Presenta aquí o teu blogue, indicando a URL, a súa temática e a quen vai dirixido.

Fai propostas concretas de utilización das ferramentas vistas nos contidos do curso.

Estes son algúns exemplos:

Imaxes:

Nun traballo de ciencias naturais ou de coñecemento do medio, o alumnado deberá facer un traballo de investigación sobre as árbores e prantas do entorno. Nunha saída ao exterior do centro, e tamén o propio alumnado no entorno da súa vivenda, debe sacar fotografías das árbores e prantas que atopa. Despois de clasificar e seleccionar por grupos as fotografías atopadas, deberá crear un álbum en Flickr co nome correspondente e unha descrición de cada unha das prantas. Logo publicarase unha secuencia no blogue da aula.

Vídeos:

No programa de televisión "El Hormiguero" realízanse diariamente experimentos científicos, pero non explican como funcionan e por que se producen ditos fenómenos. Estes vídeos ligaranse dende o blogue e unha vez á semana eses vídeos visualizaranse en clase, e o alumnado deberá debater sobre as razóns científicas que conducen a eses resultados, atopando, coa axuda do profesorado, unha explicación científica aos mesmos.

Documentos:

En educación infantil, a mestra elabora e publica no seu blogue presentacións para aprender vocabulario, inserindo imaxes de diversos temas. Unha presentación sobre as partes do corpo humano, outra sobre animais, outra sobre os números, etc. Mediante a visualización en clase utilizando un proxector ou un encerado dixital o alumnado debe ir identificando as imaxes e nomeándoas correctamente. Estas presentacións compártense en internet con outras mestras e mestres, creando un banco de recursos útiles para usar en clase.

Audio:

Desde o Equipo da biblioteca queren fomentar a lectura aproximando ao conxunto do alumnado as obras que están a ter mellor recepción. Por iso, xunto con determinados departamentos do Centro, créanse grupos de alumnos/as encargados de facer reseñas orais daqueles libros que máis lles gustaron. Estes grupos deben elaborar un breve guión no que apoiarse á hora de gravar as intervencións e no que recollan unha serie de datos, como quen é o autor, por que lles gustou, a quen llo recomendarían especialmente, etc. Esas gravacións aloxaranse logo no blogue da biblioteca acompañadas dunha imaxe do libro.

Fai ti as túas propostas concretas de utilización.

Compartir

Responder esta

Respostas a este tópico

Este blog vai dirixido a alumnos de 3º da ESO, en concreto na asignatura de Bioloxía onde estamos estudando a dieta. Quero que podan atopar toda a información dotema aqui, así como o enlace a unha webquest, que van a ter que facer.
O meu blog e: http://nnaveran.blogaliza.org

Responder esta

Este é o meu blogue
Realicei un bosquexo de tres ideas para blogues, pero a verdade é que máis que bosquexos saíron bosquexóns, asíq ue tendes que desculpar a longura.

Teño na cabeza tres modelos de blogue:
O primeiro, un adicado á creación poética. Nel e mediante a miña conta delicious o alumnado, o profesorado ou o público en xeral pode acceder ás páxinas de interese (figuras literarias, biografías, crítica literaria, páxinas relacionadas cos contidos do seu currículum, etc). E nas anotacións incluirei certos aspectos da creación poética que me interesan: os autores e autoras falando de si mesmos e do seu concepto da creación en xeral e da poesía en particular, recitados, espectáculos multimedia baseados no feito poético etc. A pretensión é achegarse ao autor “en vivo” e lonxe da lectura sobre o papel.
Neste sentido é fundamental o emprego do audio e do vídeo e mesmo crear eu os meus propios vídeos dos espectáculos e recitados para incluílos no meu blogue. O alumnado pode deixar un comentario crítico sobre o vídeo segundo unhas premisas indicadas. As imaxes presentan os autores e autoras, os seus libros e tamén outras que teñan relación co contido da anotación. Por exemplo, se alguén recita a Pondal pode aparecer a imaxe do Monte Branco. O alumnado pode engadir outras imaxes relacionadas co texto e, sobre todo, outros textos do mesmo autor que coincidan en algunha característica que se lles indique. A verdade é que as posibilidades son infinitas.
Os documentos tamén son un eixo importante: versos manuscritos dos/das poetas, como os que envía a editorial Espiral Maior aos seus subscritores, textos, documentos creados en powerpoint a respecto de calquera modelo de creación poética, etc. serven de base para as tarefas que se lle encomenden e para os lectores en xeral como información que pode ser comentada.
Ex: o alumando debe crear un texto vangardista segundo as instrucións pertinentes empregando, por exemplo, as características formais que poden aparecer nun powerpoint. Cada alumno/a un grupo debe escoller unha das vangardas e realizar a tarefa. De entre o alumnado do noso centro e doutros levar a cabo desde o profesorado unha pequena selección e publicala na rede, cunha pequena información inicial que centre o asunto.
Ex: presentar un conxundo de vídeos en que os creadores lean os seus poemas, estudarmos as técnicas de recitado e intentar crear os nosos propios vídeos de recitados dos textos creados no exemplo anterior.
O segundo é un blogue de aula. Este pode ser moi moi dinámico, e os contidos cinxiranse ao traballo da aula tamén. Pode aparecer tamén a conta de Delicious e outras ligazóns de interese para os contidos que se vaian tratando.
A miña pretensión é presentar, por un lado, actividades deseñadas por min ou extraídas de internet ou unha mestura das dúas (baixadas de internet e remodeladas por min) e que o alumnado as resolva e envíe ao meu buzón de correo. Eles á súa vez tamén presentaran os documentos ou elaboraran vídeos propios ou arquivos de audio para resolveren as prácticas requeridas. Por outra banda podo presentar esquemas, powerpoint, imaxes, vídeo e audio relacionados coas materias de aula: un powerpoint explicando os pasos fundamentais dun comentario de texto, un bosquexo en doc. coas principais características de determinado tipo de texto, un vídeo en que o/a autor/a desenvolva algún contido relacionado coa súa propia obra, etc. E finalmente podo propoñer un para que eles engadan anotacións ao respecto, de xeito global ou partillando a tarefa por grupos ou individuos. Tamén poden, por exemplo, responder cun texto argumentativo sobre un tema polémico, previa formación con artigos de opinión que defenden posturas contrarias e que poden achar nas ligazóns correspondentes do blogue, ou engadir eles, acompañados se é posible de vídeos alusivos (estou agora pensando no conflito entre Palestina e Israel).
Este blogue ten a vantaxe ademais de poder crearmos actividades conxuntas con outros centros mediante a coordinación entre o profesorado correspondente, e por suposto pode ser creada polo profesorado do departamento conxuntamente ou por aquel que dea clase no mesmo nivel. Mesmo poden crearse subseccións para os diferentes niveis e implicar así a todo o profesorado do centro (o que pasa é que esta última si que resulta unha ardua tarefa…). Por suposto este tipo de blogue está aberto ás suxerencias do alumnado.
P. ex: Despois de realizar o alumnado certos exercicios prácticos presentados no blogue e obteren unha puntuación, deben engadir comentarios nos que apliquen nun pequeño texto relativo a experiencias propias algún aspecto gramatical (o uso do infinitivo conxugado, por exemplo)
O terceiro ten e non ten que ver co ensino. Está vencellado á miña vida persoal, pero os seus contidos poden ser empregados para o debate, a creación de textos argumentativos ou outros e para asentar os contidos transversais: solidariedade, non sexismo, igualdade, sostenibilidade e respecto e tolerancia, entre outros.
Trátase dun blogue especializado no mundo da adopción e do acollemento de menores de todo tipo (nacional, internacional e de nenos e nenas con necesidades especiais). Como me vexo inmersa en todo isto polas miñas circunstancias persoais e hai poucas páxinas neste eido en galego, a idea é que sirva de encontro e información para o mundo adoptivo e do acollemento en Galiza.
Aquí a descarga de documentos é fundamental para as familias que queren informarse. A descarga de vídeos importantísima para achegarnos a realidade directa dos encontros cos menores e tamén (moi importante) para accedermos aos congresos, xuntanzas, etc en vivo e en directo. Moitas veces eses vídeos quedan moi aquelados se van acompañados dun audio en MP3 coa narración das reflexións a posteriori dos pais que adoptan ( no caso dos encontros das familias cos menores en adopción internacional, por exemplo). No caso do acollemento, os documentos coas narracións das experiencias (boas e malas) dos pais e nais acolledores e dos fillos e fillas acollidas son difíciles de encontrar en certa cantidade en internet, por iso unha conta que os recolla todos (por exemplo en delicious) sería unha moi boa ferramenta.
E o máis importantes: que os lectores do blogue aporten as súas ideas, arquivos, critiquen, maticen, etc.
Por outra parte existiría unha ligazón a arquivos de imaxes, tan importantes para desmitificar e perder medos no mundo adoptivo (penso, sobre todo, na adopción de nenos con necesidades especiais).
E que ten todo isto que ver co ensino? Pois moito, moitísimo. Cando nos achegamos ao mundo da adopción, sobre todo a internacional, xorden algúns temas que dan para a creación de todo tipo de textos por parte do alumnado, especialmente, por exemplo, en ética:
-a solidariedade internacional
-o concepto de familia e de vencello afectivo
-o respecto polo diferente
-a integración das persoas con discapacidades
- o non sexismo (por que a maioría das persoas adoptadas en certos países son de
sexo feminino? Cales son as causas profundas?)
-as desigualdades entre o chamado primeiro mundo e o terceiro
-a necesidade da apertura e coñecemento doutras culturas
-etc.etc
Este blogue, por suposto, vai dirixio a absolutamente todo o mundo, mais nos dous blogues que bosquexei antes debe haber unha ligazón para este, ou mellor dito, para a anotación correspondente deste, en caso de que queiramos empregala de base para o desenvolvemneto dunha tarefa para o alumnado.
Ex: crear un texto expositivo de duración determinada explicando as circunstancias que dan lugar ao “xinocidio infantil” en determinada área do mundo empregando o material que se presenta no blogue e que cada alumno engada un vídeo en que o alumno/a presente esta exposición ou incluír un powerpoint que clarifique as causas e consecuencias do fenómeno.

Responder esta

O meu blogue vai dirigido aos meus alunos de português da escola de idiomas de Ferrol. Estará centrado em temas estrictamente relacionados com os conteúdos impartidos nas nossas aulas assim como notícias ou materiais complementares à sua formaçom em língua e cultura portuguesa. A minha ideia é que o blogue seja consultado a diário polos alunos para que possam fazer exercícios, ver vídeos e ouvir músicas sobre as que poderam fazer compreensons auditivas e/ou ler notícias relacionadas com eventos e/ou espectáculos de conteúdo lusófono.
esta é a url do meu blogue:http://mariavilaverde.blogaliza.org/
Maria villaverde lamas

Responder esta

O me blogue chámase festexando: http://elvira.blogaliza.org e é o primeiro que fago. O obxectivo era para levar a cabo o traballo da aula, sobre todo o relativo á nosas festas (magosto, entroido) para poder poñer alí as fotos destes eventos así como os traballos.
Pero a verdade é que está feito para ir contestando ás cuestións do curso. A medida que vaia aprendendo un pouco máis sobre os blogues, será posible levar a cabo este proxecto: poñer traballos e fotos dos nenos e nenas, compartir con outros compañeiros, con outros centros, inserir a nosa música tradicional para acompañar estes eventos, etc

Responder esta

O meu blogue estará dirixido a todo o alumnado da materia de lingua castelá do centro. Pretendo que tanto o alumnado como o profesorado do departamento sexan editores. Se non de forma habitual que polo menos fagan algunha colaboración.

Imaxes: De portadas dos libros de lectura comentados polos profesores e os alumnos. De actividades realizadas no departamento: concursos, visitas, asistencias a obras teatrais. De erros ortográficos na prensa ou carteis publicitarios.

Vídeo: Versións cinematográficas de obras literarias (escena ou tráiler). Documentais, entrevistas a escritores-as. Das visitas ou actividades organizadas polo departamento.

Documentos: Presentacións e apuntes relacionados coa materia. Relatos creados polo alumnado.

Audio: Poemas musicados.

Blogue: En un lugar de la Red

Responder esta

O meu blogue vai dirixido ó profesorado da especialidade INGLÉS, máis concretamente a profesores de secundaria, bacharelato ou ciclos. Pensado coma un proxecto a longo plazo, creo que tamén se podería plantexar o seu uso por parte do alumnado.
Os temas nos que me vou centrar son todos aqueles que poidan ser de utilidade para os profesores de esta materia: recursos para a clase (audio, video, páxinas web, presentacións...), viaxes a países de fala inglesa (para ampliar o espectro cultural que podemos utilizar na aula), e unha última cousa que me parece moi importante para estimular ós rapaces cando se trata de aprender o idioma: ‘english for fun’; é dicir, incluir vídeos, documentos (é o mesmo, calquera formato) nas que o inglés sexa o protagonista: pode ser algo cómico, didáctico, proxectos atractivos... algo que realmente divirta ó alumnado á vez que están en contacto coa lingua.

PUBLICACIÓN DE DOCUMENTOS:
Por exemplo, publicación de presentacións de diapositivas que os profesores poidan utilizar na clase.

IMAXES / FOTOS
De viaxes, coas que poidamos explicar diferentes aspectos da cultura dos diversos países de fala inglesa.

VÍDEOS
Poden ter os mesmos obxectivos que as imaxes, pero ademáis tamén serven para fomentar o que xa dixen antes: ‘English for fun’. Hai moitísimos vídeos cómicos nos que o inglés é o protagonista e paga a pena comentalos cos rapaces.

AUDIO
O profesorado pode compartir cancións ou calquera outra audición ‘listening’ de interese.

Un saúdo!

O meu blogue é: http://noeliafernndez.blogaliza.org/

Responder esta

O meu blogue é: http://nnaveran.blogaliza.org/
Preguntas:

A quen vai dirixido o contido do meu blogue? Principalmente o alumnado, ainda que poden acceder a él tanto as familias dos alumnos, e así ver en que estan traballando, como profesorado da miña especialidade (Bioloxía) para sacar ideas e para aconsellarme outras cousas.
En que temas me vou centrar? Irei pondo todo o referente a miña asignatura, comenzando polo tema da dieta, que é o que estamos a tratar agora mesmo, pero irase incluindo todo o curso.

O material que se empregará será:
a) Documentos en PDF dos apuntes vistos na clase
b) Presentación en Power Point do explicado na aula
c) Videos sobre diferentes procesos como a respiración, dixestión...
d) Calquera material que se atope

Responder esta

O meu blogue nun primeiro momento estaba pensado para todo o profesorado (con independencia da súa especialidade, nivel...) pero pouco a pouco, a medida que o fun deseñando, fixen un blogue pensado para mestres/as de Educación Infantil.
Nel podedes atopar recursos educativos, páxinas e enlaaces de interese.
O meu blogue é

Responder esta

o meu blogue é: http://mprocha.blogaliza.org/
Vai dirixido ós alumnos/as de educación física de 3º da ESO. Céntramos nun dos bloques de contidos, concretamente no de actividades no medio natural.
Unha das ideas que se me ocorreron foi a de tratar por separado os catro bloques de contidos dos que se compón a miña materia: Condición física e saúde, Xogos e deportes, Expresión corporal e Actividades no medio natural. En cada apartado iremos colgando información útil relacionada directa ou indirectamente cos contidos que vaiamos tratando na clase. Por outra banda, os alumnos/as farán un traballo escrito por bloque de contidos colgándose no blog aqueles dous que maior valoración teñan por parte dos propios alumnos/as despois de expoñelos na clase.
No bloque tamén se podería publicar a información mais significativa que os alumnos/as vaian atopando na rede mediante buscas propostas por nós. Desta forma tamén se contribuirá activamente a á consolidación dunha das 8 competencias básicas: competencia dixital e no tratamento da información.

Responder esta

Con respecto os vídeos,imaxes e audio:
No meu blogue teño pensado por vídeos educativos pensados para os nenos de Educación Infantil que sirvan cmo recurso para os mestres.
Ex: cancións infantís, videos con contidos educativos, pequenos cortos, imaxes que ilustren as novas achegadas ou exemplifiquen os comentarios ás propostas, cancións adecuadas para os nenos...
Pero tamén se achegarán vídeos sobre debates televisivos sobre a Educación Infantil, novas informativas sobre as últimas novidades educativas en xeral ou na Educación Infantil...

As imaxes máis destacadas serán frecursos para facer fichas que poderán usar os mestres na súa aula (diapositivas para colorear).

Responder esta

O meu blog é un bosquexo inicial. En principio o blog está dirixido aos meus alumnos de inglés, pero tamén ao profesorado. Nun nivel xeral poderíase acceder a información, recursos e diversas páxinas con actividades en inglés. Tamén se accedería a videos, ou fotografías relacionados non só coa lingua senón coa cultura dos países que utilizan o inglés. Máis concretamente eu dividiríao en unidades didácticas e en cursos. Entón dependendo do tema que estivesemos a traballar na clase nese momento o blog estaría adaptado para traballar arredor do tópico. Ao mesmo tempo convertiríase nun lugar de intercambio onde os alumnos poderían subir os seus videos, presentación power points, proxectos, etc. cos que estivesemos a traballar en cada momento.
Por outra banda, no apartado do profesorado todos poderiamos beneficiarnos de acceder a información sobre recursos, videos, audios, etc, que compartir na rede. Ou incluso opinións e axudas varias, como agora botándolle un vistazo a o blogue da miña compañeira con algúns enlaces a páxinas de interese para o estudo do inglés.
De todos os xeitos agora habería que ir creando pouco a pouco máis enlaces este só é un primeiro paso neste camiño tan apaixoante das novas tecnoloxías.
O meu blog é: http://anxelest.blogaliza.org/

Responder esta

O meu blogue vai dirixido a mestres e alumnos. Tratara unha temática educativa dende un punto de vista xeral. Nel poderemos ver noticias educativas, asi como documentos orientados hacia una docencia valorando a importancia do deporte. Tamen podemos atopar enlaces de música, e videos. Outro punto importante a tratar no meu blogue serían as novas tecnoloxías e a súa aplicación educativa, como o uso da pizarra dixital.
A URL do meu Blogue e: http://larryman8.blogaliza.org/

Responder esta

RSS

Membros

  • Ines
  • paula
  • Mª Carmen Peteiro
  • Mariana
  • Andrea
  • manufiles
  • Adriana
  • Sandra
  • GENIVAL FERREIRA DE MIRANDA

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo