Respostas a este tópico

considero qu aindaque pode chegar a ser unha ferramenta moi util a nivel de comunicacion e intercambio de informacion, deberia ser unha ferramenta da que se ofrecera unha formacion para chegar a sacarlle todas as utilidades que se pode aproveitar

Responder esta

As redes sociais poden ser e son unha gran ferramenta no proceso de ensinanza-aprendizaxe, que está ao alcance dos docentes e hoxe en día xa case que de todo o alumnado. A través destas redes pódese ofrecer ao alumnado un amplo abano de posibilidades que complementen a súa formación.

Responder esta

Penso que é unha farramenta esencial no proceso de ensinanza-aprendizaxe posto que tanto para docentes como para os alumnos, supon un medio para intercambiar coñecementos e opinions. Eso sí como toda farramenta dixital debemos facer un uso axeitado da mesma.

Responder esta

Por exemplo, na área das TICs pódese compartir coñecemento, recursos online, resolver dúbidas,... falar sobre empresas nas que participar nas prácticas e as condicións de traballo nelas, compartir experiencias,..
Facer parte das prácticas utilizando a plataforma 'agora rede...

Responder esta

Dentro da área de Debuxo, en Educación Plástica e visual poderíanse crear myspace ou fotologs para que cada alumno mostre fotografías dos seus traballos e o proceso de realización dos mesmos co cal establécese un proceso de intercambio de información e o alumno reflexiona sobre o seu traballo e o dos seus compañeiros.

Responder esta

imos o concreto, o establecemente de relacións persoais e datos que se podian establecer nestas plataformas non debería ser o realmente salientable,a veces é esto último o único que parece atraer a participación,
eu enfocaria estas redes máis a desenvolver un ámbito de axuda, no meu caso, no ámbito da música poderíase enfocar para mostrar diferentes proxectos musicáis que se desenrolan nas aulas dos conservatorios de música sobre todo na nova asignatura de conxunto, con intercambio de partituras e arranxos que se fan a efectos pedagóxicos,

Responder esta

As redes socias no ensino axudan a fomentar a innvovación e a integracion das TIC na educación, sendo así mesmo, unha boa ferramente de moita utilidade para o intercambio entre profesores, entre profesores e alumnos, etc.
Por outra banda, as redes sociais son de gran axuda para a xeneralización das aprendizaxes, xa que estos soen xerarse baixo entornos de aprendizaxe máis informales que formales. Algo que a escola debe integrar con este tipo de ferramentas para ter unha educación máis flexible e integradora.
Estas redes sociais, deberían facer de eixe entre os distintos axentes dos centros escolares: estudantes, pais e profesores, axilizando, así mesmo, aspectos do funcionamento dun centro, así como facilitar as tarefas de inmersión en un entorno lingüístico dun idioma estranxeiro por medio destas redes.

Responder esta

RSS

Sobre

dplingua dplingua criou esta rede social no Ning.

Membros

  • Eval
  • Ana Garrido
  • elisabete calisto da silva
  • Eva
  • ROBERTO
  • Tania María Paz Bravo
  • Lidia
  • Ivan
  • Ali

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo