu material e as suas impresións e onde todo o mundo o pode consultar. Esa é polo menos a miña intención cando remate este curso.

Responder esta

A miña conta en delicious é http://delicious.com/piteiro. Deixe esta práctica case para o final, quería coñecer todo un poquiño máis, e séntome sorprendida de tódalas cousas que podemos facer, a pena é que a maioría dos docentes no coñezan esta ferramentas para poder traballar con elas, tanto personalmente como na aula. Unha das mil cousas que podemos facer e propoñer un tema os nosos alumnos e que eles investiguen diferentes páxinas da web e que as colgen no correspondente apartado para que os demáis compañeiros podan visitala e coñecerla

Responder esta

BODIA e BOA FINAL DE SEMAN,

Estou sorprendido da facilidade de atopar informacion de interese coas Redes Sociais, creo son un instrumento de Alta utilidade.

http://delicious.com/ogemoises (creo é a miña URL en Delicious), tamen se pode atoparme pondo o nome de usuario (ogemoises).


Proposta: Crear Rede Social no Grupo de Tic(1ºBACH), coa finalidade de facer un mapa conceptual do que significa o termo "TIC".

GRACIAS a SEGUIR BEN

Responder esta

eSTÁ MOI BEN ESTO O QUE PASA É QUE O PROFESORADO NON ESTAMOS PREPARADOS, PASMOS O TEMPO ESTUDIANDO TEMAS PARA AS OPOSICIÓNS E O REALMENTE IMPORTANTE É AVANZAR COAS NOVAS TECNOLOXÍAS POSTO QUE OS TEMAS ESTÁN NOS LIBROS E PODEMOS ACUDIR A ELES CANDO QUEIRAMOS, ESTAMOS A ANOS LUZ NO EMPREGO DAS REDES SOCIAIS, PRECISAMOS FORMACIÓN E EU ESTOUME ENREDANDO DEMAIS CON ESTE CURSO

Responder esta

Boas a todos, quixera compartir con vos a miña conta en Delicious que ven sendo:

http://delicious.com/fcotelo

Na miña opinión, os marcadores sociais son un recurso moi útil tanto para a práctica docente coma para o desenvolvemento de actividades por parte do alumnado.

Na práctica docente resulta moi proveitoso poder coñecer e acceder a recursos empregados por outros docentes e dos cales ó mellor non se tiña coñecemento. Da mesma maneira, eu podo compartir recursos ou facer propostas que a min me están a funcionar moi ben servindo de axuda a moitos outros para complementar ou amenizar as súas sesións. A creación de grupos de traballo entre docentes permitiría ademais o impulso dunha innovación constante na metodoloxía, actividades, recursos, etc. facilitando a achega dos contidos de maior complexidade ó alumnado da forma mais motivadora.

Unha das posibles actividades a desenvolver sería:

Na materia de Bioloxía e Xeoloxía de 2º de Bacharelato, cando se estudia o bloque adicado ás biomoléculas, formaríanse grupos de traballo cos alumnos centrados en atopar enlaces de interese para cada tipo de moléculas (glícidos, lípidos, proteínas, etc.).
Con posterioridade, os compañeiros non incluídos dentro do no noso grupo de traballo poderán ir puntuando os diferentes enlaces en función do útiles que lles resultasen. Ó rematar o bloque, deberíase elaborar unha pequena weblografía cos mellores enlaces en cada unha das unidades didácticas.

Un saúdo.

Responder esta

A miña conta en Delicius é: http://delicious.com/fellicit
En canto ó tema dos marcadores, considero que son un valioso instrumento á hora de contactar con xente da miña especialidade (audición e linguaxe), para poder compartir páxinas de interese en canto a materiais, metodoloxía, técnicas de intervención...

Responder esta

A miña conta de delicious:

http://delicious.com/nagalo

A min paréceme que estaría moi ben o uso dos marcadores sociais por exemplo para compartir enlaces entre profesores (con praza ou sen ela) de páxinas web con informacións a cerca de cursos, traballos, etc. nos que poder conseguir puntos ben de cara a oposicións ben de cara a beneficios dentro da ensinanza do propio profesorado.

Responder esta

A miña conta está: http://delicious.com/mecastroglez
Como mestra de Educación Primaria penso é moi util o emprego de marcadores, dado que así poderei crear un grupo de traballo con diferentes profesionais e compartir materiais educativos, así como experiencias con outros docentes da nosa mesma especialidade. Esta ferramenta permite ter case un acceso ilimitado a unha gran diversidade de materiais e recursos educativos entre mestres que se atopan a miúdo a moitos kilómetros de distancia e que pertencen a distintas culturas, o que posibilita o intercambio educativo e cultural entre mestres e alumnado.

Responder esta

A miña conta de delicious: http://delicious.com/mccid
En educación infantil os marcadores serían útiles entre profesores para compartir recursos, enlaces de interés e manter en contacto os distintos espazos educativos creados por nós. . Ademáis resulta moi útil dispoñer dos teus marcadores aínda que cambies de cole a miúdo.

Responder esta

RSS

Membros

  • germán
  • Ana Belén Saá Novo
  • alba
  • Fátima
  • GENIVAL FERREIRA DE MIRANDA
  • Ines
  • paula
  • Mª Carmen Peteiro
  • Mariana

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo S. Libre

Carregando feed

Foro do grupo Webs dinámicas

Carregando feed

Foro do grupo Introdución...

Carregando feed

Foro do grupo Recursos...

Carregando feed

Foro do grupo Aplicacións...

Carregando feed

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo