Presenta aquí o teu blogue, indicando a URL, a súa temática e a quen vai dirixido.

Fai propostas concretas de utilización das ferramentas vistas nos contidos do curso.

Estes son algúns exemplos:

Imaxes:

Nun traballo de ciencias naturais ou de coñecemento do medio, o alumnado deberá facer un traballo de investigación sobre as árbores e prantas do entorno. Nunha saída ao exterior do centro, e tamén o propio alumnado no entorno da súa vivenda, debe sacar fotografías das árbores e prantas que atopa. Despois de clasificar e seleccionar por grupos as fotografías atopadas, deberá crear un álbum en Flickr co nome correspondente e unha descrición de cada unha das prantas. Logo publicarase unha secuencia no blogue da aula.

Vídeos:

No programa de televisión "El Hormiguero" realízanse diariamente experimentos científicos, pero non explican como funcionan e por que se producen ditos fenómenos. Estes vídeos ligaranse dende o blogue e unha vez á semana eses vídeos visualizaranse en clase, e o alumnado deberá debater sobre as razóns científicas que conducen a eses resultados, atopando, coa axuda do profesorado, unha explicación científica aos mesmos.

Documentos:

En educación infantil, a mestra elabora e publica no seu blogue presentacións para aprender vocabulario, inserindo imaxes de diversos temas. Unha presentación sobre as partes do corpo humano, outra sobre animais, outra sobre os números, etc. Mediante a visualización en clase utilizando un proxector ou un encerado dixital o alumnado debe ir identificando as imaxes e nomeándoas correctamente. Estas presentacións compártense en internet con outras mestras e mestres, creando un banco de recursos útiles para usar en clase.

Audio:

Desde o Equipo da biblioteca queren fomentar a lectura aproximando ao conxunto do alumnado as obras que están a ter mellor recepción. Por iso, xunto con determinados departamentos do Centro, créanse grupos de alumnos/as encargados de facer reseñas orais daqueles libros que máis lles gustaron. Estes grupos deben elaborar un breve guión no que apoiarse á hora de gravar as intervencións e no que recollan unha serie de datos, como quen é o autor, por que lles gustou, a quen llo recomendarían especialmente, etc. Esas gravacións aloxaranse logo no blogue da biblioteca acompañadas dunha imaxe do libro.

Fai ti as túas propostas concretas de utilización.

Compartir

Responder esta

Respostas a este tópico

En canto á realización dun blogue de aula poderíase facer unha publicación das actividades máis interesantes levadas a cabo na aula ón longo do ano ordenandoas por trimestres e por materias.
Poderiamos tamen engadir imaxes e vídeos de todas aquelas celebracións que se levan a cabo no centro ( festivais, entroido, día da paz.......)

Responder esta

o meu blogue http://queirugs.blogaliza.org estaría destinado mais ben a profesores especialmente de educación infantil. Nel recollerei información sobre distintos temas que se poden tratar nas aulas e os procedementos que se poden seguir. Informarei sobre cursos para os opositores o corpo de mestres, ligazóns para atopar recursos educativos e o mesmo tempo publicarei eu tamen presentacións en power point para explicarlle os menos temas como o outono e que a través da presentación vexa máis claramente os cambios que se van producindo na paisaxe. introducirei fotografías diversas que lle poden valer ó profesorado como soporte visual especialmente en alumnos con necesidades educativas. apareceran videos de debuxos animados e tamén vídeos relacinados cos temas que se tratan para favorecer a comprension dos alumnos e tamén incluirei cancións para cantar en épocas sinaladas e tamén cancións para traballar por exemplo a psicomotricidade

Responder esta

LECTRONA é un blog para o alumnado de 2º de bacharelato.

En xeral.
O que se pretende é que un alumnado específico dispoña dunha fonte de recursos específicos relacionados co estudo da historia da filosofía.
O obxectivo fundamental é aproveitar o potencial informativo da rede (xunto co interese da mocidade no seu emprego) para estimular no alumnado unha actitude activa respecto do proceso de aprendizaje.

Publicaranse:
- Textos dos autores/as estudados e comentarios sobre temáticas concretas.
- Vídeos: entrevistas a filósofos/as, debates públicos, conferencias, etc.
- Imaxes: fotos relacionadas coas épocas dos distintos autores/as estudados.

Responder esta

O meu bloge está pensado paracomunicarme cos meus alumnos .Con el preténdese poñer ao alcance deles materiais diversos relacionados coa asignatura, e tamén que eles poidan introducir os seus traballos e opinións. a miña páxina , que polo de agora está feita un churro é http://enedina.blogaliza.org/

Responder esta

A dirección do meu blogue é: http://martabarro.blogaliza.org/

O blogue, evidentemente, está en fase de probas (fíxeno neste curso para probar tódalas cousas que íamos vendo), pero a idea é usalo como un mecanismo para chama-la atención dos meus alumnos (de inglés, en secundaria) e tratar de conseguir que mostren unha actitude proactiva hacia a aprendizaxe do idioma de Shakespeare.

O blogue, por tanto, tratará de ser entretido (se non, non o van a leer), incluir numerosos contidos multimedia e acercar os alumnos ó inglés mediante cancións, películas / programas de tv, páxinas web, etc., que lles poidan interesar e que estén total ou parcialmente en inglés, de maneira que os alumnos teñan interés en aprendelo para poder entender esas cousas e, así, eles mismos pidan ó profesor que lles enseñe o que descoñecen (co que, ademáis, o profesor pode determinar fácilmente as lagoas de coñecemento dos alumnos)

Responder esta

o meu blogue aínda está en costrución pero a miña idea é adicalo aos meus alumnos (do futuro xa que poo de agora son substituta).Enfocariao como un modo de comunicación cos alumnos.Segun se fosen tratando os distintos temas .colocar enlaces a documentación de tipo audiovisual sobre os mesmos .Logo por enlaces con páxinas de actualidade cientifica para debater sobre temas de actualidade relacionadas coas ciencias.
Tamén colgaria exercicios .
Logo trataría de achegar o coñecemento dos lugares de interese natural de Galiza aos alumnos con fotografías e diversa documentación.Eles poderían aportar tamén información sobre aqueles lugares que coñezan ou que lles gostaría coñecer.
http://rabisaca.blogaliza.org/ está e a dirección do meu blogue.

Responder esta

MI BLOG

Este blog está siendo diseñando con el objetivo de crear un “club de ciencias”. Nos reuniremos periódicamente para comentar y compartir conocimientos e inquietudes científicas; revisaremos la historia de la ciencia, veremos películas, leeremos libros, resolveremos problemas, etc.
OBJETIVOS
El objetivo del blog es que los miembros del “club de ciencias” compartan información a través de la red, pudiendo así hacerlo cualquier día de la semana y a cualquier hora.
CONTENIDOS
Los contenidos del blog serán los que el club decida; es decir cualquier tema relacionado con las ciencias que les llame la atención. Las disciplinas son: astronomía, matemáticas, física, química, biología. No es el objetivo de este club tratar sobre avances tecnológicos tipo: móviles de última generación, ordenadores, ipods,…aunque se aceptarán puntualmente cualquier inquietud que los miembros del club pudieran tener.
Siguiendo esta temática, el blog está abierto a videos, fotos, enlaces de interés…
A QUIÉN VA DIRIGIDO
Principalmente el blog está pensado como herramienta para el club, pero por supuesto está abierto a cualquier persona que le gusten las matemáticas, la astronomía o la ciencia en general.
Los miembros de este club serán todos aquellos alumnos y profesores del centro que quieran participar.

Responder esta

Responder esta

Hola a tod@s:
Quero presentarvos o meu blogue: (orienta2.0).
Como se ve polo título, son orientadora e o meu blogue ten a intención de ser divulgativo, de extender a miña experiencia e opinións principalmente en Orientación, pero tamén da actualidade xeral no Ensino.

Para elo, usarei todos os soportes que admite un blogue, co gallo de facer levadeira unha tarefa tan pesada como o de seguir temas que en moitos casos poden ser demasiado específicos.

Asimesmo, tentarei facer unha serie de posts que servan como "Oficina Virtual do Orientador", dende o que a xente interesada poderá seguir as actividades e acceder aos arquivos que precisen do orientador na súa laboura diaria no Departamento. É aquí onde se mostran máis potentes determinadas posibilidades de descarga de arquivos, principalmente documentos.

Responder esta

Faltoume por poñer a url do meu blogue, non sei o que paou, borrouse nalgún momento (aclaración para o profesor):
Saudos.

Responder esta

Esta é a miña primeira blogue en prácticas, pero penso facer varias blogues máis seriamente.

http://fcastro50.blogaliza.org/

O MEU BLOGUE:
Este bloque estará dirixido os alumnos que cursen o módulo de INSTALACIÓN E MANTEMENTO DE XARDÍNS E RESTAURACIÓN PAISAXÍSTICA.
Neste blogue ímonos centrar en ensinarlle os alumnos todas as especies de herbáceas, arbustos e leñosas que temos no centro.
Utilizarase tamén como blogue de aula onde os alumnos publicaran tamen os seus traballos, e a partir do cal eles se guiarán para facer exercicios teóricos e prácticos.
Incluiriamos imaxes de especies, videos facendo as distintas instalacións do xardín de prácticas...ect.

Responder esta

o meu blogue está pensado nun principio para os docentes e os alumnos de francés independientemente do nivel académico. A miña intención, sen embargo, é a de ir ampliando o material para que a xente con intereses sobre o idioma francés ou sobre Francia ou os paises francófonos poda acceder o meu blogue e atopar toda a máxima información sobre o que busca. Pero como iso leva tempo, de momento irei engadindo actividades e material. Asi que non dudedes en visitalo.

O meu blogue é: http://sismundi.blogaliza.org

Responder esta

RSS

Membros

  • GENIVAL FERREIRA DE MIRANDA
  • Xabier Camba Sanmartín
  • sergio
  • Carme Pernas Bermúdez
  • germán
  • Ana Belén Saá Novo
  • alba
  • Fátima
  • GENIVAL FERREIRA DE MIRANDA

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo