No tema do curso "Publicación de documentos" introdúcese a publicación de materiais en distintos formatos mediante aplicacións que permiten reproducilos e compartilos: Slideshare, Scribd, Slideboom, Calaméo, etc.

Neste tópico imos reflexionar sobre os usos didácticos lles podemos dar a estas aplicacións.

Por exemplo:

Na materia de Historia da arte, o alumnado, a partir de fotografías das obras dun determinado pintor ou pintora, debe elaborar unha presentación na que se explique a súa traxectoria e caractarísticas básicas do seu estilo pictórico. Estas presentacións publicaranse e compartiranse en Slideshare.

En educación infantil, a mestra elabora presentacións para aprender vocabulario, inserindo imaxes de diversos temas. Unha presentación sobre as partes do corpo humano, outra sobre animais, outra sobre os números, etc. Mediante a visualización en clase utilizando un proxector ou un encerado dixital o alumnado debe ir identificando as imaxes e nomeándoas correctamente. Estas presentacións compártense en internet con outras mestras e mestres, creando un banco de recursos útiles para usar en clase.

Tags: presentacións

Compartir

Responder esta

Respostas a este tópico

Dentro da área de música podemos facer unha presentación a partir dunha obra (música clásica, por exemplo), para elo o alumnado poderá traer fotos, feitas por eles ou de internet, que teñan relación coa música e con isto facer unha presentación. Estas serían publicadas e compartidas. Creo que este é un aspecto importante, xa que o alumnos mediante estas presentacións pode asociar a música a un estado de ánimo, expresar os seus sentimentos, etc.

Responder esta

AS presentacions que se poden realizar e colgar na rede a través de slideshare poden ser de moita utilidade a hora de motivar os alumnos na realización dos clásicos traballos de clase sobre diversos temas. Eles están acostumados a traballar cas novas tecnoloxías e resultalles doado familiarizarse con esta aplicación á hora de relaizar o traballo. A miña proposta é para un gruopo de alumnos de Bacharelato, no que se lles pide ós alumnos na materia de Matemáticas qoe elaboren unha reseña de diversos matemáticos famosos (Gauss, Newton, Descartes, Euclides, PItágoras ...) para conmemorar o dia internacional das Matemáticas e que colgen as súas presentacións en Sildeshare para que todos os traballos sexan accesibles a todo os alumnos.

Responder esta

Para traballar na aula resulta motivador o uso de presentacións con calquera tema, por exemplo poderiamos facer un traballo sobre animais do mar, terra e aire e as súas implicacións comúns, alimentos que inxiren, ciclos de migracións, etc.Poderemos completar a información a medida que avanzamos na aprendizaxe.

Responder esta

Este tipo de recursos resultan de moita utilidade para desenvolver as capacidades relacionadas coa interpretación de textos discontinuos, un dos grandes problemas do ensino en Europa según indica o informe Pisa. Mui utilizados nas fases introductorias, creo que, pola súa combinación de elementos de diversa condición (imaxe, texto, son, velocidade, ....), resultan especialmente indicados para o coñecemento do patrimonio clásico..

Responder esta

Para a clase de inglés é moi interesante o uso das presentacións: novo vocabulario, novas actividades, viñetas, etc. Estas fan máis expresivos os novos contidos.

Responder esta

En 3º Diversificación propoñemos un tema de traballo: América do sur. Repartimos os diferentes países entre o alumnado e entregamos un guión no que se citarán aspectos xerais como: límites, lingua(s), bandeira, tipo de goberno, escritor/ora, pintor/ora, monumento importante, espazo natural destacábel... Unha vez recollida a información deberán de facer unha presentación ( en power point, por exemplo) na que se traten os diferentes aspectos.

Responder esta

RSS

Membros

  • sergio
  • Xabier Camba Sanmartín
  • Carme Pernas Bermúdez
  • germán
  • Ana Belén Saá Novo
  • alba
  • Fátima
  • GENIVAL FERREIRA DE MIRANDA
  • Ines

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo