Neste espazo tedes que dar a coñecer as vosas contas en delicious, coa intención de que o resto de participantes do curso as coñezan e vos poidan incluír no seu network se lles interesa. Para introcucir unha ligazón tes que seleccionar o texto, clicar na quinta icona (cadea) e introducir a URL da conta.

Ademáis, imos facer propostas concretas de utilización dos marcadores sociais no ensino. Pode ser tanto para o uso do profesorado como para o alumnado.

Por exemplo:

En tecnoloxía de 4º de ESO estamos a estudiar o tema de tecnoloxías da comunicación. Aparte das montaxes prácticas, o alumnado ten que elaborar en equipo un traballo (wiki) sobre o funcionamento dos distintos dispositivos utilizados ao longo da historia. O primeiro paso é marcar nunha conta en delicious as ligazóns de interese que atopa e, a partir dela, repartir a tarefa e elaborar o traballo. As etiquetas que deberán utilizar son, como mínimo: comunicación, radio, televisión, TDT, internet, telegrafía e GPS.

En clase de matemáticas imos facer uns exercicios de estatística mediante a folla de cálculo. Cada grupo de alumnos e alumnas debe recompilar os datos necesarios para o traballo elixido. Por exemplo, os datos meteorolóxicos da comarca durante dúas semanas, coma temperatura, presión, humidade, etc. En primeiro lugar márcanse as ligazóns necesarias para a recollida de datos e, a partir delas, vanse recollendo diariamente os datos para a elaboración das estatísticas.

O profesorado de educación primaria desexamos dispoñer de recursos de xogos e actividades interactivas para traballar co alumnado. Mediante a ferramenta de marcadores sociais delicious un grupo de mestras e mestres creamos un network no que imos engadindo ligazóns clasificadas (matemáticas, lingua, ciencias naturais, etc), para poder botar man deles e utilizalos nas nosas clases.

Compartir

Responder esta

Respostas a este tópico

A miña conta en delicious é http://delicious.com/cormelana aínda que sigo sen entender que é iso da icona da cadea...
Penso que a maioría da xente non apreza até onde poden chegar as posibilidades deste tipo de ferramenta ´para o ensino. Así e todo, as limitacións en certas áreas xeográficas (no rural, por exemplo, onde boa parte do alumnado non ten acceso a internet desde o seu fogar) limtan estas posibilidades para o uso do alumnado fóra da aula. Como ferramenta para a interrelación entre o profesorado é simplemente perfecta: os marcadores sociais permítennos crear os nosos propios cventros de información para as diferentes áreas de xeito que o material, ademais de estar ao dispór do alumnado, é compartido por todo o profesorado en cada área de interese, e isto mellora substancial e paulatyinamente a calidade da información que aparece nas páxinas.

Responder esta

Miña conta en delicious: http//delicious.com/margalia

Unha proposta de marcadores na materia de Inglés sería crealos para ás diferentes úrls clasificándoas en
actividades para alumnos con necesidades especificas
tests
grammar theory
Vocabulary... etc
Así todos os profesores poderían compartir diferentes urls

Responder esta

Responder esta

Parece-me que o mais importante dumha conta como deliciuus é que por exemplo para alunos que estudem umha língua, podem ir introduzindo todos os marcadores necessários para estruturar todo o material dado baixo diferentes etiquetas vocabulário, gramática; ou por temas de trabalho: transportes, cidade, convites, tempos livres, etc

Responder esta

A miña conta de delicious é: http://delicious.com/larryman8

Como mestre de educaión infantil considero util a utilización de marcadores, xa que de esta forma poderei crear un grupo de traballo con persoas cos meus mesmos intereses ( Educación Infantil) de esta forma poderemlos compartir marcadores de diferentes temas. Facilitandonos o acceso a paxínas os uns a os outros.

Responder esta

Ola, a miña conta en delicious é: http://delicious.com/beacurso09 e respecto das propostas de utilización dos marcadores sociais no ensino, penso que son útiles para poñerse en contacto con xente cos teus mesmos intereses (e isto vale tanto para o profesorado como para o alumnado) e poder compartir diferentes experiencias.

Responder esta

Esa utilización que comentas corresponde máis a unha rede social ca unha ferramentas de marcadores, no que o único que se intercambian son ligazóns a diversos sitios de internet. Podes compartir experiencias con delicious? Pode ser, pero non sería a ferramenta máis axeitada para facelo.
Como usarías ti delicious na túa práctica docente?

Responder esta

Penso que delicious podería moi útil para, por exemplo, crear un network sobre o tema da convivencia no que poder intercambiar materiais, actividades, programas de diferentes Comunidades Autónomas,etc permitíndonos poñer en práctica todos eses coñecementos cos nosos alumnos.

Responder esta

A miña conta é: http://delicious.com/javiercarral

Nun traballo de investigación ou nunha wiki podo pedirlles aos alumnos-as que inclúan nunha conta de delicious as páxinas que empregaron para facelo; ou ben para eses mesmos traballos podo presentarlles as páxinas que teñen que empregar para facelo.

Os profesores dun departamento poden compartir os seus enlaces preferidos e mesmo os profesores de todo o centro.

Responder esta

A miña URL de Delicious é:

Responder esta

Atopo esta utilidade moi útil por que os usuarios marcan os recursos, de tal modo que os recursos máis útiles son marcados por máis usuarios. É unha forma de medir a utilidade dos recursos mellor ca que proporcionan outros sistemas. A miña conta é http://delicious.com/Veronicarubio.

Responder esta

Responder esta

RSS

Membros

  • Mª Carmen Peteiro
  • Mariana
  • Andrea
  • manufiles
  • Adriana
  • Sandra
  • GENIVAL FERREIRA DE MIRANDA
  • Román
  • aranne

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo