Propostas de uso educativo destas comunidades.

Trátase de que fagades propostas concretas de utilización das redes sociais na práctica docente. Pensade nalgunha actividade relacionada coa vosa especialidade e nivel educativo, para levar a cabo na escola ou intituto.

Exemplos:

Grupo de lectura nunha rede social do centro

Para axudar ao alumnado na elección de libros de lectura decidimos abrir un grupo de lectura nunha rede social creada para o centro. Na rede informarase periodicamente das novidades que se adquiren na biblioteca, así como información sobre as actividades que se realizan.
Ao rematar a lectura dun libro o alumnado pode participar no foro e facer un pequeno resumo do argumento e expoñer a súa opinión persoal, e o resto de alumnos e alumnas que despois leran o libro tamén farían a súa valoración. Dese xeito temos un foro no que o alumnado dun mesmo nivel pode consultar opinións dos seus compañeiros e compañeiras sobre o libros dispoñibles na biblioteca, e facilitar a elección da seguinte lectura.

Intercambio

O departamento de inglés está organizando un intercambio cunha cidade irlandesa. Antes do intercambio desexan que o alumnado dos distintos centros se coñeza entre si, e elixiron crear unha rede social e implicar a outros departamentos. Esta rede social utilízase para a comunicación entre o alumnado, mellorando a súa competencia lingüística. Aproveítase, ademáis, para intercambiar información sobre a historia, xeografía e costumes dos entornos dos dous centros.

Engade ti a túa proposta de utilización.

Compartir

Responder esta

Respostas a este tópico

Dentro do ensino de linguas estranxeiras pódese compartir experiencias con mestres nativos, ver as diferenzas entre nenos co inglés como segunda lingua ou como primeira lingua, e segundo as respostas que recibamos modificar ou non a nosa actuación docente

Responder esta

Por exemplo ante un alumno con problemas ou necesidades, propoñer un foro coa temática diversidade no que se poden incluir alumnos con discapacidade, sobredotación, autismo, problemas de conducta etc,os mestres poderian intercammbiar informacións distintos puntos de vista con profesores doutros centros educativos, colgar materiaís, etc.

Responder esta

Na intervencion d eonte propuxera:
os alumnos de TIC 1ºBACH, facer unha rede social para ANALIZAR E VALORAR o que se vai aprendendo. E como Actividade final, facer unha REFLEXION de que son as TIC e o seu uso adecuado, así como un resumo nun panfleto para distribuir no instituto. Servirá para informar os alumnos que no saiban que son as TIC, e teñan un coñecemento mais profundo.

Responder esta

con motivo dos efectos do temporal de Galicia, trataríase de tratar o tema do uso das enerxías en Galicia e o impacto que sobre o medio ambiente e as formas de vida ten o deseño do hábitat disperso, contando as experiencias e as repercusións que, sobre o uso das enerxías orixina a presenacia do bosque

Responder esta

Organizaríao mediante unha rede na que os alumnos conten as súas experiencias e, se fose posible, xeógrafos e biólogos interactuasen con eles explicándolle as vantaxes e as desavantaxes das solucións que se dan o poboamento e á conservación da masa forestal en Galicia

Responder esta

As redes sociais no ensino teñen un amplo abanico de aplicacións entres as que cómpre destacar a comunicación online entre profesores e alumnos que permite, a parte do incentivo que o uso das novas tecnoloxías supón para os alumnos, unha comunicación atemporal impensable anos atrás e que mellora en gran parte o achegamento do profesor ó alumno.

Responder esta

Eu penso que unha red esocial é moi interesante, porque a través dela e sobre todo na miña especialidade sería interesante crear unha e así poder interaccionar con outras persoas/compañeiros doutros coles para pedir material que necesitasemos nalgunha ocasión, incluso ó Cefore, equipo específico,...
Por exemplo caso dun Implante Coclear poderíase pedir información ós Equipos Especificos sobre algunha Guía de rehabilitación ou incluso algún programa específico,...

Responder esta

A utilidade das redes sociais é ben beneficiosa para tódolos docentes, e mesmo alumnos que sabendo manexala, poderán acadar bós resultados.

Responder esta

RSS

Membros

  • Ines
  • paula
  • Mª Carmen Peteiro
  • Mariana
  • Andrea
  • manufiles
  • Adriana
  • Sandra
  • GENIVAL FERREIRA DE MIRANDA

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo