Presentación valorativa das ferramentas e achegamento ás súas aplicacións didácticas.
Documentos iniciais propostos:
1. O pdf anexo, Unha experiencia de uso dos mapas conceptuais, tomado de aquí.
2. Aplicacións de mapas conceptuais na educación como ferramenta metac....
3. Mapas conceptuais na aula:

Tags: conceptuais, mapas, mentais

Compartir

Anexos

Responder esta

Respostas a este tópico

Algunhas posibilidades didácticas, tendo en conta que son comúns ás da práctica en soportes tradicionais, mais o uso de software (Cmaps Tools) ou ferramentas web pode reforzar a construción colaborativa (por aquilo da doada revisión das deficiencias, etc.) e autónoma por parte do alumnado.
- Plasmación de xerarquías mentais previas e revisión tras procurar e tratar información ao respecto.
- Abordaxe de problemas e establecemento de procedementos de actuación.
- Organización de contidos curriculares; ordenación e revisión de conceptos.
- Organización de ideas xurdidas no grupo (tras remuíño, etc.).
- Apoio ás propias exposicións do alumnado.
- Identificación de relacións entre conceptos.
...
Eu empreguei Glinkr con alumnado de 3º da ESO para ordenar e revisar conceptos e a motivación, o proceso (con guía continua) e os resultados foron bastante bos.
Subo á nosa sección de vídeos un sinxelo titorial que elaborei. Hai que velo nun tamaño algo grandeiro, a ver se se pode.

Suxestións?

Responder esta

Xa comentei que me interesaba o traballo con mapas conceptuais. Acabo de ver o titorial e teño varias preguntas: pódense deixar ocos nos conceptos ou relacións para que os complete o alumnado ou é unha ferramenta estática? Que os revisen se se introduce información errónea pareceume que era posible, pero supoño que non que reordenen a xerarquía se está mal establecida, non?
É unha ferramenta de exposición de coñecementos, máis ben e o partido que se lle podería sacar iría na onda do que expón Mercedes del Valle, non?
E unha cuestión técnica: o documento final queda aloxado na páxina de Glinkr? É posible ter unha versión gardada no disco duro do teu ordenador para aloxala directamente no teu espazo web?
Parabén por tanto traballo! Eu teño que ir máis pouco a pouco, que todas estas ferramentas son novas para min.

Responder esta

Rosa, con estas ferramentas podes facer o que ti dis, reorganizando todo se fai falta. Desde Glinkr expórtase (e gárdase, logo) o mapa en xml, mais se queremos traballar con software no noso computador, podemos usar Cmaps Tools, máis potente e complexo. Trátase, en calquera caso, de ensaiar, de rexistrarse cun correo alternativo e remexer.
Posibilidades só de exposición de coñecementos? Penso que serven tamén, como apuntei, para ir organizando o pensamento na análise de problemas.
Súmaste á pescuda, entón?

Responder esta

Recomendo probar con mindomo (pódese facer sen necesidade de rexistro premendo en Try it Now) ou desde esta imaxe:

Responder esta

Súmome. Irei a remolque teu, investigando nas ferramentas que me vaias propoñendo. Mantereite informado.

Responder esta

Oi Xano

Ultimamente venho estudando um pouco sobre Mapas Conceituais ... e encontrei um software muito interessante, simples, fácil e com uma bela estética para a construção dos mapas, chama-se Inspiration ... a única coisa negativa é que consiste num software proprietário .....
http://www.inspiration.com/
http://www.inspirationbrasil.com.br/portugues/

Um abraço d"alem mar!

Responder esta

RSS

Membros

  • vanessa
  • Adela otero Fdez-Aperribay
  • María Prieto Pérez
  • J. Luis López de Guereñu Polán
  • Verónica Pampillón Seijo
  • MARIA
  • Estefania Rodríguez Calvo
  • Chus
  • Xano

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo S. Libre

Carregando feed

Foro do grupo Webs dinámicas

Carregando feed

Foro do grupo Introdución...

Carregando feed

Foro do grupo Recursos...

Carregando feed

Foro do grupo Aplicacións...

Carregando feed

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo