Unha primeira escolla entre as múltiples ferramentas online gratuítas, sen considerar as máis potentes, os blogues e wikis.
Son estas 24.
1. Manexo e mostra de documentos:
- Scribd
- Divshare
- Issuu
2. Elaboración de presentacións multimedia:
- Slide
- Slideshare
- Slidestory
- Bubbleshare
- Zoho Show
- Bookr (sobre fotos de Flickr)
- Empressr
- Rockyou
- Toufee
3. Traballo con encerados dixitais colaborativos:
- Vyew
4. Creación de banda deseñada / fotohistorias:
- Stripgenerator
- Comiqs
5. Elaboración de frisos cronolóxicos:
- CircaVie
6. Aloxamento e presentación de podcast:
- Podomatic
- BooMP3
7. Manipulación de fotos e vídeos:
- Jumpcut
8. Composición de mapas conceptuais / mentais:
- MindMeister
- Mindomo
- Glinkr
9. Construción de diagramas:
- Gliffy
10. Traballo en comunidades virtuais:
- Google Grupos

Tags: escolma, ferramentas, web

Compartir

Responder esta

Respostas a este tópico

Aquí hai moito traballo. Intentarei estudar estas ferramentas, pero levarame tempo. Un bo comezo para este grupo de traballo.

Responder esta

Eu non traballei aínda con todas tampouco, visitei os seus sitios, iso si, mais só coñezo realmente unhas poucas.
Por certo, con circaVie intentei facer unha panorámica da literatura galega desde a Idade Media ao Rexurdimento a través de textos (un pouco ao xeito disto, lamentabelmente só en castelán) e non fun quen de "saltar anos", de facer escolla para que aquilo non parecese un ermo nunha enormidade de franxa temporal (pódese ver aquí, mais deixeino sen rematar ao apreciar o problema). Alguén sabe se se pode facer tal cousa con esa ferramenta? Para isto que preciso, é moito mellor xtimelime, aínda que non fique tan vistoso. Ah, e unha eiva máis de circaVie: non acepta tiles!
Por certo, Alberto, podemos estudar as aplicacións de animoto, mais o feito de que non inclúa texto, polo que vexo, e de que teña o tempo tan limitado fíxome non incluílo.

Responder esta

Realmente Animoto, tal como está de limitado a día de hoxe, non paga a pena. Se cadra ós alumnos lles gusta, pero eu agardaría unha evolución.

Responder esta

Incluiremos aquí os marcadores socias? Del.icio.us non pode faltar. Utilizades BlinkList ou Furl?

Responder esta

Non incluín os marcadores sociais porque eu aínda non vin o xeito de tirarlles partido co alumnado, mais de seguro que son unha ferramenta con moitas potencialidades. Un experto nisto é Sekeiros. A ver que nos comentas, Carlos.:) Xoán, eu nin coñecía Furl, que ten moi boa pinta; e BlinkList de oídas, que se di. Moito se aprende aquí. Experimentarei. Obrigado.

Responder esta

De case todo o que falades aquí inda non teño nin idea. Procurarei mirar algo. Pero del.icio.us foi a miña entrada (hai escasos cinco meses) na web 2.0. Non o descartaría para nada. Incluso para o alumnado paréceme útil, alomenos no seu concepto. Agardo polo experto.

Responder esta

A creación de banda deseñada paréceme un recurso moi interesante que motiva moito ó alumnado. Pódese facer unha historia sobre calquera tema.
Na páxina
http://www.tecnoloxia.org/principal/?p=37
tedes varias ligazóns á sitios nos que se pode facer un cómic en liña.

Responder esta

Sigo a opinar que o que estamos a tratar neste grupo é unha sorte de galaxia TIC (galácTICos??). Bueno, penso que poderiamos poñer pés en terra. Refírome a que, se outr@s opinan o mesmo e Xano está de acordo, conviría subdividir este grupo (ou este tópico), ou abrir outros concretos sobre algunhas delas (as máis salientables ou imprescindibles) para procurarmos unha base de formación conxunta neste espazo. Esta proposta veño de reflexionala no grupo de traballo da introdución das TIC nos centros de ensino no tópico de cómo enfrontar o problema da formación do profesorado, xa que considero que a formación en TIC por parte da administración tardará moito, se é que chega, en estar á altura das nosas necesidades. Así, cadaquén que teña un dominio ou coñecemento suficiente dunha ferramenta podería propoñer, cunhas sinxelas instrucións, o traballo dunha ferramenta na que tod@s @s participantes poidan adquirir unhas destrezas e dominio mínimo da mesma. Deste xeito, @s participantes nun deses grupos de traballo de, por exemplo banda deseñada, poderían aprender d@s que máis saben, compartir experiencias e valoracións, etc. Tamén quedaría clara a utilidade deste espazo para unha formación conxunta, suplindo as carenzas formativas nas que moitos nos atopamos. Coido que o traballo debería repartirse entre @s que xa estamos neste grupo e outr@s que poidan incorporarse.

Responder esta

Ben, eu só quería facer unha primeira aproximación a este mundo desbordante das aplicacións web para que cadaquén fose comentando que ferramenta experimentou minimamente e estaría ben engadir ou que deficiencias observa nalgunha das que aí están.
Así, sigo crendo na necesidade dunha escolla, María, apreciando cales son máis intuitivas e funcionais (e "legais") e sigo pensando, Alberto, que nun principio todos nos deberiamos aproximar un chisco ás referencias que como grupo vaiamos anotando.
Agora ben, se falamos xa de práctica e intercambio de experiencias para a formación (puntos 2 e 3 das posíbeis liñas de traballo), estou de acordo en que é unha loucura andar a remexer en todas as ferramentas, e máis se non o facemos tendo uns obxectivos didácticos concretos. Daquela, paréceme ben a túa proposta, Alberto. Eu podería falar, para empezar, da experiencia na aula con Glinkr e mellorar a guía trapalleira que fixen para o meu alumnado. Máis?

Responder esta

Acabo de incorporarme a este grupo e estou realmente desbordada: non coñezo NINGUNHA das ferramentas das que falades. Pero estou disposta a coñecelas.
Efectivamente penso que o máis práctico é facer subdivisións. Os meus intereses, polo tipo de ferramentas, serían as que serven para elaborar mapas conceptuais e/ou presentacións multimedia. Agardo as vosas suxestións, se me podedes indicar cales vos parecen máis interesantes poderei irlles botando un ollo.

Responder esta

Del.icio.us podería ser unha ferramenta que complementase este espazo de ágora rede. As miñas buscas en internet son un torpe esforzo por localizar e etiquetar os recursos que me ofrece, pero que serían as miñas buscas máis as de Xano, Alberto, Sekeiros, María...? Con Del.icio.us, ou outra ferramenta parecida, podo engadir ao meu grupo de traballo aquelas persoas con intereses semellantes e ver que cousas localizan e etiquetan, despois podo engadilas ás miñas ou non. Podo ademais subscribirme a unha etiqueta (Web 2.0 p.e.) e ter notificación de todas os recursos que se clasifican con esa etiqueta. As posibilidades son moitas. Web 2.0 en estado puro.
Inconvenientes: as páxinas, con frecuencia, cambian de servidor, desaperecen e os vínculos non funcionan. Isto mesmo é o que me acaba de pasar, buscaba un vídeo-tutorial que me axudara con Del.icio.us e xa non está. Síntoo.
Unha experiencia co Del.icio.us na aula: no grupo de Técnicas de expresión escrita abrimos unha conta e etiquetamos algunhas páxinas que nos ofrecían recursos para os nosos cadernos. Son recursos, utilidades como contadores de visitas, reloxos, imaxes libres, modelos para Blogger... Colocamos a nube da conta na barra lateral do blogue, así cando alguén do grupo necesita algunha destas cousas sabe que aí pode encontralas. Teño a "mensaxe" na miña rede (your network) así que cando etiqueto algo na miña conta podo mandar a "mensaxe" esa referencia, e isto podería facelo calquera membro do grupo. Só falta que o alumnado use a ferramenta regularmente.
Poderiamos establecer unha "equipación básica" ou é mellor facer unha recompilación ampla para que cada un colla o que necesite en cada momento? A organización que decidades estará ben. Anoto as suxestións de María sobre banda deseñada, seguro que me serán de utilidade.

Responder esta

Para elaborar mapas conceptuais -en internet- eu aconsello que utilices MINDOMO.COM e para as presentacións multimedia SLIDESHARE.NET.
En todo caso, podes visitar un blog no que facilitamos información e prácticas sobre algunhas das aplicacións da web 2.0.
O noso blog inicial é http://douspuntocero.blogia.com
http://douspuntocero.blogspot.com
Unha aperta,
Daniel Veiga

Responder esta

RSS

Sobre

dplingua dplingua criou esta rede social no Ning.

Membros

  • Andrés López
  • Bernardo
  • Natalia Garcïa López
  • Moises
  • Manuel Lopez
  • María Inés Rodriguez García
  • ¿CANDO CONSEGUIREMOS MANEXAR AS TICs?
  • Begoña
  • DIEGO

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo