Neste tópico debedes realizar propostas concretas de utilización de vídeos na actividade docente. Poden basearse na utilización de vídeos atopados na rede, como de vídeos propios realizados na aula.

Por exemplo:

No programa de televisión "El Hormiguero" realízanse diariamente experimentos científicos, pero non explican como funcionan e por que se producen ditos fenómenos. Unha vez á semana eses vídeos visualizaranse en clase, e o alumnado deberá debater sobre as razóns científicas que conducen a eses resultados, atopando, coa axuda do profesorado, unha explicación científica aos mesmos.

No colexio realízanse unha chea de actividades ao longo do curso, e ás familias gustaríalles coñecer de primeira man a participación dos seus fillos e fillas nas mesmas. Na rede social creada para o centro, na que participa o alumnado, profesorado e familias, publícanse periodicamente vídeos coas actividades realizadas: obras de teatro, magosto, entroido, recital de poesía, concurso de pintura, final da competición deportiva, etc.

Fai ti a túa proposta de utilización de vídeos na túa materia.

Tags: vídeos

Compartir

Responder esta

Respostas a este tópico

Eu traballo con nenos/as de educación infantil, e gustaríame empregar imaxes dixitais ou dalgún documental para presentarlles os temas e que sexan máis cercanos, incluso podemos facelo xuntos na clase, partindo de saídas pedagóxicas. Tamén traballo cos bits de intelixencia, e sería unha boa opción que os puidesen ver a través da pantalla, pois son imaxes reais que parecen máis artificiais se as presentamos a través de láminas como ata ahora

Responder esta

No módulo de Ferramentas web básicas que se abrirá hoxe traballaremos a publicación de imaxes, audio, vídeos e documentos.

Responder esta

Bueno no meu caso, como mestra de AL si que emprego continuamente os videos,dende peliculas para traballar a comunicación verbal e non verbal, videos para traballar secuencias temporais, secuencias lóxicas,xogos de dramatización e de rol para que os nenos podan visualizar as suas actitudes e a sua linguaxe, a traves do ensayo error, e que mellor método que cos vídeos.No caso dos alumnos de incorporación tardia son moi útiles para que entendan vocabulario novo.

Responder esta

Tras un traballo de aula, publicamos as fotos da actividade, especialemente aquelas que teñen que ver coa elaboración de traballos en plástica, xogos ou tras realizar calquera actividade que teña que ver con instrucións ou seguimentos de pasos. Tamén se poñen á disposición dos alumnos vídeos de demostración para seguir os pasos a través deles.

Responder esta

eu traballo cos nenos de infantil, e a imaxen é un dos recursos que máis partido lle podemos sacar, a razon é que os nenos concentranse nesa actividade, e fomentamos así traballar coa súa realidade.
Os video, se os escollemos moi ben, pódenos axudar a presentar as unidades didácticas, ou tratar temas que os nenos non entenderían se non o ven de cerca como son os osos polares.
Tamén é certo que debemos ter moito coidado, xa que na web hai videos que non debemos deixar que os vexan. Para elo, por ahora en educación infantil, a profesora é a que irá elixindo os videos. Por exemplo en youtube hay secuencias de debuxos animados moi graciosas ou de documentales con animais, que pode utilizar tanto no transcurso da clase, para sacarlle algún partido como nun momento de excitación ou cansancio para que os nenos se relaxen e podamos seguir logo ca actividade.

Responder esta

Eu recollería no blogue da aula que crearía para a miña materia: Lingua castelá e Literatura vídeos nos que se reflexasen tódalas actividades realizadas en relación coa materia: obras de teatro dos alumnos, recitais poéticos, visitas extraescolares, etc, para que tódolos alumnos ós puidesen ver e comaprtir cos seus amigos e familiares.

Responder esta

Sí, as posibilidades do vídeo nas clases de Lingua Castelá e Literatura poden ser infinitas. Unha actividade de aula con vídeo en Lingua Castelá e Literatura podería ser a seguinte: unha crítica cinematográfica para incrementa-la capacidade crítica dos alumnos; mellora-la expresión,; realizar discursos coherentes, cohesionados e adecuados; traballa-la competencia comunicativa e discursiva… Está dirixida a alumnos de 4º de ESO que xa traballaron os medios de comunicación. Terán que ver unha película (o profesor propondrá varios títulos de películas de recente actualidade). Cada alumno realizará unha crítica cinematográfica, fixándose nos seguintes aspectos: a) Argumento, b) interpretacións dos actores e actrices; c) Vestiario; d) Diálogos; e) Tempo histórico; f) Ambientación; g) Fotografía; h) Montaxe; i) Banda sonora. É importante que , mentras vexan a película, cando vaian anotando o que consideren oportuno en relación ós anteriores aspectos. Con estas anotacións crearán unha ficha , así como unha redacción na que quedarán recollidas as observacións, quedando patente a opinión sobre a película. Poden consultar en Internet ou en otros medios críticas especializadas. Na aula leranse algunhas destas críticas e debatiranse en grupo os aspectos que se destacaron. Finalmente, o profesor recollerá as redaccións.

Para Lingua Castelá pódense baixar de youtube interesantes vídeos. Moitos trailers de películas (Don Quixote , Lazarillo de Tormes, Tirant lo Blanch) son moi motivadores,;fomentan a lectura. Podemos aconsellar ver alguns destes trailers ós nosos alumnos para incentivalos a ler a obra.

Responder esta

Eu son mestra de Educación Infantil, e considero que a visualización de videos pódenos axudar moito na práctica docente, non como substituto do mestre ou mestra, senón como un recursos complementario para introducir centros de interes, motivación para os alumnos/as, como actividade de aprendizaxe... Empregando estas técnicas fuximos un pouco das "fichas", introducindo así unha nova forma de ensinanza na Educación Infantil, e tendo sempre en conta que calquera actividade que empregue as tecnoloxias da información e comunicación ós nosos alumnos/as xa lle resultaran atractivos.

Responder esta

No meu caso, no da materia Historia da Filosofía, o video serve como canle ideal para trasladar os contidos da materia. Hai bastantes videos educativos sobre filósofos, que repasan de modo esquemático o seu pensamento. O alumnado encóntrao sempre máis atractivo que a letra impresa duns apuntes, dado a súa impronta visual.
Por outro lado, na unidade da programación A filosofía española, convidaremos ao alumnado que faga un video sobre a reflexión orteguiana a través da famosa frase: "eu son eu e as miñas circunstancias".
Nesas dúas frontes é por onde traballaremos o video no noso caso.

Responder esta

Como mestra de apoio de Pedagoxía Terapéutica a miña proposta sería a utilización de videos para desenvolver as habilidades sociais nos alumnos/ as. Vendo vídeos nos cales se desenvolvan accións da vida diaria como: manexar os cartos, ir a facer unha compra, ir ao médico, coller un autobús, ir a ver unha película ao cine... e outras accións como: saudar cando nos atopamos con alguén e despedirnos, dar as grazas, pedir as cousas por favor... O dito "unha imaxe vale máis que mil palabras" é moi adecuado no caso da adquisición de habilidades sociais e habilidades da vida diaria con alumnos que presentan necesidades educativas especiais.

Responder esta

no ensino da natación é moi importante ter unha imaxe do que queremos que se faga, pois con palabras ou fotos é moi difícil progresar correctamente. Por iso, creo que o uso de vídeos é fundamental para o ensino da técnica dos diferentes estilos en natación, así coma dos viraxes.

Responder esta

Esta é a mellor fórmula que s eme ocurre para poder clgar entrevistas a autores da literatura contemporánea e non tanto, ou un bo xeito tamén de traballar actividades relacionadas cos medios de comunicación ou coas estructuras dos xéneros periodísticos :)

Responder esta

RSS

Membros

  • germán
  • Ana Belén Saá Novo
  • alba
  • Fátima
  • GENIVAL FERREIRA DE MIRANDA
  • Ines
  • paula
  • Mª Carmen Peteiro
  • Mariana

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo