Ademáis do correo interno e foro que ofrece a plataforma interface, se o desexades, podedes consultar a través de aquí as dúbidas que teñades sobre os contidos do curso.

Compartir

Responder esta

Respostas a este tópico

Ola, non entendo o de "Para introcucir unha ligazón tes que seleccionar o texto, clicar na quinta icona (cadea) e introducir a URL da conta." A que se refire co da quinta icona, cadea? Quinta icona que está ONDE? Tamén me resulta custoso que a páxina de Delicious só estea en inglés. Xa sei que o inglés é a lingua internacional e blablabla, pero éo proque todos facemos o mesmo: escoller as webs en inglés, por exemplo. Sei galego, castelán, portugués, francés... Non haberá outra? Grazas

Responder esta

Ola.
Para introducir ligazóns (cousa que se aborda realmente na unidade seguinte) aquí:

A quinta icona empezando pola esquerda, con forma de elo ou cadea.
Para Delicious, achégase un glosario cos termos fundamentais no tema. Tamén se pode navegar por ese sitio cun tradutor automático como http://desarrollo.imaxin.com:7000/ (en Navegación e tradución). E é que non todas as aplicacións web teñen versións nas diferentes linguas que manexamos (e Delicious é unha desas), pero soen ser bastante intuitivas. En castelán tes, por exemplo, http://www.mister-wong.es/ , pero con funcionalidades un tanto distintas.

Responder esta

Eu debo ter ben pouca intuición porque mira que me costou andar por delicius.

Responder esta

non eres a única eu ainda tou perdida, son incapaz de facer nada!!!!!!!

Responder esta

Se tedes dúbidas debedes preguntalas para que os docentes poidamos axudarvos.
Dicir "estou perdida" non soluciona nada.

Hoxe parece que a plataforma está colgada e non podemos corrixir. En canto poidamos entrar corrixiremos as prácticas pendentes.

Responder esta

Ola , non sei como facer para crear a conta en Delicious. Donde podo miralo, nos contidos non atopo nada. Grazas

Responder esta

Está no tema de marcadores sociais. Tema 2 da unidade 1.

Responder esta

gustaríame preguntar esta dúbida por correo, pero como leo na intervención á que respondo é imposible acceder; pero...
non hai posibilidade de acceder aos contidos doutro xeito que non sexa cigrede? (inda que non poidamos enviar as prácticas) porque me gustaría poder ir adiantando pero sen os contidos faiseme moito máis complicado rematar as prácticas da unidade 2.

Responder esta

Na unidade de "presentación do curso" hai un apartado de "descargas"
Podes descargar dende alí os temas en pdf

Responder esta

pero o problema é que non podo entrar en cigrede.interface.es porque me di que inda está en mantemento. onte á noite entrei pero agora volve a estar na mesma. así que non podo ir á unidade "presentación do curso". pero en canto me permita entrar descargo, porque é un montón de tempo perdido esperando para coñecer a corrección das prácticas enviadas e para facer as novas!

Responder esta

xa conseguín entrar. agora non vou pechar a páxina en todo o día.

Responder esta

O vídeo titorial escóitase fatal, teño ao máximo o volume do portátil e apenas escoito a voz. Poderiades solucionalo?

Responder esta

RSS

Membros

  • GENIVAL FERREIRA DE MIRANDA
  • Ines
  • paula
  • Mª Carmen Peteiro
  • Mariana
  • Andrea
  • manufiles
  • Adriana
  • Sandra

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo