Respostas a este tópico

Neste fío imos propoñer exemplos concretos de utilización de redes sociais no ensino.

Por exemplo, o departamento de inglés está organizando un intercambio cunha cidade irlandesa. Antes do intercambio desexan que o alumnado dos distintos centros se coñeza entre si, e elixiron crear unha rede social e implicar a outros departamentos. Esta rede social utilízase para a comunicación entre o alumnado, mellorando a súa competencia lingüística. Aproveítase, ademáis, para intercambiar información sobre a historia, xeografía e costumes dos entornos dos dous centros.

Engade ti a túa proposta de utilización.

Responder esta

hoxe en dia hai numerosas redes sociales, temos numerosos exemplos como HI5 o facebook. estas poden ser unha gran ferramenta de actuación tanto para os docentes como para os alumnos, e poden axudar a mellorar moito a calidade dos procesos de ensino-aprendizaxe.
Un exemplo poderia ser o de poñer en contacto os alumnos con familiares inmigrantes e coñecer as costumes de diferentes paises e culturas.

Responder esta

Me parece unha boa opción de traballo
Dado que temos que ser capaces de que sexan persoas tolerantes, e con capacidade para recoñecer o outro e respetalo, e bo que coñezan de onde ven.
e que cada un lle explique o demais como é seu "mundo", para que os demais o pooidan compartir,.

Responder esta

Nesa mesma dirección podería empregarse para achegar o alumnado de distintos centros educativos, distintas nacións, culturas... Sería moy educativo para o alumnado

Responder esta

Me parece unha idea moi positiva, tendo en conta que o mundo occidental, que emite a maior parte da información que xera internet, constitúe unha parte moi pequena da totalidade do planeta. É moi enriquecedor que o alumnado reflexione sobre a importancia de coñecer outros modos de vida distintos aos occidentais, e sobre as consecuencias positivas e negativas do que entendemos por progreso (que en si mesmo é un concepto que depende moito do punto de vista que adoptemos).

Responder esta

En mi caso, como profesora de francés, se está realizando esta actividad con alumnos de dos institutos franceses . Fundamentamente se intercambian datos personales, e información sobre sus ciudades y costumbres..., implicándose también otros departamentos, como el de geografía y economía.

Responder esta

A verdade e que esta é unha das miñas primeiras experiencias co emprego de redes sociais, e dende logo a marxe da súa utilización como ferramenta directa no labor de ensino, penso que todos deberíamos ter unhas nocións básicas sobre o seu manexo, xa que como docente interésame coñecer a que adican moitas horas do seu tempo de lecer os meus alumnos/as.

Como actividade, e dende o meu departamento de tecnoloxía, proporía a creación dunha rede entre alumnos/as de varios institutos, principalmente adicada a intercambiar experiancias no aula-taller. Así, sería posible visualizar videos nos que aparezan proxectos doutros centros, intercambiar memorias, consultar entre eles dúbidas xurdidas no traballo diario (materiais empregados, solucións constructivas, etc) , sendo incluso posible plantexar un concurso para elexir aos mellores proxectos, o cal sin dúbida sería para eles un elemento motivador.

Responder esta

Ola María.

Aínda que eu non participo nin colaboro nestas iniciativas do meu centro porque imparto docencia en ciclos formativos, paréceme moi interesante a labor que se está a facer, dado que o intercambio cultural entre diversos países contribúe a fomentar o uso de outras linguas.

Responder esta

Ainda que non teño experiencia no uso de redes sociais no ámbito da educación, si o teño noutro tipo de redes coma o facebook, por exemplo. As posibilidades deste medio para o ensino poden ser moi amplas. Xa non só pola posibilidade de relación de profesores de distintas zonas senón tamén de alumnos, o que podería propiciar facer tarefas e traballos simultáneos e fomentar así o traballo colaborativo.

Responder esta

Que ten que ver unha rede social coma esta coa realización de contidos educativos?

Responder esta

Home, esa pregunta deberías contestala ti.

A realización de contidos educativos pódese realizar a través de múltiples plataformas. Unha delas, unha rede social coma esta.
Poderías crear unha rede para os teus alumnos e alumnas e, a través dela, organizar debates, publicar vídeos que logo deben comentar, ou que sexa o propio alumnado o que publique os seus traballos da aula. Non serían contidos educativos?

E logo está a interacción co resto de profesorado. Cómpre establecer canles de comunicación para poder informarse, resolver dúbidas, ou traballar conxuntamente en proxectos. A elaboración de contidos, nese caso, realízase en comunidade.

Veña, propón exemplos concretos de utilización de redes.

Responder esta

No ámbito da educación non teño experiencia no uso destes sistemas como ferramenta educativa, pero si coñezo de primeira man o Facebook e o Fotolog, precisamente porque os meus alumnos me comentaron o moito que o empregan. É por iso que o considero especialmente interesante, xa que sabemos que o alumnado usa estes formatos no seu ámbito privado, e está claro que invisten moito tempo nel.
Así pois, o profesorado debe xogar coas súas mesmas armas, interesándose por saber cales son as inquedanzas e motivacións destes alumnos para traballar en rede, e como fomentar o uso das ferramentas que nos proporcionan as TIC, sempre sen perder os obxectivos educativos, e proporcionándolle unha orientación adecuada cara a eles, para que sexa produtivo e non un simple xogo como a veces o poden entender.

Responder esta

RSS

Sobre

dplingua dplingua criou esta rede social no Ning.

Membros

  • ROBERTO
  • Tania María Paz Bravo
  • Lidia
  • Ivan
  • Ali
  • Andrés López
  • Bernardo
  • Natalia Garcïa López
  • Moises

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo