Xano

Exemplos e ideas prácticas de utilización dos foros e listas de distribución no ensino

Casos e propostas de usos concretos no ámbito educativo.

Compartir

Responder esta

Respostas a este tópico

No curso de 3º da ESO proponse elaborar na clase de Lingua Castelá e Literatura un concurso de poesía. Os alumnos crearán un caligrama e o colgorán na foro da aula, para dalo a coñecer.
A través do foro, os alumnos exporán os seus comentarios sobre os poemas do resto dos compañeiros.

Responder esta

Este trimestre estamos a ler La lluvia amarilla de Julio Llamazares, ´várias poderiam ser as propostas que poderiamos realizar relacionada com esta obra. Os alunos poderiam intercambiar opinions sobre a obra, distintos análises críticos, interpretaçons plausiveis das metáforas que percorrem o livro desde o mesmo título. Outro foro de discussom pode girar arredor de se existem na Galiza povos como Ainielle. Buscarám informaçom, poderám colgar fotos e vídeos desses povos que estám a morrer ou morrerom. Reflexionarám sobre as causas do seu abandono. Som as mesmas ou distintas as que obrigarom aos habitantes de Ainielle a abandonar a aldea? Som outras? Podemos facer umhas narraçons em que se misturem imagens e texto. Ao mesmo tempo que trabalhamos a literatura, estaremos a compor textos expositivos, argumentativos e ensaio.

Responder esta

Creo que se poderían crear foros en calquera área de primaria para poder realizar actividades utilizando os ordenadores. Asi conseguiriamos, ademais de traballar os contidos específicos de cada area, introducir as Tics.
Por exemplo, unha actividade na area de coñecemento do medio podería ser aportar ideas para a mellora e conservación do medio ambiente.

Responder esta

Manuel, a participación en foros está indicada e se realiza sobre todo en estudios superiores. No caso da educación primaria (e tamén en Secundaria) pode empregarse pero sempre cun profesor que modere ó grupo.

Responder esta

Manuel, os foros son adecuados sobre todo en estudios superiores, e en Primaria (e tamén en Secundaria) sempre que sexan moderados por un profesor.

Na actividade 2 do módulo I reflexionamos sobre as posibilidades das redes educativas no ensino. Tras face-las miñas reflexións amosei unha proposta educativa na que tamén falaba dos foros polo que introduzo novamente esa idea práctica e concreta da utilización dos foros: o fomento da lectura a través dos foros…. A actividade de fomento da lectura utilizando os foros era a seguinte:

… Recomendaranse unha serie de lecturas non obligatorias para o grupo (3º ESO). Os alumnos enviarán comentarios acerca do que lles suxiren os títulos. Pensemos que existen títulos moi breves (constituidos , por exemplo, por un único substantivo), pero enormemente evocadores. Farase unha votación para elixir un libro por trimestre. Unha vez seleccionada a lectura, fixarase unha data na que todos os integrantes desta rede están convocados. Ese día, os membros (profesor.. e alumnos ) participarán nun foro no que opinarán sobre a lectura realizada. Ademáis cada alumno realizará no seu blogue unha redacción persoal ( mínimo 25 liñas) do que lle pareceu o libro, de se coincidiu o argumento co que lle suxiriu o título nun inicio, e de cómo variaría o final. Tamén recomendarán un libro que eles leron . Teñen que convencer ós seus compañeiros . Para iso poden ilustra-lo bloque, introducir unha ficha persoal do autor/a…; todo vale para que o seu libro sexa vencedor e poida competir con outros para ser lido no segundo trimestre….

Trátase, pois, dun foro de debate sobre unha lectura
Poderíamos ,nesta mesma actividade de fomento da lectura, ter como alternativa as listas de distribución . Todos sabemos as súas diferencias. Así, por exemplo, as listas recíbense directamente na caixa de correos, existe unha conta de correo da lista e cando un integrante envía un correo inmediatamente chega ós outros,etc. O profesor do grupo de 3º ESO, neste exemplo que puxen, podería enviar unha mesma información do libro lido no trimestre a todos os alumnos soamente con enviala a unha única conta. É interesante tamén para lembrarlles datas ( por exemplo , de exames).

Rita, intenta non duplicar as intervencións (que sempre podes eliminar). E se segues o fío dunha outra intervención, colócaa desde Responder esta.
Saúdos.

Responder esta

Eu creei un foro en google que ten coma finalidade a análise de distintas cuestións ou problemas xurdidos ao redor da historia da filosofía, así coma o plantexamento de dúbidas concretas sobre a filosofía dos distintos autores analizados ao longo do curso. Os destinatarios son os alumnos de 2º de Bacharelato.

Responder esta

A miña proposta sería para un grupo da especialidade de Filosofía, en conxunto cos de Historía.
no foro poderían introducir comentarios de textos e correxirse uns a outros de forma que así, o ter que pensar mais a fondo para explicarlle a otro o que ten mal, os contidos afianzanse, e tamen cando os otros corrixan o de un, tamen se aprendera daa opinions dos otros.
tamen nese foro, se propondrian temas de debate, onde tod@s teñen que participar de forma que acadarian unha maior competencia linguistica.

Responder esta

A min ocórreseme crear nun cole, un foro onde todos alumnos da etapa de educación infantil poidesen participar,¿ cómo?, pois por exemplo,tendo en conta un dos recursos que se poden empregar se estamos a traballar con proxectos son power point; con este recursos os nenos síntesen motivados porque empregan os ordenadores que son moi atractivos para eles e ademáis poderemos facer un resumo dos nosos traballos dentro do noso proxecto pondo en funcionamento habilidades como a memoria ou recordo e tamén a simplificación, e outro das actividades que se poden levar a cabo no foro é a presentación das nosas reflexións o resto dos compañeiros fomentando así a nosa actitude crítica.

Responder esta

Poderíase crear un foro no que os alumnos puidesen axudarse os uns ós outros para resolver as dúbidas que lles plantexen as distintas materias e tamén para elexir os libros de lectura obrigatoria do curso en vez de imporllelos nos, quizás así conseguiríamos que non lles resultase tan aburrido, nin pesado ler ós nosos alumnos.

Responder esta

Básicamente estas poden ser unha ferramenta fundamental para a comunicación do alumnado en tódolos aspectos: datas de exámentes, exercicios, contacto co titor, opinións sobre a asignatura, realización de traballos que impliquen necesariamente a utilización dun foro ou lista de distribución (por exemplo, que o docente pida que se expresen a través destos medios as opinións sobre unha obra lida ou una película vinculada a un libro, etc.)

Responder esta

RSS

Sobre

dplingua dplingua criou esta rede social no Ning.

Membros

  • Mª Belén
  • SARA
  • Yolanda Paderne Vázquez
  • jorge
  • jaime
  • Estela
  • José Manuel
  • Mª Patricia
  • Leticiab

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza

Foro do grupo S. Libre

Carregando feed

Foro do grupo Webs dinámicas

Carregando feed

Foro do grupo Introdución...

Carregando feed

Foro do grupo Recursos...

Carregando feed

Foro do grupo Aplicacións...

Carregando feed

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo