Na nosa escola (CEIP de 15 unidades) só temos ordenadores na sala de informática (case 20), e 2 na sala de profesores. Comézase a propoñer ter un ordenador por aula. A utilización por parte do profesorado poderíase dicir que é baixa.
Solicitamos a web dinámica xa en decembro á uac. pero despois de tres intentos seguimos sen resposta.
Estamos elaborando un plan TIC neste curso. As cousas van de vagar. O primeiro aínda estamos pasando unhas enquisas para facer un diagnóstico inicial. De anticipo, moitos alumnos/as teñen ordenador na casa, pero moi poucos conexión a internet. Para o profesorado tamén son cousas novas.
Cada centro ten a súa propia realidade e haberá que contextualizar moito.
Imparto varias clases de informática (3 grupos de terceiro ciclo e algún obradoiro máis).
O que me dá resultado é:
Aprender mecanografía: a partir de 3º de primaria de xeito sistemático, e incluso comezar en 2º con exercicios
máis lúdicos. Funciona ata 6º curso. Uns 20 minutos por sesión. O mellor que coñezo é:
http://www.cursomeca.com/
Actividades de reforzo por áreas en
http://www.edu.xunta.es/contidos/portal/primaria.htm
e tamén en
http://clic.xtec.es/db/listact_es.jsp?lang=es&ordre=0&desc=...*&idioma=gl&nivell=PRI&text_titol=&text_aut=&text_desc=&num=25 (Aquí hai moitas máis cousas para infantil e 1º ciclo)
Contas de correo en gmail (por exemplo): para o alumnado de 3º ciclo. Moi atractivo ao principio (4 ou 5 sesións... logo hai que darlle contido)
Participar publicando noticias no blog do colexio (en obradoiro, con moita liberdade temática).
http://ceipmontemogos.blogia.com/
Intentos fallidos en google.docs (prometía pero corre mal), e wikis. Tamén en gravacións de audio e vídeos co alumnado. Hai que crear antes o ambiente propicio.
Seguiremos investigando :-)