Neste tópico debes achegar propostas concretas de uso das imaxes na práctica docente.

Por exemplo:

Nun traballo de ciencias naturais ou de coñecemento do medio, o alumnado deberá facer un traballo de investigación sobre as árbores e prantas do entorno. Nunha saída ao exterior do centro, e tamén o propio alumnado no entorno da súa vivenda, debe sacar fotografías das árbores e prantas que atopa. Despois de clasificar e seleccionar por grupos as fotografías atopadas, deberá crear un álbum en Flickr co nome correspondente e unha descrición de cada unha das prantas. Logo publicarase unha secuencia no blogue da aula.

Tags: imaxes

Compartir

Responder esta

Respostas a este tópico

Para a especialidade de Educación Plástica e Visual en 4º ESO unha proposta sería:
O alumnado deberá crear un álbum en Flickr titulado "árte na rúa" onde fagan unha selección de fotografías feitas por eles aos monumentos e esculturas das rúas do seu entorno.

Responder esta

Esta parte gustoume bastante, eu traballo en infantil e o que se poderia facer seria buscar en internet imaxes relacionadas cas rutinas en infantil e facer secuencias para traballar na primeira unidade, que sempre soe ser a do cole.

Responder esta

Os alumnos, realizarán varias etapas do camiño de Santiago, e realizarán fotografias dos distintos lugares polos que pasan, e posteriormente, mediante un traballo interdiscipliar coas areas de xeografía, historia e ciencias naturais, deben asociar ditos lugares, árbores, ou construccións a distintos contidos. Poden elaborar con estas fotografías un album en Flickr

Responder esta

Dentro da área de artística, concretamente na materia de música, o alumnado deberá buscar imaxes dos diferentes instrumentos que hai, xa sexa nunha saída, presentados na aula, en concertos didácticos no centro. Estas imaxes deberán ser clasificadas por familias, posteriormente crear un álbum, coas secuencia dos instrumentos.

Responder esta

A imaxe é un elemento expresivo e de apoio ós coñecementos.
Poderiamos facer unha presentación das nosas familias, amigos, mascotas,etc a través da imaxes secuenciadas e facer un conto entre todos a raíz das imaxes. Así lograremos unha achega á vida dos nosos alumnos e un mellor coñecemento deles.

Responder esta

As imaxes (fixas e/ou dinámicas) resultan un recurso de gran potencial educativo (entre outras funcións, serven para reforzar o proceso educativo, para complementar os coñecementos adquiridos. para espertar a súa curiosidade...) e son moi motivadoras, especialmente para os máis pequenos.
Posto que a miña especialidade é a de Infantil, algunhas das propostas que se poden levar a cabo coas imaxes na aula serían: presentar experiencias que se levan a cabo diariamente (excursións, visitas á aula, actividades relacionadas coas U.D., proxectos...); dar a coñecer ós demais os membros da nosa aula, as súas familias, mascotas, intereses..; expoñer os pasos levados a cabo nalgunha actividade, a secuenciación temporal dun conto, do ciclo vital dunha planta, de fenómenos naturais...; buscar imaxes relacionadas con aspectos que se traballan na aula ó redor dun tópico, ordealos, secuencialos e expolos nun álbum... En calquera caso, todas estas propostas poderían recollerse no blogue da nosa aula, tanto para traballar con elas como para compartir cos demais membros o noso labor diario.

Responder esta

Unha das tarefas que imos realizar ao longo de todo o curso é a compilación de imaxes sobre o mundo clásico. Organizarémolas en tres álbumes: o primeiro relativo á mitoloxia e a súa influencia no mundo da arte; no segundo almacenaremos á información gráfica sobre personaxes históricos (estatuas, bronces, ecc) e o terceiro estará dedicado ao que queda das civilizacións clásicas e do seu legado.

Responder esta

Na aula de Lingua castelá e Literatura o alumnado deberá facer unha poesía inspirándose nas fotografías sobre paisaxes que aparecen no blogue. Desta menira, axúdase a potenciar a capacidade creativa.

Responder esta

Considero que é unha farramenta moi util de cara a poder acceder dunha forma racional e controlada a imaxes.

Responder esta

Unha proposta para traballar con imaxes sería para complementar os traballos de xeografía en 3º de Diversificación, buscar un mapa do continente que teñen que estudar e sinalar nos diferentes países o monumento, espazo natural, personaxe célebre máis coñecido. Estes aspectos deberían de ser identificados con imaxes.

Responder esta

As imaxes pódense utilizar no ámbito da ensinanza das MAtemáticas sobre todo na área de Xeometría, facendo fincapé na que nos atopamos na vida cotiá. Propoño que os alumnos de 1º de ESO, como traballo complementario no tema de clasificación de figuras xeométricos busquen e fotografíen elementos que poidan atopar na rúa, obxectos da súa casa, ... coa forma xeométrica requerida. Farán unha clasificación segundo a clasificación vista no desenvolvemento do tema, creando un álbum en Flickr para cada tipo: circunferencias, círculos, cadrados, hexágonos, esferas, poliedrso, espirais, ... Será unha forma de que os alumnos valoren o papel das Matemáticas xa que as poden ver insertadas dentro da realidade.

Responder esta

RSS

Membros

  • César Viñas Piñeiro
  • GENIVAL FERREIRA DE MIRANDA
  • Xabier Camba Sanmartín
  • sergio
  • Carme Pernas Bermúdez
  • germán
  • Ana Belén Saá Novo
  • alba
  • Fátima

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo