Presenta aquí o teu blogue, indicando a URL, a súa temática e a quen vai dirixido.

Fai propostas concretas de utilización das ferramentas vistas nos contidos do curso.

Estes son algúns exemplos:

Imaxes:

Nun traballo de ciencias naturais ou de coñecemento do medio, o alumnado deberá facer un traballo de investigación sobre as árbores e prantas do entorno. Nunha saída ao exterior do centro, e tamén o propio alumnado no entorno da súa vivenda, debe sacar fotografías das árbores e prantas que atopa. Despois de clasificar e seleccionar por grupos as fotografías atopadas, deberá crear un álbum en Flickr co nome correspondente e unha descrición de cada unha das prantas. Logo publicarase unha secuencia no blogue da aula.

Vídeos:

No programa de televisión "El Hormiguero" realízanse diariamente experimentos científicos, pero non explican como funcionan e por que se producen ditos fenómenos. Estes vídeos ligaranse dende o blogue e unha vez á semana eses vídeos visualizaranse en clase, e o alumnado deberá debater sobre as razóns científicas que conducen a eses resultados, atopando, coa axuda do profesorado, unha explicación científica aos mesmos.

Documentos:

En educación infantil, a mestra elabora e publica no seu blogue presentacións para aprender vocabulario, inserindo imaxes de diversos temas. Unha presentación sobre as partes do corpo humano, outra sobre animais, outra sobre os números, etc. Mediante a visualización en clase utilizando un proxector ou un encerado dixital o alumnado debe ir identificando as imaxes e nomeándoas correctamente. Estas presentacións compártense en internet con outras mestras e mestres, creando un banco de recursos útiles para usar en clase.

Audio:

Desde o Equipo da biblioteca queren fomentar a lectura aproximando ao conxunto do alumnado as obras que están a ter mellor recepción. Por iso, xunto con determinados departamentos do Centro, créanse grupos de alumnos/as encargados de facer reseñas orais daqueles libros que máis lles gustaron. Estes grupos deben elaborar un breve guión no que apoiarse á hora de gravar as intervencións e no que recollan unha serie de datos, como quen é o autor, por que lles gustou, a quen llo recomendarían especialmente, etc. Esas gravacións aloxaranse logo no blogue da biblioteca acompañadas dunha imaxe do libro.

Fai ti as túas propostas concretas de utilización.

Compartir

Responder esta

Respostas a este tópico

A url do meu blogue é a seguinte:

http://nagalo.blogaliza.org/

Eu adicaría o meu blogue para levar un seguimento das actividades que se realizan na aula e en concreto, utilizaría as fotos para publicar debuxos, murais, traballos manuais, etc. dos alumnos nos traballos que conleven esa actividade. Asímesmo utilizaría para o mesmo fin, ter un medio de almacenamento online, a publicación dos documentos con SlideShare, por exemplo.

En canto ós vídeos e ós audios estarían máis orientados á actividade xeral do centro, publicando ós vídeos das actuacións dos alumnos nas celebracións escolares, de días sinalados que se celebren dunha forma especial no colexio, etc.

Responder esta

O meu blog é una ferramenta para o traballo da aula da materia que imparto no ciclo de grado superior de Sistemas e Aplicacións Informáticas. En principio vai ser un sitio onde vou colgar apuntes principalmente de hardware e sistemas operativos en distintos formatos, como poden ser documentos de word, pdf; videos explicativos dos distintos compoñenetes de un sistema informático, imaxes.
Tamén se colgarán ligazóns a novas de interese sobre os temas tratados.
Este sería o principio una vez cos alumnos estén familiarizados con esta ferramenta a idea e facer un blog para a aula na que os alumnos participen de forma activa, e na que poidan colgar e baixar documentos, videos, etc. A finalidade e facer una pequena aula virtual e incluso compartila con alumnos do mesmo ciclo de outro instituto, colacando temas de interese para os alumnos como novidades, ofertas de traballo, convocatoria de bolsas, etc.
o meu blog é: http://sarfei.blogaliza.org/

Responder esta

O meu blogue: http://nieves1.blogaliza.org

Está dirixido aos alumnos de inglés do meu centro. A temática estaría relacionada cos diferentes contidos tratados na aula. Nun primeiro momento exercería como un complemento didáctico, aínda que podería ir tomando relevancia pouco a pouco.
Os rapaces poderían atopar aqui ligazóns ou anotacións relacionadas cos temas, actividades, xogos, presentacións, archivos de audio e video que axudarían a desenvolver os contidos da materia e reforzar ás aprendizaxes.

En canto a exemplos específicos para o uso dos diferentes archivo, teño estas propostas:

- Documentos:Usariamos as presentacións para introducir os novos temas ou contidos, as personaxes coas q imos traballar ou/e o vocabulario.

- Imaxes: publicariamos fotos de paises, cidades ou persoas famosas ou relevantes de fala inglesa, para coñecelos un pouco máis e achegarnos a súa cultura. Os videos tamén serían parte importante neste proceso.

- Videos: publicariamos un video de animación ( ou outro tipo, adecuado a idade) relacionado coa temática ou contidos tratados na aula para despois facer actividades diversas sobre o que acabamos de ver.

- Audio: para realizar exercicios de listening, ben sexa con cancións, dialogos ou outro tipo de discurso, dos que teñan q completar ou sacar algunha información. No caso das cancións, terian a oportunidade de escoitalas sempre q quixeran, practicando asi o listening, pero tamén a producción oral ( cando a cantan ).

Responder esta

Este é o meu blogue:
http://gladys.blogaliza.org/
O meu proxecto iría adicado a aprendizaxe da lingua estranxeira(inglés)
IMAXES:
Os nenos teran que buscar imaxes de distintas celebracións propias dos paises de fala inglesa e facer unha secuencia de imaxes no que se inclua que se esta celebrando en cada unha, desta maneira profundizaran un pouco mais na cultura deses paises.
VIDEOS:
Para traballar co video propoño que creemos un video no aula representando (por grupos) as distintas celebración e despois colgaremolos no blogue de maneira que eles mesmos vexan a sua capacidade para expresarse en lingua inglesa. o mesmo tempo o feito de actuar e verse actuando resultalles moi motivante.
DOCUMENTOS:
Cada un dos grupos fara un breve escrito sonre unha celebración que será publicada no blogue.
AUDIO:
Cada grupo creará un arquivo mp3 no que falaran sobre a sua celebración. Posteriormente utilizaremolo como actividade de escoita e comprensión xa que todos deberan respostar a un cuestionario baseado nos contidos dos arquivos de mp3.

O mesmo tempo o Blogue serve de espazo para compartir actividades ou propostas para outros mestres que poderan ver no que traballan os nosos nenos e propoñer melloras, modificacións ou novas ideas.

Responder esta

O blogue que teño en mente e que de feito foi o que diseñei ao longo das distintas prácticas propostas está adicado ao tratamento das TICs na Educación infantil, con dúas finalidades. En primeiro lugar deseñeino para os mestres, para que poidamos reflexionar sobre distintas propostas, actividades, materiais novos, metodoloxías, uso das TIC...; e por outra banda tamén para que os nosos alumnos podan participar nas actividades que se propoñan, nos xogos que se engadan, nos contos, webquests, etc.; é dicir, admite amplias posiblidades. Epor suposto tamén estará aberto a toda a comunidade educativa, para que os pais podan observar o que se fai dendo o centro, as actividades que propoñemos e como non, participando tamén nelas. Deste modo pretendemos abrir a escola a toda a comunidade educativa, e que por suposto esta se introduza na escola.

Concretando un pouco máis o tratamento de documentos permitiranos por exemplo cando esteamos a traballar sobre os animais, poder crear un proxecto sobre os animais, escollendo en pequenos grupos a investigación sobre un determinado animal e poder realizar un pase de diapositivas con información sobre os aspectos nos que esteamos traballando e incluso poder incluir os debuxos ou imaxes que vaian elaborando os nenos xunto co texto. Tamén podemos escoller calquera outro tópico (corpo, alimentación, estacións, auga...). Unha vez publicado poderemolo mostrar aos nosos alumnos xunto con una presentación na PDI, e traballar sobre os aspectos que alé recollemos.

En canto as imaxes, seleccionaremos imaxes novamente relacionadas cun aspecto como pode ser a lectoescritura, os números, etc. que observen no seu entorno ou tamén durante unha saída. Faremos fotografías desas imaxes, as compartiremos na conta de por exemplo Flickr, ordeándoas, editándoas, creando así un album de imaxes; e por último publicarase no blogue para estar ao alcance de toda a comunidade educativa, e tamén podemos presentarlla aos nosos alumnos na PDI para que as identifiquen e relacionen co lugar onde se atopan ou poden atopar letras e números no noso entorno (tanto unha rama de árbore que ten forma de 3, como dun carte, onde figure o seu nome ao quitarlle certas letras, por exemplo).

A publicación de videos sen dúbida e un recurso moi interesante, xa que podemos grabar festivais, celebracións especiais, experimentos, recetas de cociña... infinidade de experiencias; creando así un video propio sobre un aspecto que lle pode resultar moi útil a outros membros de escolar ou centros foráneos para que coñezan as nosas experiencias; e tamén gústalles moito aos nenos poder verse xogando, bailando, traballando, en definitiva disfrutando como se estivesen nunha película. Por tanto temos a opción de filmar, editar e publicar os nosos propios videos.

