Neste tópico debedes realizar propostas concretas de utilización de vídeos na actividade docente. Poden basearse na utilización de vídeos atopados na rede, como de vídeos propios realizados na aula.

Por exemplo:

No programa de televisión "El Hormiguero" realízanse diariamente experimentos científicos, pero non explican como funcionan e por que se producen ditos fenómenos. Unha vez á semana eses vídeos visualizaranse en clase, e o alumnado deberá debater sobre as razóns científicas que conducen a eses resultados, atopando, coa axuda do profesorado, unha explicación científica aos mesmos.

No colexio realízanse unha chea de actividades ao longo do curso, e ás familias gustaríalles coñecer de primeira man a participación dos seus fillos e fillas nas mesmas. Na rede social creada para o centro, na que participa o alumnado, profesorado e familias, publícanse periodicamente vídeos coas actividades realizadas: obras de teatro, magosto, entroido, recital de poesía, concurso de pintura, final da competición deportiva, etc.

Fai ti a túa proposta de utilización de vídeos na túa materia.

Tags: vídeos

Compartir

Responder esta

Respostas a este tópico

Algo que se pode traballar en Diversificación Curricular debido ao número reducido de alumnos/as é a exposición oral. Unha idea sería gravala para que o alumnado se autoavaliase e vise os elementos que pode mellorar e aqueles que xa domina para asentalos. Ademais estes documentos audiovisuais poderían empregarse como material para estudar algún aspecto da materia; é dicir, encargarlle ao alumnado a elaboración dun tema, posterior gravación ( debería ser moi curto) e por último visionalo na clase como un material m´´ais no proceso de aprendizaxe.

Responder esta

A miña proposta é a de que os propios alumnos, coa axuda dunha cámara graben o que lles parece significativo do seu entorno, da súa comarca. Esta actividade estaría enmarcado dentro dun programa de intercambio ou de colaboracion con outro IES, ASí os rapaces poden coñecerse e coñercer a zona

Responder esta

RSS

Membros

  • GENIVAL FERREIRA DE MIRANDA
  • Xabier Camba Sanmartín
  • sergio
  • Carme Pernas Bermúdez
  • germán
  • Ana Belén Saá Novo
  • alba
  • Fátima
  • GENIVAL FERREIRA DE MIRANDA

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo