Sen ánimo de atuír este espazo con máis aplicacións web, senón para contribuír á escolma que intentamos realizar, propoño experimentar con SplashCast, pois semella moi funcional, especialmente para producións auténticas do propio alumnado. Subín xa a esta ágora (en Vídeos) unha especie de titorial que confeccionei, dirixido precisamente aos mozos e mozas que terán que empregalo na aula (desculpade, logo, o ton da presentación). Permite montar canles de presentacións ou creacións nas que se combinan vídeos, imaxes, narración ou exposición oral, música, textos...

Tags: presentacións, splashcast, titorial

Compartir

Responder esta

Respostas a este tópico

Un exemplo moi sinxelo do seu uso é este:

Responder esta

É, de facto, uma ferramenta com grande potencial de exploração em contexto pedagógico. Divulgá-la-ei junto dos meus alunos e se houver algum trabalho terei todo gosto em partilhá-lo.

Responder esta

Se hai vontade de seguir mallando, dádelle a esta entrada de Ensinolgl.

Responder esta

Agradeço, se for possível.

Responder esta

Ola, Xano, eu acabo de probar con Zoho seguindo os teus pasos en Remexer. A ver se logo vai Isuu para publicar poemas como fixestes vós.

Responder esta

Paulo, agradezo eu poder aprender en sitios abertos e de experiencias en desenvolvimento coma o voso bookcrossingEBi. De António Teixeira, con quen compartimos Interactic, tirei xustamente o exemplo con VoiceThread posto en Ensinolgl, ao que ligaba no anterior comentario.
Román, está ben que estas ferramentas, como comentas ti no teu Caderno, posibiliten que editemos material de xeito máis doado e funcional, só por iso xa convén experimentar; pero o máis interesante é facer atractivo (ademais de doado e funcional, claro) o manexo por parte do propio alumnado das aplicacións de edición, sobre todo con propostas tan didacticamente acertadas como a das vangardas. Nós estamos a traballar co Splascast e parece que conseguimos integrar o que fai o alumnado cos fotologs para que poida poñer e comentar imaxes, si, mais traballando coa prensa con certo sentido crítico, e están a facelo con ganas reorientando o que xa saben. Hai que atendelos/as continuamente, claro, pero van desenvolvendo autonomía á hora de planificar, deseñar, ensaiar pasos e crear.
En relación con isto e co que comentamos no Caderno, gustoume esta entrada de Antonio Fumero.

Responder esta

Ola Xano!

Xa fixen unha primeira incursión no SplashCast, moi modesta mais é cuestión de familiarizarse coa ferramenta. Creo que me estou perdendo algo (por exemplo, a música só bota a andar unha vez que pasa a imaxe de inicio) e finalmente optei por facer unha cousiña moi simple. Será cuestión de afinar e para a próxima facer algo con fundamento e xa cos rapaces.

Responder esta

Un exemplo magnífico de como lle tirar rendemento a esta ferramenta: libro viaxeiro e historia contada polo alumnado. Parabéns ao CEIP Montemogos!

Responder esta

Grazas Xano, dende o CEIP Montemogos sentímonos gabados e estes detalles sempre animan a continuar.

Responder esta

Está moi pero que moi ben. Parabéns!
Eu aínda non tiven moito tempo para facer probas mais hoxe xa nos preguntaron a min e a Alberto no noso centro como se insertaba o texto escrito. Os rapaces de 1º da ESO teñen seleccionadas as imaxes e a música. Eu non din feito o outro día, a ver se hoxe podo poñerme algo.

Responder esta

RSS

Membros

  • vanessa
  • Adela otero Fdez-Aperribay
  • María Prieto Pérez
  • J. Luis López de Guereñu Polán
  • Verónica Pampillón Seijo
  • MARIA
  • Estefania Rodríguez Calvo
  • Chus
  • Xano

Benvida

Agás certa información persoal dos seus membros, todos os contidos inseridos nesta rede están accesíbeis.
Mais, ao rexistrarnos dispoñemos dunha páxina propia na que crear artigos, subir documentos ou enviar mensaxes, ademais de poder participar no foro, crear grupos, etc.
Podes consultar estes titoriais.

Baixo licenza


Foro do grupo Webs dinámicas

Fotos

Carregando...

Música

Carregando...

Badge

Carregando...

© 2009   Criado por dplingua no Ning.   Crie Sua Rede Social

Badges  |  Relatar um incidente  |  Privacidade  |  Termos de serviço

Entrar no bate-papo