A posibilidade de engadir audio tanto a comentarios, diapositivas, videos, etc. resulta unha actividade moi divertida para os nenos da educación infantil. Sen dúbida a posibilidade de grabarse por exemplo narrando un conto ao que logo lle poñen imaxes realizadas por eles mesmos é unha actividade cun enorme potencial nesta etapa. Logo podemos presentar esta actividade con un conto creado por os nosos alumnos para que a coñeza todo o mundo que entre no noso blogue.

Resumindo e para non liarvos máis, estes catro recursos empregaríamoslos todo o equipo de ciclo da educación infantil, creando un blogue dedicado a esta etapa, que estivera ao alcance de outros docentes, tamén de membros da comunidade educativa, e nalgunhas ocasións tamén dos nosos alumnos, creando eles tamén actividades e por suposto disfrutando dos resultados.

Responder esta

O meu blogue chamado INGLÉS NA AULA vai dirixido a toda a comunidade educativa. Empregado para a publicación de documentos de exercicios prácticos; imaxes, videos e audios en Inglés que o alumno e ensinante poderá visitar para o seu proveito. As Imaxes poderán estar relacionadas con fotos de paises anglófonos e outras reseñas culturais deses lugares.

Responder esta

O meu blogue persoal é http://semprengaliza.blogaliza.org/. Vai dirixido aos alumnos do ciclo de Fotografía Artística, pero tamén a todos aqueles que se interesan polo mundo da imaxe.

A miña idea sería crear tamén un foro no cal os alumnos falarían sobre os problemas que xurden cos traballos e as dúbidas que poidan ter sobre o explicado na aula. Sería moi positivo porque poderían solucionar os pequenos atrancos que ás veces fan que os traballos se retrasen ata poder consultar a dúbida persoalmente co profesor.

Sería moi interesante que os alumnos fixesen un blogue de aula no cal amosar os seus traballos -individuais ou colectivos-(realizando unha escolla selectiva das súas mellores fotos) que serían comentados e votadas polos seus compañeiros. Se fose posible, poderían participar os alumnos do resto das escolas de Galiza. Este traballo serviríalles para cando teñan que buscar traballo e precisen a habilidade de saber cales son as súas mellores fotos.

Responder esta

Esas necesidades non chas vai cubrir ben un blogue (cando menos, o foro non), senón máis ben unha rede social.

Responder esta

Como fixen sen darme conta a práctica a medias volvo a retomala. Creei un blogue dedicado de momento unicamente a lingua francesa e elaborado para os docentes e os alumnos interesados en aprender e en ensinar o francés. Digo que de momento porque a miña intención é a de poder amplialo a toda a xente interesada no francés en canto a lingua e a civilisación. Polo de agora, só teño pensado poñer actividades e material pero máis adiante quero poñer texto e enlaces sobre Francia e sobre os paises francófonos. Así que non o dudedes e visitalo.

O meu blogue é: http://sismundi.blogaliza.org

En canto a práctica,propoño para o meu blogue o seguinte:

imaxes: sería interesante poder elaborar cos alumnos toda unha galería de fotografías dos paises francófonos para que todo o mundo os puidese coñecer aínda sen habelos visitado.

documentos: en formato de documentos, traballaremos e subiremos todalas actividades e material que teñamos. Tamén subiremos algún texto falando da francofonía para que a xente saiba en qué consiste e qué paises a forman. Este útlimo texte lles servirá os alumnos como traballo de busca de información tanto en internet como nos libros da biblioteca.

vídeos: cos videos grabaremos entrevistas en francés e tamén mini series de televisión na procura da familiarización co idioma e o auto aprendizaxe. A maioría dos videos virán sutitulados para poder facilitar ainda máis o aprendizaxe do alumno.

audio: traballaremos sobre a elaboración de audio onde grabaremos mini diálogos para poder familiarizar a xente co francés e permitirles a escoita a todolos que o queiran escoitar.

Responder esta

O obxectivo principal do meu blogue é ter un acceso rápido a determinados recursos para desenvolver as tarefas no aula, pro exemplo vídeos para a hora das pelis;audios para os tempos de cantos, bailes.
No meu caso iría dirixido ao traballo no aula con alumnado de Educación Infantil. Os temas que espero ter son: Videos: de interese para o traballo no aula, de disfrute, das saídas co alumnado, das actuacións e a súa preparación.
Audios: cancións populares, infantís, de relaxación, ..
Imaxes: de interese para determinados temas por exemplo as estacións, secuencias de actividades que requiren un proceso, feitas polos cativos/as.

Responder esta

RSS

Membros

  • César Viñas Piñeiro
  • GENIVAL FERREIRA DE MIRANDA
  • Xabier Camba Sanmartín
  • sergio
  • Carme Pernas Bermúdez
  • germán
  • Ana Belén Saá Novo
  • alba
  • Fátima

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo S. Libre

Carregando feed

Foro do grupo Webs dinámicas

Carregando feed

Foro do grupo Introdución...

Carregando feed

Foro do grupo Recursos...

Carregando feed

Foro do grupo Aplicacións...

Carregando feed

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo