No tema do curso "Publicación de documentos" introdúcese a publicación de materiais en distintos formatos mediante aplicacións que permiten reproducilos e compartilos: Slideshare, Scribd, Slideboom, Calaméo, etc.

Neste tópico imos reflexionar sobre os usos didácticos lles podemos dar a estas aplicacións.

Por exemplo:

Na materia de Historia da arte, o alumnado, a partir de fotografías das obras dun determinado pintor ou pintora, debe elaborar unha presentación na que se explique a súa traxectoria e caractarísticas básicas do seu estilo pictórico. Estas presentacións publicaranse e compartiranse en Slideshare.

En educación infantil, a mestra elabora presentacións para aprender vocabulario, inserindo imaxes de diversos temas. Unha presentación sobre as partes do corpo humano, outra sobre animais, outra sobre os números, etc. Mediante a visualización en clase utilizando un proxector ou un encerado dixital o alumnado debe ir identificando as imaxes e nomeándoas correctamente. Estas presentacións compártense en internet con outras mestras e mestres, creando un banco de recursos útiles para usar en clase.

Tags: presentacións

Compartir

Responder esta

Respostas a este tópico

Para traballar na aula de apoio é moi útil no caso dos alumnos extranxeiros, diseñar presentacións a modo de unidades temáticas para aprender vocabulario, expresión de accións, fórmulas de cortesía, etc, de maneira que podamos adaptalas para cada alumno atendendo ós seus intereses.Cada neno ten o seu propio diccionario e pode acceder a el as veces que sexa necesario, engadindo novas verbas a medida que avanza na súa aprendizaxe.

Responder esta

en educación infantil é moi educativo traballar con presetacións xa que a traves de elas se motiva dun xeito especial aos nenos e nenas

Responder esta

As presentacións son útiles en calquera materia, podense empregar como apoyo dunha explicación ou por parte dos alumnos para a realización dunha exposición. Por exemplo no caso da literatura que é a miña especialidade, antes de comezar o estudo dunha determinada época literaria é necesario explicarlles ós alumnos o contexto soiciohistórico no que se escribiu unha determinada obra, para elo pode ser moi práctico elaborar unha presentación con imaxes da época: forma de vestir, arquitectura, obxetos, costumes xunto con fragmentos de distintos textos.

Responder esta

Como profesora de Lingua Castelá e Literatura concordo contigo na túa visión.

Unha actividade de aula para traballar neste senso en Lingua Castelá e Literatura é a que propoñemos a continuación para alumnos de 3º de ESO .Unha vez adentrados na literatura medieval e sabendo quen é Cid, o Arcipreste de Hita…. organizaránse en grupos de traballo e adentraranse nas rutas literarias medievais: ruta do Cid; ruta do Arcipreste de Hita, ruta do nacemento do castelán; ruta do camiño de Santiago. Cada grupo terá que elaborar un mapa no que aparezan as localidades máis importantes da ruta elixida. Buscarán información en Internet, biblioteca/s, oficinas de turismo, etc. Terán que buscar fotografías e datos para elaborar unhas fichas sobre cada cidade ou pobo. Deberán crear en Flickr un álbum de fotos co nome dos lugares do itinerario e unha inserción de datos. No blogue de aula publicarase unha secuencia. Tamén terán que pegar no seu mapa as fichas (creadas a partir das fotos e os datos destas) , creando un itinerario. Cada grupo de traballo deberá elaborar unha PRESENTACIÓN na que se explique o itinerario coa explicación dos datos das rutas medievais ; presentacións que se publicarán e compartirán en Slideshare. A modo de exposición, cada grupo “visitará” o percorrido dos seus compañeiros.

Responder esta

En educación infantil sobre todo cos nenos de 5 anos, se levamos 3 anos traballand con eles co power point, podemos ir facendo presentacións sobre contos que elaboren eles...moi sinxelos, con frases moi cortas e dibuxos scaneados. Sen embargo, desta forma estaremos fomentando en eles a utilización das TIC na vida e que vai máis aló que xogar co ordenador. O finalizar, se no colexo se reealizase un festival, por exemplo do día do libro podemos pedir que poñan unha pantalla e nela proxectar un conto que houbésemos realizado na aula, pero esta vez a profesora utilizaría o Slideshare para darlle coherencia e facer a actuación unha gran presentación xa que iría pasando as diapositivas solo, como se fose un video

Responder esta

A presentación en ppp das unidades pode servir para repasar todos os contidos de forma sucinta e sistemática. Pódese acompañar de gráficos, esquemas, etc que permitan unha maior e mellor comprensión á hora de estudar. A posibilidade de acompañar fotografías dos autores, de cadros da época e demais información pertinente favorecerá o traballo da competencia dixital.
A miña proposta consiste en facer presentacións power point de cada autor tratado ao longo do curso.
Por outra banda, o blog permítenos almacenar e poñer ao servizo do alumnado unha infinidade de documentos de relevancia para o desenvolvemento da materia. No meu caso, os exames de selectividade de anos anteriores.

Responder esta

O feito d eque podamos insertar PDFs e mais presentacións con imaxes son ideales para colgar apuntes e incluso para colgar frases de sintaxis analizadas, xa que non hai moitos programas sinxelos de usar que sirvan para ver frases analizadas tanto en caixa como en árbore.

Responder esta

Na etapa de educación Infantil, pode servir para expoñer algún tema que estemos vendo coma vocabulario das unidades, para expoñer as conclusións dun proxecto que fixemos ou tamén para traballar os contos. Poden facerse as presentacións xuntos cos nenos, empregando a pizarra dixital interactiva, e programas como Notebook. Estas presentacións sobre os contos, poden imprimirse e gardarse na biblioteca da aula para que os nenos os poidan consultar cando queiran, ou ben deixalas gardadas no ordenador e envialas ao rematar a unidade que estemos traballando.

Responder esta

En educación física podemos empregar as presentacións para a realización de unidades de anatomía, ou para tratar aspectos de hixiene postural.
Non coñecía slideshare, e paréceme xenial para atopar contidos para a miña área, e poder colgar os que teña eu, e así poder facilitar o meu traballo.

Responder esta

Las presentaciones me parecen un método muy bueno para que los niños aprendan más motivados, pues a veces están aburridos del libro y se pueden hacer proyectos muy interesantes como por ejemplo en inglés, aprender el Abecedario, pueden recortar cosas de revistas que empiecen por diferentes letras, luego las ordenamos, hacemos una presentación y la colgamos para que otros las puedan ver, o en casa sus padres para que vean lo que hicieron en el cole. Además cuando las volvamos a ver los niños se van a acordar porque lo hicieron ellos.

Responder esta

A miña proposta radica na publicación dunha folla de observacion de actitudes para que os propios rapaces se autoevaluen en cuestions actitudinais para que desenrolen a competencia basica de autonomia e actitude critica, ademais dun cuestionario para que cubran para coñecer o rumbo e a efectividade da accion docente

Responder esta

Como mestra de apoio (Pedagoxía terapéutica) a utilización das presentacións é moi adecuada cando introducimos ao alumno nun novo aprendizaxe ou intentamos que reconstrúa a información que mestre dunha materia concreta lle fixo chegar. Por exemplo: para traballar as partes do corpo, a clasificación dos seres vivos, a regras de acencuación... Xa que a través das presentacións podemos amosarlle exemplos con texto, imaxes, audio...
Poderemos compartir as presentacións en Slideshare e tamén facer uso doutras do noso interese.

Responder esta

RSS

Membros

  • Ana Belén Saá Novo
  • alba
  • Fátima
  • GENIVAL FERREIRA DE MIRANDA
  • Ines
  • paula
  • Mª Carmen Peteiro
  • Mariana
  • Andrea

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo