Durante a segunda unidade deste curso imos publicar materiais e recursos utilizando un blogue propio. Cómpre que sigas utilizando o blogue creado unha vez rematado o curso. Para iso debes deseñar un pequeno proxecto cos obxectivos do teu blogue, que deben ter relación co ensino ou a práctica docente.

Para iso podes facerte unhas preguntas:
- A quen vai dirixido o contido do meu blogue? Pode estar dirixido ao alumnado, a profesorado da túa especialidade, ás familias, etc, ou a toda a comunidade educativa en conxunto.
- En que temas voume centrar? Pode tratarse dun blogue xeral no que se toquen temas de todo tipo relacionados coa escola ou coa materia que se está a impartir, ou pódese elixir un tema específico de interese (xogos populares, arte galega, experimentos, etc.)

Ademáis dun blogue persoal, outra opción de interese é a creación dun blogue de aula, e que sexa o alumnado dun grupo o que escriba e publique no blogue os seus traballos. Tanmén pódese crear un blogue para o departamento, no que tódolos membros do mesmo poden engadir publicacións relacionadas coas materias que imparten.

Non te preocupes se ao principio publicas unhas entradas de proba, pois sempre se poden borrar, pero é conveniente que dende o principio teñas uns obxectivos claros para a túa publicación.

Explica neste tópico cal é o teu proxecto e, se queres, envíanos a ligazón ao teu blogue.

Tags: blogue

Compartir

Responder esta

Respostas a este tópico

As últimas anotacións dos blogues creados durante o curso e presentados aquí poden seguirse desde os planetas constituídos en Planetaki e mais en Xfruits. Que non morran!

Responder esta

RSS

Sobre

dplingua dplingua criou esta rede social no Ning.

Membros

  • Andrés López
  • Bernardo
  • Natalia Garcïa López
  • Moises
  • Manuel Lopez
  • María Inés Rodriguez García
  • ¿CANDO CONSEGUIREMOS MANEXAR AS TICs?
  • Begoña
  • DIEGO

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo S. Libre

Carregando feed

Foro do grupo Webs dinámicas

Carregando feed

Foro do grupo Introdución...

Carregando feed

Foro do grupo Recursos...

Carregando feed

Foro do grupo Aplicacións...

Carregando feed

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo