Presenta aquí o teu blogue, indicando a URL, a súa temática e a quen vai dirixido.

Fai propostas concretas de utilización das ferramentas vistas nos contidos do curso.

Estes son algúns exemplos:

Imaxes:

Nun traballo de ciencias naturais ou de coñecemento do medio, o alumnado deberá facer un traballo de investigación sobre as árbores e prantas do entorno. Nunha saída ao exterior do centro, e tamén o propio alumnado no entorno da súa vivenda, debe sacar fotografías das árbores e prantas que atopa. Despois de clasificar e seleccionar por grupos as fotografías atopadas, deberá crear un álbum en Flickr co nome correspondente e unha descrición de cada unha das prantas. Logo publicarase unha secuencia no blogue da aula.

Vídeos:

No programa de televisión "El Hormiguero" realízanse diariamente experimentos científicos, pero non explican como funcionan e por que se producen ditos fenómenos. Estes vídeos ligaranse dende o blogue e unha vez á semana eses vídeos visualizaranse en clase, e o alumnado deberá debater sobre as razóns científicas que conducen a eses resultados, atopando, coa axuda do profesorado, unha explicación científica aos mesmos.

Documentos:

En educación infantil, a mestra elabora e publica no seu blogue presentacións para aprender vocabulario, inserindo imaxes de diversos temas. Unha presentación sobre as partes do corpo humano, outra sobre animais, outra sobre os números, etc. Mediante a visualización en clase utilizando un proxector ou un encerado dixital o alumnado debe ir identificando as imaxes e nomeándoas correctamente. Estas presentacións compártense en internet con outras mestras e mestres, creando un banco de recursos útiles para usar en clase.

Audio:

Desde o Equipo da biblioteca queren fomentar a lectura aproximando ao conxunto do alumnado as obras que están a ter mellor recepción. Por iso, xunto con determinados departamentos do Centro, créanse grupos de alumnos/as encargados de facer reseñas orais daqueles libros que máis lles gustaron. Estes grupos deben elaborar un breve guión no que apoiarse á hora de gravar as intervencións e no que recollan unha serie de datos, como quen é o autor, por que lles gustou, a quen llo recomendarían especialmente, etc. Esas gravacións aloxaranse logo no blogue da biblioteca acompañadas dunha imaxe do libro.

Fai ti as túas propostas concretas de utilización.

Compartir

Responder esta

Respostas a este tópico

Boa noite,
o meu blog é: coleblog.blogaliza.org

A verdade é que teño dúas ideas para emprega-lo blog:

1. Un blog xeral de recopilación de recursos e temas de interese para o profesorado de educación primaria (e máis específicamente para a educación musical).

2. Por outra beira, penso que pode estar orientado ao uso de toda a comunidade educativa: mestres, pais e alumnado. Sería un punto de encontro onde poder publicar as actividades levadas a cabo, recursos para familias, etcétera.

Responder esta

O meu blogue vai dirixido sobre todos a mestres e mestras de educación infantil que estén interesados en formar un banco de recursos de contos, cancións, e actividades varias para as súas clases. Tamén haberá un espazo para que os nenos e nenas traballen. Cunha presentación dun vídeo ou unha canción se poden aprender moitas máis cousas que sentados cun lápis e un papel
Os temas nos que me centrarei pois como xa dixen son nas cancións, contos e calquera outro recurso que nos poida servir para traballar con nenos de 3 a 6 anos.

O material que empregarei será:
a) Documentos para que poidan ser revisados por outros mestres.
b) Imaxes de diferentes conceptos que esteamos a traballar, como figuras xeométricas, números, letras, etc.
c) Vídeos de animais, cos seus sons, cancións, debuxos animados, etc. Tamén vídeos sobre conceptos como Aprendizaxe significativo, como motivar aos alumnos para os mestres.
d) Audio, sobre todos para os nenos, con sons de animais e eles terán que adiviñar sen velo qué animal é.
O meu blogue é: http://silvia1112.blogaliza.org/
► Responder esta


Deseja carregar arquivos?

Anexar arquivo(s):

Responder esta

O meu blogue "prácticas de matemáticas" de URL http://dhcristin.blogaliza.org/
vai dirixido ao alumnado e profesorado de educación secundaria e bacharelato.

Céntrase en temas relacionados coa asignatura de matemáticas e o seu obxectivo é intercambiar información sobre os seguintes aspectos:
*apuntes e exercicios da asignatura
*datas de exames e entrega de traballos
*cuestións e dúbidas
*curiosidades matemáticas, xogos, acertixos...
*novas relacionadas coas matemáticas e outras ciencias

O blogue inclúe:
*Documentos:
O profesorado publicará apuntes e exercicios para o seguimento de cada curso; asimesmo os alumnos e alumnas poden incrustar os seus traballos.
*Imaxes:
Na elaboración dun traballo por exemplo sobre figuras xeométricas, o alumnado pode facer fotografías da súa presencia na vida real e publicalas no blogue.
*Vídeos:
O profesorado pode incluir videos para completar calquera dos temas que se explican en clase.
*Audio:
Un exemplo da presencia das matemáticas nos medios de comunicación témola na colaboración semanal sobre matemáticas de Raúl Ibáñez no programa Graffiti de Radio Euskadi. Dende o blogue teremos unha ligazón á súa páxina, dende a que se pode escoitar esta sección.

Responder esta

b>Resposta á práctica 8 do curso. Propostas de uso dos bloques na práctica docente.

Considero que un blog é unha mágnifica ferramenta de apoio educativo aos contidos desenvolvidos no aula.

En concreto:
- o meu blog irá dirixido aos meu alumnos.
- Voume centrar en contidos relacionados coas materias que imparto; prevención de riscos profesionais e interpretación gráfica.

Propostas de utilización do blog.
na miña práctica docente emprego habitualmente númeroso material coma presentacións en powerpoint, videos, fotografías e visitas a direccións de páxinas relacionadas cos contidos das materias coma por exemplo a páxina do instituto nacional de seguridade e hixiene no traballo, onde os alumnos poden consultar a lexislación vixente en materia de seguridade no traballo; ou tamen a páxina da conselleria de presidencia administración pública e xusticia da xunta de galiza http://webriscos.xunta.es/.

Antes de coñecer o funcionamento dos blogs, toda a información a tiña dispersa en arquivos e anotacións de páxinas web. A partir de agora poderei empregar este recurso (o blog) para ordenar e centralizar todos aqueles materiais considere interesantes para os meu alumnos (videos de youtube, presentacións, apuntes, ....). Poderei tamén deixar rexistradas informacións coma comunicacións de datas de exámes, traballos a realizar, etc. co obxectivo de que ningún alumno quede sin ser informado do transcurso da materia, polo feito de non vir a clase.

En concreto:

- A publicación de contidos desenvolvidos no aula. Por exemplo a presentación en powerpoint da unidade didáctica de "NORMAS DE ACOTACIÓN BÁSICAS" do módulo de interpretación gráfica que xa teño publicada.
-O video que xa teño subido ao blog, no que se mostra un atrapamento dunha traballadora cunha porta automática destinado aos alumnos do ciclo superior de prevención de riscos profesionais.
-Imaxes de pezas para que os alumnos poidan facer croquis na materia de interpretación gráfica, ou imaxes de centros de traballo no que os alumnos de prevención de riscos poidan atopar inspeccionar situacións de risco.
- Nas materias que imparto a imaxen visual e fundamental, como podo dispoñer de video o soporte de audio realmente o vou a empregar pouco. Neste momento únicamente se me ocurre que podería empregalo para que os alumnos poidesen medir intensidades acústicas en diversos escenarios.

http://agorarede.ning.com/group/elaboraciodecontidoseducativosonlin...

Responder esta

Resposta á práctica 8 do curso. Propostas de uso dos bloques na práctica docente.

Considero que un blog é unha mágnifica ferramenta de apoio educativo aos contidos desenvolvidos no aula.

En concreto:
- o meu blog irá dirixido aos meu alumnos.
- Voume centrar en contidos relacionados coas materias que imparto; prevención de riscos profesionais e interpretación gráfica.

Propostas de utilización do blog.
na miña práctica docente emprego habitualmente númeroso material coma presentacións en powerpoint, videos, fotografías e visitas a direccións de páxinas relacionadas cos contidos das materias coma por exemplo a páxina do instituto nacional de seguridade e hixiene no traballo, onde os alumnos poden consultar a lexislación vixente en materia de seguridade no traballo; ou tamen a páxina da conselleria de presidencia administración pública e xusticia da xunta de galiza http://webriscos.xunta.es/.

Antes de coñecer o funcionamento dos blogs, toda a información a tiña dispersa en arquivos e anotacións de páxinas web. A partir de agora poderei empregar este recurso (o blog) para ordenar e centralizar todos aqueles materiais considere interesantes para os meu alumnos (videos de youtube, presentacións, apuntes, ....). Poderei tamén deixar rexistradas informacións coma comunicacións de datas de exámes, traballos a realizar, etc. co obxectivo de que ningún alumno quede sin ser informado do transcurso da materia, polo feito de non vir a clase.

En concreto:

- A publicación de contidos desenvolvidos no aula. Por exemplo a presentación en powerpoint da unidade didáctica de "NORMAS DE ACOTACIÓN BÁSICAS" do módulo de interpretación gráfica que xa teño publicada.
-O video que xa teño subido ao blog, no que se mostra un atrapamento dunha traballadora cunha porta automática destinado aos alumnos do ciclo superior de prevención de riscos profesionais.
-Imaxes de pezas para que os alumnos poidan facer croquis na materia de interpretación gráfica, ou imaxes de centros de traballo no que os alumnos de prevención de riscos poidan atopar inspeccionar situacións de risco.
- Nas materias que imparto a imaxen visual e fundamental, como podo dispoñer de video o soporte de audio realmente o vou a empregar pouco. Neste momento únicamente se me ocurre que podería empregalo para que os alumnos poidesen medir intensidades acústicas en diversos escenarios.

Meu blog e o seguinte:
http://maria70.blogaliza.org/

http://agorarede.ning.com/group/elaboraciodecontidoseducativosonlin...

Responder esta

O meu bloque chámase “O Blogue de Belenchu” http://www.belenchu.blogaliza.org/
Esta é aprimeira vez que teño un acercamento ós blogues, polo que a elaboración do meu blogue foi única e exclusivamente para a realización das prácticas do curso. De todos modos debo recoñecer que a medida que vou coñecendo máis este recurso empezo a verlle máis aplicacións e a ter ideas sobre como orientalo.
En principio vai dirixido a toda a comunidade educativa (pais, mentres e alumnos).
O obxectivo cara ós pais e potenciar a participación no proceso ensinanza-aprendizaxe dos seus fillos e favorecer a comunicación có mestre, poderan visionar os videos que reflictan algunhas actividades e festexos, deixar a sua opinión sobre cuestións que se propoñan, realizar actividades que aparecen no bloque cós seus fillos/as, coñecer as novas que afectan directamente ó noso centro e aula…..
En canto ós compañeiros, poder compartir con eles experiencias e opinións, asi como diferentes información de interese.
E no refente ó alumnado, dado que son mestra de infantil, poder realizar con eles actividades sinxelas e sobre todo acercalos ó mundo das novas tecnoloxías.
No bloque hai cabida para a publicación de documentos, imaxes, videos e audio.
O documentos serán principalmente informativos, sobre aspectos lexislativos, de información de actividades a realizar no centro (magosto, Día da Paz…) e informacións de interese para compartir con pais e compañeiros.
As imaxes serán fotos de alumnos, debuxos e traballos realizados por eles mesmos. Ó mesmo ocurre cós videos e audios, básicamente serán un método de expoñer o traballo realizado na aula.

Responder esta

o meu blog chámase recursos educativos en educación infantil e a súa dirección é:http://paulaalonso.blogaliza.org/

O obxectivo deste blogue é o intercambio de recursos que se poden utilizar na aula con outros docentes, e así mellorar o desenvolvemento das unidades didácticas, con actividades dinámicas e innovadoras.

A miñas proposta é: crear un blogue de aula, dalo a coñecer aos alumnos e as súas familias. Os obxectivo sería crear unha liña de comunicación aula-casa. No blogue colgaríamos os traballos máis representativos dos alumnos, as actividades complementarias, fotografías e videos das saídas, das festas da escola.
Tamen terían o seu espazo xogos educativos e interactivos, adiviñas, contos para que os pais e nais fagan uso na casa.
Terá enlaces a páxinas relacionas en cada momento co preceso ensino-aprendizaxe.

Responder esta

O meu blogue vai dirixido ao conxunto do profesorado interesado pola temática que abrangue o conxunto de contidos curriculares de filosofía no bacharelato. http://xemadis.blogaliza.org/ é un blogue creado para o intercambio de información de todo tipo que teña interese para a práctica docente. Tamén pode ser utilizado polos alumnos xa que moita da información pode presentarse con orientacións específicas.

Fundamentalmente tratará de eventos, académicos ou non. Empregará todas as variables documentais que pon a rede ao servizo dos seus usuarios.

Por exemplo:
Imaxes: conferencias e coloquios de interese.
Documentos escritos. Información xeral sobre todo tipo de eventos.Así como ligazóns a textos de interese e outros blogues da blogosfera filosófica.Novidades bibliográficas en xeral.
Audio: Debates e conferecias mesmo de temática colindadte coa filosofía.

Responder esta

A miña proposta é un blog de aula. Pareceme moi útil pois é coma unha prolongación da programación de aula, pois permite ter a un golpe de clic gran cantidade do material que se vai a empregar ao longo do curso e axuda a motivar os alumnos pola súa vistosidade a vez que favorece unha maior comprensión da finalidade da materia. En canto á publicación de:
- documentos: permitenos agrupalos ou clasificalos e que os alumnos poidan volver sobre eles canto queiran.
- imaxes: permítennos xogar con outras linguaxes como o comic.
- vídeos:Na rede podemos atopar até presentación sobre temas tan monotonos para os alumnos como os verbos e convertir un tema aborrecido nun tema interesante.
- audio: Hai programas que permiten dar formato oral os textos en galego isto e MARABILLOSO!! para traballar a oralidade.

Responder esta

Esquecíame este é o meu blog:http://anagagon.blogaliza.org/

Responder esta

O meu blog vai dirixido tanto ao profesorado de lingua estranxeira como ao alumnado.
Os post que vou ir subindo serán de temática educativa inglesa e para alumnos de Educación Primaria. Primeiro empezarei pola nocións básicas para ir ampliando coñecementos pouco a pouco.
O profesorado de inglés tamén pode dar as súas opinións sobre os temas que vou ir poñendo. Penso que entre todos podemos e debemos botarnos unha man para que as nosas clases sexan instructivas igual que amenas, ata conseguir que os nen@s sintan interés polo inglés.
Os temas prioritarios serán da miña materia - o inglés en Primaria -e todo o que teña que ver coa escola.
Tamén poñerei post de viaxes, xa que desa maneira poderei mostrar a importancia que ten o inglén no mundo. Sobre a falta qu enos fai aprender es lingua para poder defendernos polo mundo adiante e alcanzar as competencias que teñen do mesmo nos outros países europeos.
A proposito o meu blog é: http://inverno.blogaliza.org/

Responder esta

O meu blogue chámase Educacion Infantil, e está dirixido a profesorado sustituto de esta etapa educativa. Tratarei de expoñer as miñas inquedanzas e reflexións do que nos afecta a este rango de profesionais que estamos sempre de aqui para acolá.
O máis ineresante deste blogue é a posibilidade de compartir recursos e acceder a eles estás onde estés.
Así, poderase descargar imaxes que se utilizarán como "actividades de folla" como as que xa están colgadas sobe o entroido.
Tamén subirei videos interesantes para os alumnos/as, que se poden ver nas aulas, e publiquei tamén unhas actividades sobre os paxaros que ofrezco a quen lle pareza útil. Igual que eu comparto estos documentos, é probable que aquel que me lea se anime a compartir algo cos demáis, enriquecendo os coñecementos e recursos de todos.
Con respecto á publicación de audio, ademáis de poder facer o mesmo que cos outros documentos, póderíase crear unha grabación de algo feito polos alumnos/as, como unha explicación dos sonidos dos instrumentos musicais máis traballados, ou saír á rúa a grabar sonidos interesantes para logo colgalos e repreducilos na clase.

Responder esta

RSS

Membros

  • germán
  • Ana Belén Saá Novo
  • alba
  • Fátima
  • GENIVAL FERREIRA DE MIRANDA
  • Ines
  • paula
  • Mª Carmen Peteiro
  • Mariana

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo