Isto é un resume do que levo “aprendido” nas miñas sesións na rede “Internet en el Aula“. Alí traballei, e sigo a traballar, con profesoras e profesores de toda España, reflexionando sobre a utilización das TIC no ensino. E de aí obtiven non poucas referencias relacionadas coa situación na que nos atopamos a nivel TIC en Galicia. Velaquí unha pequena escolma de conclusións comparativas:

Situación das TIC nas distintas CCAA

Centros TIC

Galicia: 20

País Vasco: 120

Primeiros centros TIC

Galicia: fai dous anos.

Asturias: 8 anos.

Nomeamento das coordinadoras e dos coordinadores TIC

Galicia: indeterminado, “poderanse nomear”.

Andalucía: na maioría dos centros.

Horario das coordinadoras e dos coordinadores TIC

Galicia: indeterminado, practicamente inexistente.

País Vasco: 12-13 horas semanais.

Soporte e mantemento de equipamentos informáticos

Galicia: Dependemos da Unidade de Atención a Centros, ou sexa, indeterminado.

Estremadura: administradora/administrador de rede a tempo completo en cada centro.

Formación de coordinadoras/es TIC e profesorado

Galicia: escasísima.

Andalucía: moita formación TIC para o profesorado en xeral.

Portais educativos

Galicia: poucos recursos propios, enlaces ós portais doutras comunidades autónomas, non hai coordinación do traballo do profesorado.

Aragón: apoio practicamente ilimitado a todo o profesorado, directorios de blogs, wikis, recursos propios…

Dotación de medios TIC nos centros

Galicia: moi escasa, baseada en aulas de informática (unha sesión semanal de promedio por cada grupo), practicamente sen aulas TIC.

Aragón: un ordenador para cada alumna/o de 3º Ciclo de Primaria.

Medios a disposición do profesorado

Galicia: ningún.

Castela-A Mancha: a partir de setembro un portátil para cada profesora/profesor.

Naturalmente, non teño datos para facer un estudo de detalle, nin referencias de todas as comunidades autónomas. Pero tampouco necesito saber máis. Do que estou seguro é de que a nosa administración educativa dispón de coñecementos dabondo sobre a situación na que nos atopamos.

Compartir

Responder esta

Respostas a este tópico

A nosa administración será consciente, pero é importante que sexa consciente todo o mundo. Se te chega 10 ordenadores ó centro podes estar contenta, pero se logo te enteras de que na maioría dos centros hai 40 xa te mosqueas.

Responder esta

A nosa administración sabe o mesmo que o resto das administracións educativas do estado. E se non fai nada para diminuir as diferenzas é porque, sinxelamente, non lle peta. Seguramente están a "escudarse" en que o nivel educativo galego está por riba da media nacional... ata que pasen dous anos e sexamos os últimos.

Responder esta

RSS

Membros

  • Ana   Mª  Rodriguez Lomba
  • Francisco  Castro
  • ISABEL GARCÍA BARREIRO
  • Nacho
  • Natalia
  • Lourdes
  • Ventura
  • Eva
  • Cristina

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo