Propostas de uso educativo destas comunidades.

Trátase de que fagades propostas concretas de utilización das redes sociais na práctica docente. Pensade nalgunha actividade relacionada coa vosa especialidade e nivel educativo, para levar a cabo na escola ou intituto.

Exemplos:

Grupo de lectura nunha rede social do centro

Para axudar ao alumnado na elección de libros de lectura decidimos abrir un grupo de lectura nunha rede social creada para o centro. Na rede informarase periodicamente das novidades que se adquiren na biblioteca, así como información sobre as actividades que se realizan.
Ao rematar a lectura dun libro o alumnado pode participar no foro e facer un pequeno resumo do argumento e expoñer a súa opinión persoal, e o resto de alumnos e alumnas que despois leran o libro tamén farían a súa valoración. Dese xeito temos un foro no que o alumnado dun mesmo nivel pode consultar opinións dos seus compañeiros e compañeiras sobre o libros dispoñibles na biblioteca, e facilitar a elección da seguinte lectura.

Intercambio

O departamento de inglés está organizando un intercambio cunha cidade irlandesa. Antes do intercambio desexan que o alumnado dos distintos centros se coñeza entre si, e elixiron crear unha rede social e implicar a outros departamentos. Esta rede social utilízase para a comunicación entre o alumnado, mellorando a súa competencia lingüística. Aproveítase, ademáis, para intercambiar información sobre a historia, xeografía e costumes dos entornos dos dous centros.

Engade ti a túa proposta de utilización.

Compartir

Responder esta

Respostas a este tópico

As redes sociais poden ser un punto de encontro para alumnos e para outros colectivos interesados nun tema concreto.
En relación coa miña materia, música, penso que se podería usar unha rede social como punto de encontro, por exemplo, para localizar críticas de espectáculos musicais. Establecería enlaces con prensa dixital e os alumnos deberían aportar comentarios as noticias musicais que se seleccionen como máis importantes, ademáis de engadir eles as que consideren máis interesantes segundo os seus gustos. Deste xeito se traballa a lectura, o desenvolvimento do espírito crítico, o traballo con novas tecnoloxías,... penso que sería interesante.

Responder esta

como mestra penso que unha rede social deste tipo é unha ferramenta que nos abre un abanico moi amplo de posibilidades. No ámbito da pedagoxía terapéutica é un recurso que nos pode ofrecer un intercambio de experiencias e coñecementos moi enriquecedor tanto a nivel persoal como social e profesional. Poderíase crear un espazo destinado a información de ofertas de traballo para persoas con algún tipo de necesidade, foros, sección de información para as persoas inmigrantes, suxerencias de encontros pedagóxicos, información lexislativa....

Responder esta

Para a miña especialidade, Lingua galega e Literatura, eu propoño a creación dun foro nunha rede social de debate sociolingüístico. Tendo en conta a situación do galego creo que é fundamental que reflexionemos e nos centremos nesta cuestión. Neste foro poderían participar tanto os alumnos coma os profesores. Trátase de compartir opinións e tamén material relacionado co tema: noticias de prensa, enquisas, campañas de normalización e/ou ideas para posibles campañas, etc.

Responder esta

Poderemos crear na asignatura de TIC 1º BACH, un foro sobre ¿QUE SON AS TIC?, co obxectivo que o fin do curso sexa valedeiro para expor os de 4ESO, e poidan escoller esta obtativa con a lo menos o criterio dun ano de practica.

Responder esta

Penso que unha rede social sería útil para que os alumnos intercambiaran exercicios, explicacións, apuntes antes de facer algunha proba de avaliación. No meu caso serían materiais relacionados coa asignatura de inglés.

Responder esta

As redes sociais permiten estar en contacto directo con outras persoas e achegar novas experiencias, o que favorece o aprendizaxe

Responder esta

Visitas:

Previa asistencia a unha visita (Casa das Ciencias, MUPEGA, Observatorio Astronómico, etc.) da asignatura de Matemáticas, crearemos unha rede social onde se informará acerca dos aspectos que nos poden interesar do lugar que imos visitar: experimentos, exposicións, aparellos, científicos relacionados, qué aspectos matemáticos se mostran en cada caso, en qué parte da asignatura aparecen, qué se pode aprender, que é de repaso,etc. etc.
Despois de ter feito a saída, os alumnos poderán comparar as súas opinións sobre a visita nun foro.
Ademáis, poderíase utilizar unha rede social para facer un concurso con exercicios, adiviñas, acertixos e outros pasatempos baseados no amosado na visita.
O interesante sería que cada alumno ou alumna se encargase de proñer unha pregunta e contestar ás preguntas dos demais.

Responder esta

para o desenvolvemento do plan TIC abrimos unha rede social onde os nenos participan aportando os seus descubrimentos, dúbidas, problemas, motivacións, etc coas que se atoparon á hora de desenvolver as actividades na aula de informática. Así, ao mesmo tempo que traballamos os obxectivos propios do plan, os nenos reciben consellos e resposta as súas dúbidas, pódense identificar cos seus compañeiros, etc (favorecendo a aprendizaxe cooperativa)

Responder esta

Na miña opinión as redes informáticas poden aportar moito a educación, posto que contribúen a reducir o aillamento da escola, tradiconalmente encerrada nas catro paredes da aula, e permiten o acceso de profesores e alumnos a gran cantidade de información relevante. Esta apertura o mundo converte en compañeiros de clase a estudiantes doutros centros, comunidades, países,... e lles facilita o traballo cooperativo en proxectos conxuntos, fai posible que os profesores accedan a información elaborada por outros profesores. As redes tamén contribúen a mellorala comunicación entre o centro educativo e o seu entorno social, a optimizala xestión dos centros e a comunicación coa administración educativa e proporciona maiores oportunidades de desenvolvemento profesional e formación continuada aos docentes.

En canto a aplicación destas redes dentro da miña área (Educación Física) eu trataría de establecer grupos de debates sobre distintos temas (importancia da educación física na saúde, o sedentarismo, o deporte de alto rendemento, ...), así os alumnos terían información doutros rapaces e verían diferentes opinións sobre os temas desde outros puntos de vista , non so do que lle di o profesor e os seus compañeiros.

Responder esta

Coido que as redes sociais son unha ferramenta moi util hoxe en dia para o intercambio de diversos tipos de información.
En relación coa miña materia, Lingua Inglesa, poden ser utilizadas para o intercambio de diversas páxinas web coas que practicar as catro destrezas importantes do idioma ou para consultar dúbidas acerca da materia. Poderíase fomentar a participación do alumnado para conseguir mais motivación por parte deste colectivo, por exemplo, os alumnos poderían plantexar as súas dúbidas acerca dun tema en concreto, os seus compañeiros poderían intentar resolver esas dúbidas e o profesor calificaría de forma positiva a participación.

Responder esta

O uso das redes sociais aplicadas á docencia é un recurso moi interesante para o alumnado pola cercanía aos seu contorno informal. Un dos módulos que imparto na formación profesional é Relacións no contorno do traballo, quizais sexa máis doado que interactuen a través dunha rede social que dentro da aula, polo que pode ser interesante establecer foros de compatición de experiencias. De tódos os xeitos estou totalmente dacordo con Marina, faltan recursos no centro e nalgunhas casas. Non todos os meus alumn@s teñen acceso a equipos informáticos no centro, nin nas súas casas, feito que condicionaría o uso desta ferramenta.

Responder esta

Son docente na area de lingua extranxeira (francés) e as redes sociais parécenme moi atractivas xa que permite a atención e a motivación dos alumnos. Sería interesante poder crear un espazo onde a xente podería intercambiar material e preguntar acerca de posibles dúbidas. Tamén sería interesante poder ir aportando información acerca dos países francófonos e das súas culturas e costumes para poder achegarnos máis o idioma e compartir cos francófonos algo máis ca lingua.
Permitiría tamén crear un foro de debate onde incluso poderían participar alumnos francófonos.

Sería interesante que os alumnos e tamén os docentes tivesen toda a información sobre o francés e a francofonía nun mesmo espazo sen necesidade de ilo buscar noutro espazo. Creo que falta algo así .

Responder esta

RSS

Membros

  • Ines
  • paula
  • Mª Carmen Peteiro
  • Mariana
  • Andrea
  • manufiles
  • Adriana
  • Sandra
  • GENIVAL FERREIRA DE MIRANDA

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo