Achegaremos neste tópico propostas de uso do podcast no labor docente.

Un exemplo.
Desde o Equipo da biblioteca queren fomentar a lectura aproximando ao conxunto do alumnado as obras que están a ter mellor recepción. Por iso, xunto con determinados departamentos do Centro, créanse grupos de alumnos/as encargados de facer reseñas orais daqueles libros que máis lles gustaron. Estes grupos deben elaborar un breve guión no que apoiarse á hora de gravar as intervencións e no que recollan unha serie de datos, como quen é o autor, por que lles gustou, a quen llo recomendarían especialmente, etc. Esas gravacións aloxaranse logo no blogue da biblioteca acompañadas dunha imaxe do libro.
Pode verse a experiencia Cuentalibros.

Tags: audio, didácticas, podcast, propostas

Compartir

Responder esta

Respostas a este tópico

Se temos un neno na nosa aula que teña un deficit visual, podemos propoñer realizar historias, ou contos entre grupos, é para fomentar a igualdade, podemos poñer os nosos alumnos o recurso de cotovía e facer posible que todos os alumnos teñan os mesmos privilexios. Tamén podemos fomentar na escola un concurso de relatos onde se emitirán polo fío musical, e para elo deberán pasar as súas historias o formato mp3

Responder esta

Na aula de Diversificación traballamos moito a lectura en voz alta para que corrixan elementos como: a expresividade, pausas nos lugares adecuados, velocidade lectora, regresións... unha alternativa sería propoñerlles unha actividade na que tiveran tempo para preparar esa lectura ben, que se gravasen, despois que colocasen o arquivo de audio no blogue. Esta sería unha proba para valorar igual ca un exame, coa vantaxe para o alumnado de que podería ensaiala até que estivese ben. Non creo que fose recomendábel repetilo en moitas ocasións porque pode ser tedioso traballar moito co mesmo texto.

Responder esta

os podcast son moi útiles para relaizar gravacións dos nenos a hora de traballar os aspectos da linguaxe expresiva no meu caso como mestra de AL, teremos a posibilidade de empregalos para ver a evolución dos nenos, eles serán mais conscientes dos erros fomentando asi o interes por superarse.

Responder esta

Pensando na elaboriación de actividades na tutoría de alumnos de secundaria, co obxectivo de favorecer o traballo en equipo e a cohesion do grupo, ocurreseme que poderiamos facer entre todo o grupo unha especie de programa de radio, presentando temas de musica, e elaborando pequenos reportaxes sobre temas de actualidad. Ese podcast sera colgado no noso blog

Responder esta

Uso práctico do podcast, para a miña materia: poder grabar algunha conferencia e colgala no blog. Despois habería que facer unha síntese ou ben respostar a unhas preguntas acerca do discurso do conferenciante. Na web hai varios exemplos deste tipo, de asociacións estudiantís filosóficas que organizan confererencias e colgan despois os audios. Por exemplo: http://secc.blogaliza.org
Mais, teño que recoñecer que máis interesante me resulta unir o audio con imaxes e crear un video que, supoño, é unha das actividades seguintes.
A idea de Ana compártoa plenamente. No caso de ter alumnos con déficit visual, ben podería ser a alternativa idónea para acompañar os contidos escritos do blog e facelo así máis accesible.

Responder esta

Unha posibilidade de empregar o podcast na clase é a de facer un conto entre todos o nenos. Primeiro os nenos fan as ilustracións do conto que queremos levar a cabo, e despois de escanealas introducilas no ordenador, engadeselle a narración do conto feita polos nenos, empregando o micrófono.

Responder esta

Poderíamos utilizar os podcast na aula de música de moitas maneiras. Unha delas podería ser:
-Nas cancións con letras extranxeiras: grabar a pronunciación da letra por unha persoa nativa coma por exemplo inglés , francés e intentar imitala.
-Que os alumnos engadan músicas que lles gusten e as comenten entre eles (publicaríanse no blog) e incluso crear unha biblioteca musical.
-Poderíanse publicar entrevistas realizadas polos propios alumnos...
O meu blogue: http://andrea86gf.blogaliza.org/

Responder esta

Poderíase elaborar unha lectura do primeiro capítulo do Quixote para o día do libro. Esas gravacións recolleríanse no blogue da aula da materia de Lingua castelá e Literatura, acompañadas de imaxes que exemplificarían as distintas esceas da obra

Responder esta

Sonia, estiven pensando nunha proposta con audio para a nosa materia, Lingua Castelá e Literatura, e elaboreina. Por casualidade coincidín coa túa mesma proposta. Debe de ser que é unha actividade moi apropiada con esta finalidade.

Lingua Castelá e Literatura é unha materia na que se poden realizar moitísimas actividades con audio. Así, por exemplo, en Secundaria poden realizarse: recitais poéticos, declamacións teatrais, gravacións a propósito dun día relacionado coa Lingua e coa Literatura. Así, para conmemora-lo día do libro, 23 de abril, os alumnos dun Instituto de Secundaria irán pasando pola biblioteca e lendo unha páxina da coñecidísima e tan lida obra de Miguel de Cervantes: Don Quijote de la Mancha. O número de páxinas asignarase segundo o curso. Gravaranse as intervencións orais. No blogue da biblioteca quedará recollida esta actividade con audio.

Por outra banda, xa amosei no módulo I un proxecto de Lingua Castelá e Literatura para 3º de ESO: Obradoiro de leturas. Pois ben, pódese modificar esa actividade e introducir audio. Partiremos dunha rede social de alumnos de 3º de ESO. Este lugar de interconexión permitirá mellora-la competencia comunicativa, fomenta-la lectura e o traballo creativo coas TIC. Recomendaranse unha serie de lecturas non obrigatorias. Os alumnos enviarán comentarios acerca do que lles suxiren os títulos. Farase unha votación para elixir un libro por trimestre. Unha vez seleccionada a lectura, fixarase unha data na que os integrantes desta rede están convocados. Ese día, os membros (profesor e alumnos) participarán nun foro no que opinarán sobre a lectura realizada. Ademáis cada alumno escribirá no seu blogue unha redacción persoal (mínimo 25 liñas) do que lles pareceu o libro, de se coincidiu o argumento co que lle suxiriu o título nun inicio, e de como variaría o final. Tamén recomendarán un libro que eles leron. Teñen que convencer ós seus compañeiros. Para iso poden ilustra-lo seu blogue, introducir unha ficha persoal do seu autor…incluir ligazóns. Todo vale para que o seu libro sexa vencedor e poida competir con outros para ser lido no segundo trimestre. Ó final do curso, realizarase na biblioteca do centro, unha gravación coas intervencións orais dos alumnos e do profesor/a; gravación na que se indicarán o libro que máis lles gustou de todo o curso, de modo que se poida xerar unha lista de lecturas favoritas que poidan servir para os alumnos de 3º de ESO do ano seguinte. Esta actividade con audio apoiarase nun guión para que as intervencións orais segan un mesmo orde. No blogue da biblioteca quedarán recollidas estas intervencións.

Responder esta

A mi el uso de Podcast me parece uno de los mejores métodos para aprender inglés y seguir practicándolo. Pues yo descargo los ESL Podcast y los oigo donde quiera que voy, ya sea en el coche o en el IPod. Es una buena forma de ayudar a los alumnos porque hoy en día ellos están todo el rato con el ipod escuchando música y por qué no podrían estar practicando el inglés, listening, pronunciation, speaking, reading, ect.

Responder esta

Dende a área de Ed. Física podemos empregar o podcast para compartir con outros colegas música para a realización de sesións de aerobic, ou para o traballo de relaxación.

Responder esta

Co uso de podcast nas linguas estranxeiras, os alumnos escoitan modelos de nativos gravados, por exemplo, emisións de radio ou outros podcast como os que aparecen especificamente en British Council ou Learning English, para despois gravar eles mesmos parcialmente o texto lido que previamente lles foi facilitado e que tamén aparecen como transcicións en PDF nas mesmas páxinas.

Responder esta

RSS

Membros

  • César Viñas Piñeiro
  • GENIVAL FERREIRA DE MIRANDA
  • Xabier Camba Sanmartín
  • sergio
  • Carme Pernas Bermúdez
  • germán
  • Ana Belén Saá Novo
  • alba
  • Fátima

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo