Propostas de uso educativo destas comunidades.

Trátase de que fagades propostas concretas de utilización das redes sociais na práctica docente. Pensade nalgunha actividade relacionada coa vosa especialidade e nivel educativo, para levar a cabo na escola ou intituto.

Exemplos:

Grupo de lectura nunha rede social do centro

Para axudar ao alumnado na elección de libros de lectura decidimos abrir un grupo de lectura nunha rede social creada para o centro. Na rede informarase periodicamente das novidades que se adquiren na biblioteca, así como información sobre as actividades que se realizan.
Ao rematar a lectura dun libro o alumnado pode participar no foro e facer un pequeno resumo do argumento e expoñer a súa opinión persoal, e o resto de alumnos e alumnas que despois leran o libro tamén farían a súa valoración. Dese xeito temos un foro no que o alumnado dun mesmo nivel pode consultar opinións dos seus compañeiros e compañeiras sobre o libros dispoñibles na biblioteca, e facilitar a elección da seguinte lectura.

Intercambio

O departamento de inglés está organizando un intercambio cunha cidade irlandesa. Antes do intercambio desexan que o alumnado dos distintos centros se coñeza entre si, e elixiron crear unha rede social e implicar a outros departamentos. Esta rede social utilízase para a comunicación entre o alumnado, mellorando a súa competencia lingüística. Aproveítase, ademáis, para intercambiar información sobre a historia, xeografía e costumes dos entornos dos dous centros.

Engade ti a túa proposta de utilización.

Compartir

Responder esta

Respostas a este tópico

Grupo de intercambio de recursos da rede.
Proposta de creación dun grupo de selección e recuperación de recursos na rede. Para aqueles casos onde están prevista actividades de uso da rede (ampliación de información, recuperación selectiva para temáticas concretas etc) creación de grupos de traballo que de forma agregada vaian incorporando comentarios e información detallada dos enlaces seleccionados de xeito que se potencie o exercico de discernemento da información e o uso compartido dela.

Responder esta

En canto o tratamento dos textos argumentativos (presente nos programas de Lingua Castelá e Literatura), sería interesante que os discentes entrasen nun foro de debate no que se tratase un tema escollido por eles (e que, debido a iso gozase do seu interese e agrado). Ó mesmo tempo, convidaríase a outros alumnos e alumnas do mesmo curso doutros centros próximos (a ser posible, co obxectivo de motivalos) a que participasen nas discusións propostas. Deste xeito, ademáis de aprender a argumentar, estreitaríanse as relacións entre os adolescentes da mesma comarca, cidade, etc. Todo isto, estaría supervisado polos docentes desta materia (pertencentes ós diferentes centros), co cal tamén se propiciaría a relación entre nós co obxectivo de abordar cuestións relacionadas con todo o que aquí se está a propoñer.

Responder esta

Penso que unha rede social deste tipo sería unha ferramenta moi útil para que os alumnos intercambiaran apuntes, exercicios e explicacións sobre un tema en concreto antes da realización dalgunha proba de avaliación. Non so poderían intercambiar información, senón opinións e mesmo descargar actividades da propia páxina para complementar ós seus estudios. No meu caso serían materiais relacionados coa asignatura de inglés.

Responder esta

Creo que tes razón. O feito de compartir e intercambiar, axudaríalles moito a ter una visión máis ampla do tema. Pero, ademáis, o simple feito de facelo solidariamente estimula a súa capacidade de traballo en grupo. É como cando nós preparabamos unha proba ou traballo entre vari@s pero aplicando as TIC. Cómodo, rápido, e con acceso a moooooooitas máis fontes de información!

Responder esta

Paréceme moi interesante a utilización de redes sociais no ensino, xa que a través delas podemos intercambiar e compartir información. Como a miña especialidade é Educación Física (Secundaria), trataría de formar un foro de debate cos alumnos/as da ESO sobre a importancia do deporte e a actividade física na saúde e na vida diaria, xa que hoxe en día paréceme moi importante este tema, posto que estamos nunha sociedade bastante sedentaria, o cal repercute á saúde dos cidadáns e por suposto á dos alumnos/as. Non só se comunicarían entre os alumnos/as do mesmo centro senón doutros da mesma comunidade, e desta maneira conseguir unha maior información sobre o que pensan realmente os discentes deste tema, e que eles mesmos cheguen as súas propias conclusións.

Responder esta

PENSO QUE UNHA REDE DESTE TIPO SERIA MOI UTIL

Responder esta

Por exemplo?

Responder esta

Creación dunha antoloxía de textos:
En relación coa miña especialidade, lingua castelá e literatura, penso que unha rede social podería servir para construir entre o alumnado dunha aula e o profesor unha pequena antoloxía de textos relacionados cos contidos de literatura do curso e tamén cos gustos persoais dos alumnos. Trataríase dunha actividade de fomento da lectura e da apreciación literaria, permitindo comentar os textos engadidos (poemas ou fragmentos significativos de teatro e prosa) así como abrir a posibilidade de incluir textos de creación persoal dos propios alumnos.

Responder esta

Ola, paréceme unha proposta interesante. Eu tamén son profesora de Lingua Castelá.O que non sei é se podería levarse a cabo en centros con escasos recursos

Responder esta

Con relación a proposta da creación dunha antoloxía de textos a rede social poderíase empregar na dinamización das bibliotecas dos instituos, os alumnos poderían facer unha recomendación do libro do mes a través da rede e así os nteresados en participar nesta actividade accederían a estas recomendacións e así se lles daría unha posibilidade de manifestar as súas opinións sobre os libros recomendados.Trataríase de que a biblioteca non sexa vista só coma un lugar de estudo ou préstamos de libros.

Responder esta

hola marina
son oliva, a tua compi de instituto
se estas por ahi, sauda
unha aperta

Responder esta

Penso que sería moi útil crear unha rede social na que puideran participar tanto os alumnos como os profesores, na que se puideran intercambiar e compartir recursos e opinións, facer activiades online, con múltiples recursos multimedia, xogos, simulacións, resumos e esquemas dos temas que axudaran a aprender e fixar conceptos dunha maneira máis amena e divertida. Neste sentido, considero que están moi ben estas páxinas web (para a área das ciencias sociais):



http://geogalia.blogspot.com/

Responder esta

RSS

Membros

  • GENIVAL FERREIRA DE MIRANDA
  • Xabier Camba Sanmartín
  • sergio
  • Carme Pernas Bermúdez
  • germán
  • Ana Belén Saá Novo
  • alba
  • Fátima
  • GENIVAL FERREIRA DE MIRANDA

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo