Durante a segunda unidade deste curso imos publicar materiais e recursos utilizando un blogue propio. Cómpre que sigas utilizando o blogue creado unha vez rematado o curso. Para iso debes deseñar un pequeno proxecto cos obxectivos do teu blogue, que deben ter relación co ensino ou a práctica docente.

Para iso podes facerte unhas preguntas:
- A quen vai dirixido o contido do meu blogue? Pode estar dirixido ao alumnado, a profesorado da túa especialidade, ás familias, etc, ou a toda a comunidade educativa en conxunto.
- En que temas voume centrar? Pode tratarse dun blogue xeral no que se toquen temas de todo tipo relacionados coa escola ou coa materia que se está a impartir, ou pódese elixir un tema específico de interese (xogos populares, arte galega, experimentos, etc.)

Ademáis dun blogue persoal, outra opción de interese é a creación dun blogue de aula, e que sexa o alumnado dun grupo o que escriba e publique no blogue os seus traballos. Tanmén pódese crear un blogue para o departamento, no que tódolos membros do mesmo poden engadir publicacións relacionadas coas materias que imparten.

Non te preocupes se ao principio publicas unhas entradas de proba, pois sempre se poden borrar, pero é conveniente que dende o principio teñas uns obxectivos claros para a túa publicación.

Explica neste tópico cal é o teu proxecto e, se queres, envíanos a ligazón ao teu blogue.

Tags: blogue

Compartir

Responder esta

Respostas a este tópico

Este é o meu blog http://arabesca.blogaliza.org/
A miña intención é poñer o coñecemento doutros docentes prácticas educativas que van tendo repercusión na miña aula e que están dando algún resultado, xa que en educación infantil unhas das prácticas máis habituais e o ensayo por error. Ter a posibilidade de que outras persoas denche solucións ou o seu punto de vista en determinados temas, tamén me parece interesante e sobre todo, facer unha reinvindicación sobre algúns temas da nosa realidade e que se tratan de reflexións personais, pero que está ben podelas poñer en algún lugar .

Responder esta

Paréceme interesante a aplicación dos blogues de aula, xa que é un medio próximo ao alumnado, no que normalmente se manexa ben. Sería unha maneira de "aproveitarse" dos seus coñecementos para outros fins. No caso do blogue no que eu estou a pensar ( un dirixido a alumnado de 3º ESO PDC) teño a desvantaxe de que o 50% descoñece o funcionamento deste recurso, e algún alumno non posúe ningunha experiencia no manexo na rede. En todo caso podemos ussar o blogue para que eles redacten os seus propios textos ( en vez de entregalos en papel) sobre temas de actualidade ou que lles afecten ( están entregando un cada 15 días) e que os demais insiran comentarios sobre ese tema.

Responder esta

Bueno no meu caso como mestra de AL é interesante posto que hai moita menos información e material dispoñible para traballar, desta maneira será mais doado contactar con outros mestres para intercambiar información, aportar experiencias vividas con bos e malos resultados, cabe tamen a posibilidade de facer grupos de traballo on line entre mestres desta especialidade.

Responder esta

Al igual que las redes sociales, los blogs son una herramienta actual que disponemos que tiene mucha potencia. Miplanteamiento basicamente es el de utilizar el blog como "panel de anuncios" para que los alumnos se enteren de normas, fechas importantes, descarguen apuntes .. Es decir, crear un espacio interactivo para que la materia pueda discurrir mas dinamica

Responder esta

Resultan tremendamente útiles os blogues nas aulas, sobre todo porque o alumnado está acostumado na maioría dos casos ó seu uso. resúltalles atractivo o feito de traballar a través da rede, xa que dalgún xeito rompe a rutina da aula e do papel.

No meu proxecto propoño a creación dun blog que lle permita o alumnado recopilar textos do seu agrado apra compartir c@s seus/súas compañeir@s de aula e así crearmos entre tod@s un fondo de lecturas comúns que os identificarán como clase, unha especie de escolma persoal de poemas da súa aula.

Responder esta

A miña blog (http://adrilp.blogaliza.org) está creada coa finalidade de dispoñer dun espazo na rede no cal poder realizar reflexión e aportación acerca de todalas temáticas que nos inquedan, como profesores/ as de apoio (da especialidade de Pedagoxía Terapéutica). Nesta blog introduciranse enlaces de interese e novas de actualidade para favorecer a formación e consensuar decisións de cara a unha intervención efectiva cos alumnos/ as que precisen do noso apoio, sobre aspectos como: recursos materiais a empregar, estratexias de intervención, métodos pedagóxicos, tipo de medidas de atención á diversidade, coordinación dos diferentes profesionais que interveñen no proceso de ensino-aprendizaxe do alumno/ a, colaboración da familia como axente que favorece a xeneralización das aprendizaxes...

Atopei unha blog moi interesante que ten como finalidade a integración das TIC no ensino e nela aparecen recurso tanto para profesores, alumnos, familia... Aquí vos deixo a URL http://maggiecastro.blogspot.com/

Responder esta

Eu propoño crear un blogue centrado nos contidos da miña materia Lingua castelá e Literatura no que recollería ligazóns de interese e anotacións relacionados cos temas tratados na mesma, de modo que os alumnos as poidan consultar, partindo desta poderíase crear un blogue de aula na que os alumnos recollerían os seus traballos e as súas opinións e puntos de vista sobre o material que eu lles vaia facilitando a través da miña páxina.

Responder esta

Sonia, eu coincido contigo nos contidos do meu blogue: un blogue de Lingua Castelá e Literatura.

Como as restantes persoas deste grupo, neste foro amosarei información e opinións sobre os usos con maiores potencialidades no ensino: os blogues dos profesores (blogues nos que os profesores poden incluir consellos para os alumnos; engadir ligazóns; administra-los contidos : audio, documentos, imaxes, vídeo…; escribir da súa práctica docente , da actualidade da súa materia; compartir coñecemento persoal ; anunciar cursos, obradorios, etc.); os blogues dos alumnos (blogues nos que os alumnos poden presenta-las tarefas adxudicadas polo profesor ;engadir reflexións , diarios escritos; manter conversacións co grupo de traballo…); fotologs (blogs a base de imaxes); planetas ( web na que aparecen as últimas noticas publicadas en todos os blogues inscritos. Poden empregarse, por exemplo, para unir nun mesmo espacio todos os blogues (de profesores con intereses semellantes, de alumnos dunha mesma aula…).O que está claro é que os blogues permiten a interacción dos que os publican e dos visitantes. No proceso de ensino-aprendizaxe, os blogs (ou edublogues) son útiles e importantes instrumentos de comunicación para o intercambio de información e a facilitación das aprendizaxes. Esta comunicación establécese dun modo moi sinxelo (a través dun computador conectado a Internet, pódese facer uso do blogue), accesible (acceso á comunicación en calquera lugar e momento), variado (permite a posibilidade de compartir textos, imaxes e sonido), económico..A través dos blogues, tanto os profesores como os alumnos colaboran no desenrolo dos contidos (engadindo contidos a través de artículos, comentarios…, expoñendo dudas, suxirindo ideas..)

A continuación paso a unha proposta de traballo cos blogues. Trátase dun proxecto de traballo de Lingua Castelá e Literatura dirixido a alumnos de 3º de ESO: TRABALLO DE LITERATURA : O LAZARILLO DE TORMES.

Achegarémonos á obra renacentista El lazarillo de Tormes a través da investigación en grupos de traballo. Tra-la lectura inicial da obra, os alumnos constituirán grupos de traballo. Cada grupo centrarase nun dos sete tratados que configuran a obra e terán que realizar no seu BLOGUE un resume do tratado (mínimo 25 liñas) ,así como responder a unha serie de cuestións concretas (relativas ó autor , á sociedade do momento, ó contido, lingua literaria, experiencia persoal) plantexadas polo seu profesor relacionadas fundamentalmente cos tratados que elixiron ou cuestións xerais como as relativas á sociedade do momento . Os grupos ós que lles toquen tratados moi breves terán que traballar outro tratado máis (dase a posibilidade de que se aborde un de menor extensión que os dous outros grupos). Terán que ilustra-lo blogue con imaxes referentes ó libro ou ó tratado e poderán engadir outro material que consideren oportuno para información dos seus compañeiros: enlaces, documentos, audio, vídeos…. Votarase ó blogue meior feito e xustificaranse os motivos da elección. A realización dos blogues incidirá na nota da evaluación (terase moi en conta a coherencia, cohesión e adecuación do escrito, as faltas de ortografía, pero tamén aquel material que se incorpore a maiores ó solicitado polo profesor, e a creatividade (na que xogará un papel moi importante as TIC). Finalmente, cada alumno terá que responder a un cuestionario sobre a obra e os tratados (do estilo do seguintes:http://correu.edu365.com/eso/muds/castella/lectures/lazarillo/mient... ou este segundo, por exemplo, inclúe video que seguramente algún alumno xa atopara e incluira no seu blogue); Para iso, é importante que cada alumno lera os blogues. Neles atópanse respostas ás cuestións plantexadas. Tamén para buscar información poden recurrir a ligazóns proporcionadas polo seu profesor (http://www.cervantesvirtual.com/servlet/SirveObras/1270473044902749... Check/Lazarillo/lazaro.html , etc). Una vez, valorados os traballos, o profesor amosará un blogue seu no que se atoparán aspectos que teñen que quedar moi claros para os alumnos de 3º de ESO con respecto esta obra.

Responder esta

O meu blogue é: http://andrea86gf.blogaliza.org/
Os blogues son ferramentes moi útiles. No ámbito de música, a profesora podería elaborar un blogue con noticias musicais, esquemas, apuntamentos, próximos eventos (concertos didácticos, festivais)…ós cales poderían acceer os alumnos. Os alumnos tamén poderán deixar suxerencias, enlaces musicais intersantes, partituras…
O meu blogue está distinado ás diferentes posibilidades educativas que ten a música moderna na aula: a interpretación de música dos Beatles, de cantautores españois como Rosana, á escoita activa de audicións modernas, escritura das cancións, lectura de partituras…

Responder esta

Hola este es mi blog http://eferdi.wordpress.com con el me gustaría abrir una puerta a todos los comentarios relacionados con la enseñanza, tanto por parte de los profesores como de los alumnos.
Me parece muy interesante esto del blog, porque todos los que hagan uno, podrán expresar todas sus opiniones y comentarios acerca de los temas que nos vayan surgiendo.
Por ejemplo, yo quiero hacer mi blog con temas de ESL o ELT, english as a second language, o english language teaching. Además de ir comentando qué diferentes recursos podemos utilizar en la enseñanza de un idioma.Gracias.

Responder esta

Este espazo ten a intención de servir como páxina de referencias aos distintos recursos que sobre as linguas (a galega a primeira pero non a única) están espallados pola Internet. Por outra banda tamén se verterán nel opinións e se crearán temas para a reflexión, moitas veces relacionados e suscitados por intervencións doutros membros da comunidade escolar de aquí e de acolá.
http://ouxan.blogaliza.org

Responder esta

O emprego do blogue pode enfocarse desde moitos puntos de vista. Un deles, por exemplo, e relacionado coa educación Infantil, é o de crear un bloque do aula, onde se vaian poñendo noticias, fotografías das actividades realizadas, eventos que levemos a cabo, etc, ademais de servir como tablón de anuncios para pedir a colaboración dos pais en determinados casos.

O proxecto do meu bloque é aportar informacións xerais acerca da educación, e nalgúns casos, relacionadas especialmente coa educación infantil coma noticias, novas experiencias e recursos que poidan empregarse no aula. A dirección do meu blogue é http://arannita.blogaliza.org/

Responder esta

RSS

Sobre

dplingua dplingua criou esta rede social no Ning.

Membros

  • Eval
  • Ana Garrido
  • elisabete calisto da silva
  • Eva
  • ROBERTO
  • Tania María Paz Bravo
  • Lidia
  • Ivan
  • Ali

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo